domingo, 1 de febrero de 2015

Lecturas

IV DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO  -  CICLO B

  
Primeira Lectura      Deut 18, 15-20
LECTURA DO LIBRO DO DEUTERONOMIO
Farei xurdir un profeta e poñerei as miñas palabras na súa boca
 
            Díxolle Moisés ao pobo:
            O Señor, o teu Deus, fará xurdir, no medio de ti, de entre os teus irmáns, un profeta coma min.
            Facédelle caso, tal como llo pediches ao Señor, o teu Deus, no Horeb o día de asemblea, dicindo: Non quero seguir escoitando a voz do Señor, meu Deus, nin ver máis esta grande labarada, para non morrer.
            E entón o Señor díxome: Fixeron ben en dicir isto. Fareilles xurdir un profeta coma ti do medio de seus irmáns e porei as miñas palabras na súa boca e falaralles todo o que eu lle mande, e a aquel que non lles faga caso ás miñas palabras, as que o profeta anuncie no meu Nome, eu pedireille contas.
            Pero o tal profeta, se ten o atrevemento de dicir no meu Nome cousas que eu non lle mandei dicir e fala no nome de deuses alleos, entón morrerá ese profeta.

 Palabra do Señor                             R/. Grazas a Deus


SALMO RESPONSORIAL     Sal 94, 1-2. 6-7. 8-9
R/.  (8): Oxalá escoitedes hoxe a voz do Señor!
              Non endurezades os vosos corazóns.

Vinde, cantémoslle ao Señor,
Aclamemos a nosa rocha salvadora;
acheguémonos á súa presenza dándolle grazas,
aclamémolo con cancións.

Vinde, adorémolo prostrados,
axeonllémonos diante do Señor, que nos creou,
pois el é o noso Deus,
e nós somos o seu pobo, o rabaño que el guía.

Oxalá escoitedes hoxe a súa voz:
non endurezades os vosos corazóns, coma en Meribah,
coma o día de Masah, no deserto,
onde os vosos pais me tentaron:
provocáronme, por máis que tiñan visto os meus feitos.



Segunda Lectura     1 Cor 7, 32-35
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS CORINTIOS
A virxe considera o que corresponde a Deus para ser santa
 
            Irmáns:
            Eu quixera vervos libres de preocupacións. O non casado preocúpase das cousas do Señor, da maneira de lle agradar.
            Pero o casado preocúpase das cousas do mundo, da maneira de lle agradar á muller; e así está dividido.
           A muller non casada, o mesmo cá doncela ceibe, preocúpanse das cousas do Señor, procurando seren santas de corpo e alma.
            Pero a casada preocúpase das cousas do mundo, da maneira de lle agradar ao seu home.
            Dígovos isto polo voso propio interese, non para vos amarrar botándovos un lazo; ao contrario, para vos guiar no que é honesto e leva sen divisións ao Señor.

                        Palabra do Señor                             R/. Grazas a Deus


ALELUIA    Mt 4, 16
Se non se canta, pódese omitir

Aleluia, aleluia.
O pobo asentado nas tebras viu unha inmensa luz
e para os asentados na rexión e na sombra da morte amenceu a luz.
Aleluia.



Evanxeo     Mc 1, 21-28
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Ensinábaos coma quen ten autoridade
 
            Naquel tempo viñeron a Cafarnaúm e, ao chegar o sábado, Xesús púxose a ensinar na sinagoga.
            Todos estaban abraiados da súa doutrina, pois ensinaba coma quen ten autoridade, non coma os letrados. E cadrou que había naquela sinagoga un home posuído por un mal espírito, e púxose a berrar:
            Que temos que ver contigo, Xesús de Nazaré? Seica viñeches para acabar connosco? Ben sei quen es ti: ti es o Santo de Deus.
            Xesús mandoulle:
            Cala, e bótate fóra dese home.
            O espírito malo sacudiuno, pegou un berro moi alto e saíu del. Todos ficaron pasmados, e discutían entre si, dicindo:
            Que é isto? Unha nova doutrina, e con autoridade; enriba, dálles ordes aos espíritos malos, e eles obedéceno.
            E a súa sona espallouse de contado por toda a rexión de Galilea.


                        Palabra do Señor                             R/. Loámoste, Cristo

Reflexión

  • Neste mundo desencantado e aburrido, no que nada nin ninguén consegue chamar a nosa atención; neste mundo tan saturado de coñecementos e noticias no que prima o pragmatismo; neste mundo tan falto de esperanza e de boas novas, o Evanxeo pasa sen pena nin gloria. Por que? Velaí a pregunta do millón que ten varias posibles respostas: a xente non quere compromisos, a xente non conecta con el, a xente non o considera unha boa nova, a xente non está disposta a cumprir as súas esixencias.... e, se cadra, tamén é posible que nós ensinemos coma os letrados e coma os rabinos, e non coma Xesús. Eles ensinaban en Israel por oficio; e o seu era comentar a Lei e as tradicións dos maiores, ler o que estaba escrito e repetir o que eles aprenderan antes nas escolas, administrar as verdades e crenzas adquiridas, o que sempre se dixera. O seu maxisterio era conservador, legalista e ritualista; conservaban ben a letra; pero esquecían o espírito; e a letra sen espírito mata...mata tamén de aburrimento. Por iso, non asombraban a ninguén. Porén, Xesús ensinaba con autoridade. No fondo está, onte coma hoxe, o conflito entre dúas concepcións relixiosas: unha, a dos letrados, que privilexia como acceso a Deus as esixencias rituais da pureza; outra, a de Xesús, que privilexia o compromiso coa xente. Así, na sinagoga interprétase con rigor e precisión a lei, pero o endemoñado continúa dominado pola súa enfermidade e esmagado pola mesma sensación de desamparo e dependencia. Ata que chega Xesús. A súa práctica revoluciona o ambiente. Os letrados calan, pero a xente sabe discernir: Xesús libera e sanda, ensina con autoridade, non coma os letrados. Iso é bo, é unha boa nova, e provoca asombro no pobo. Pero os que se senten desenmascarados e desposuídos do seu poder pola súa práctica, calan ou berran, evádense da conversión. E non aceptan os sinais do Reino. E hoxe, non nos estará pasando o mesmo a moitos cristiáns que seguen a esgazarse as vestiduras mesmo diante dalgunhas palabras do Papa Francisco que son milimetricamente analizadas e cuestionadas?. Como diría Hélder Cámara: “Se lle dou de comer aos pobres, din que son un santo. Pero se pregunto por que hai pobres, din que son comunista”.


  • Porén, Xesús atraía multitudes, porque non había discrepancia entre o que dicía e o que facía. No seu caso, falar con autoridade era todo o contrario a falar autoritariamente. Non sentaba cátedra, senón que daba testemuño. Por iso nós, que somos a súa Igrexa, debemos escoitar antes de falar; e debemos coidar moito de non dicir no nome de Deus o que non é a súa Palabra, senón que responde máis ben a intereses ocultos dalgúns grupos de presión, de poder, ou do utilitarismo deste mundo que fai que esquezamos, tamén dentro da Igrexa, que a persoa é o centro do noso sentir, do noso pensar e do noso actuar.


  • A Palabra invítanos a mirar ao noso redor e preguntarnos: onde están os profetas hoxe?, quen son os que anuncian, sen necesidade de facer cousas extravagantes e raras, a Xesucristo?. Ao mellor non nos facemos estas preguntas; tamén pode pasar que escoitemos a Palabra e a deixemos esvarar por nós, sen tentar de remoela e levala á vida de cada día. Pois inda que nos pareza estraño, El segue suscitando nas persoas actitudes de compromiso, loita e traballo a prol das cousas do mundo, para cambialas e facer delas lugares e ámbitos da súa presenza. Seguen xurdindo homes e mulleres que, deixándose levar pola forza da Palabra, son no medio do mundo ollos, boca e mans do mandado de Deus: amádevos. Porque cando un é coherente con aquilo que cre, reza e vive.... iso é autoridade.

domingo, 25 de enero de 2015

LECTURAS

III DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO  -  CICLO B


Primeira Lectura     Xn 3, 1-5. 10
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA XONÁS
Convertéronse os ninivitas da súa mala vida
 
            Veulle de segunda vez a palabra do Señor a Xonás:
            Érguete, vai a Nínive, a gran cidade, e proclámalle a mensaxe que eu che dei.
            Xonás ergueuse e marchou a Nínive, conforme á palabra do Señor. Nínive era unha cidade enormemente grande, de tres días para atravesala.
            Xonás comezou a entrar na cidade o camiño dun día e predicaba así:
            Dentro de corenta días Nínive será destruída.
            Os homes de Nínive creron en Deus e proclamaron o xaxún. Vestíronse de saco desde o máis grande ao máis pequeno.
            Viu Deus as súas obras, como se convertían do seu mal camiño, e arrepentiuse do mal que dixera que lles ía facer, e non llelo fixo.

  Palabra do Señor                             R/. Grazas a Deus



SALMO RESPONSORIAL     Sal 24, 4bc-5ab. 6-7bc. 8-9
R/.  (4a):  Amósame, Señor, os teus camiños.

Amósame, Señor, os teus camiños,
ensíname os teus sendeiros,
diríxeme na túa verdade, apréndeme,
que ti es o meu Deus salvador:
todo o día te estou a esperar.

Lémbrate, Señor, da túa compaixón e da túa misericordia,
pois existen desde sempre.
Dos erros e das culpas da miña mocidade non te lembres:
acórdate de min segundo a túa misericordia,
pola túa bondade, Señor.

O Señor é bo e recto:
por iso lles ensina o camiño aos pecadores;
El dirixe na xustiza os humildes,
e amósalles o seu camiño aos pobres.


Segunda Lectura     1 Cor 7, 29-31
LECTURA DA 1ª CARTA DO APÓSTOLO S.PAULO AOS CORINTIOS
Pasou a configuración deste mundo
 
            O que vos digo, irmáns, é que o tempo é contado. O que importa, é que os que teñen muller vivan coma se non a tivesen; os que choran, coma se non chorasen; os que están alegres coma se non se alegrasen; os que comercian, coma se non tivesen nada; os que gozan no mundo, coma se non gozasen.
            Porque o mundo, na súa configuración actual, está a pasar.

  Palabra do Señor                             R/. Grazas a Deus



ALELUIA    Mc 1 , 15
Se non se canta, pódese omitir

Aleluia, aleluia.
Chega o Reino de Deus;
convertédevos e crede no Evanxeo.
Aleluia.



Evanxeo      
Mc 1, 14-20
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Facede penitencia e crede no Evanxeo
 
            Cando prenderon a Xoán, marchou Xesús a Galilea e anunciaba o Evanxeo de Deus, dicindo:
            O tempo está cumprido e chega o Reino de Deus; convertéde­vos e crede no Evanxeo.

            Camiñando pola ribeira do mar de Galilea, viu a Simón e mais a Andrés, o irmán de Simón, que estaban largando o aparello no mar, pois eran pescadores. Díxolles Xesús:
            Vinde comigo, e fareivos pescadores de homes.

            Eles deixaron de contado as redes e seguírono.

            Un pouco máis adiante viu a Santiago, o fillo de Zebedeo, e mais a Xoán, seu irmán; tamén eles estaban na barca arranxando as redes. E de seguida os chamou. Eles deixaron a seu pai, Zebedeo, na barca cos xornaleiros, e marcharon con el.


 Palabra do Señor                             R/. Loámoste, Cristo

Reflexión

   Hai acontecementos na vida das persoas que fan cambiar o noso comportamento, o noso xeito de vida: namorarnos, unha nova amizade, o nacemento dun fillo… Por desgraza, a fe e o encontro co Resucitado non é un deles. Porque vinte séculos despois, o encontro con Xesús, desgraciadamente, non provoca en nós unha integración, un cambio de vida. É verdade que seguimos dicindo e escoitando que o Reino está cerca, mesmo que está dentro de nós; pero na meirande parte dos casos non cremos o que dicimos e, en consecuencia, non cambia a nosa vida. Pedro, André, Santiago e Xoán escoitaron estas palabras de Xesús e créronas. Deixaron as súas barcas, as súas redes, a súa casa… todo o que tiñan. Pero había algo naquela chamada que os convence. E nós?. É posible que ata o de agora, recibiramos unha chamada sociolóxica: nacemos nunha civilización, nunha familia e nun momento no que tiñamos que ser cristiáns. Herdámolo, coma os apelidos. Pero fáltanos o adestramento persoal, a resposta concreta, consciente, madura, reflexiva.

   Porén, o encontro con Xesús debería transformar todas as realidades deste mundo: redes, familia, barca, negocios, traballo... quedarán descentradas. Porque o Deus que nos revela Xesús é o Deus do Reino: bo, misericordioso, próximos aos pobres e aos que precisan xustiza. E nós, coma seguidores seus, somos as súas mans, os seus ollos, o seu corazón, neste noso Nínive de crise, de nihilismo, de paro, de marxinación, de contratos-lixo.

   Porque só desde unha actitude de coherencia e compromiso fondo con Aquel en quen cremos, só se realmente a fe pinta algo na nosa vida, seremos quen de facer que os demais se cuestionen pola relixión, se cuestionen por Deus. A isto é ao que fai referencia a expresión “pescadores de homes”, que hoxe escoitamos no evanxeo e que moitas veces interpretamos mal primando a cantidade sobre a calidade, converténdoa en sinónimo de imposición. Hoxe, máis que nunca, é importante que entendamos que o camiño nunca pode ser o da imposición, o do medo ou o da obriga, nin tampouco o da obediencia cega, pois ademais de seren contrarios á mensaxe de Xesús, son armas de dobre fío que se volven contra nós co paso do tempo. O camiño pasa pola invitación, e non pola imposición; polo discernimento, e non pola obediencia cega; polo afondamento da fe coma resposta ao sentido da vida, e non polo adoutrinamento ou cumprimento de normas sen sentido.
   
   Hoxe tamén, Xesús, dinos a cada un e cada unha de nós: vinde comigo. Hoxe pode ser un gran día, vivámolo así.

domingo, 18 de enero de 2015

LECTURAS

II DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO  -  CICLO B

  
Primeira Lectura      1 Sam 3, 3b-10. 19
LECTURA DO PRIMEIRO LIBRO DE SAMUEL
Fala, Señor, que o teu servo escoita

            Naqueles días, Samuel estaba deitado no santuario do Señor, onde estaba a arca de Deus.
            O Señor chamou por Samuel e este respondeulle:
     Aquí estou.
     E, coa mesma, foi correndo onda Elí e díxolle:
     Aquí estou, pois chamaches por min.
     Elí díxolle:
     Eu non te chamei; vai e déitate.
     E Samuel volveu deitarse.
     O Señor chamou de segundas por Samuel.
     Samuel ergueuse e foi onda Elí, e díxolle:
     Aquí estou, pois chamaches por min.
     Elí respondeulle:
     Eu non te chamei, meu fillo; vai e déitate.
     Daquela Samuel non coñecía o Señor, pois a palabra do Señor aínda non se lle revelara.
     O Señor chamou por terceira vez a Samuel, quen se ergueu e foi onda Elí, e díxolle:
     Aquí estou, pois chamaches por min.
     Entón decatouse Elí de que era o Señor quen chamaba o rapaz, e díxolle a Samuel:
      Vai e déitate, e se te chama outra vez, dirás: "Fala, Señor, que o teu servo escoita".
     Samuel marchou e deitouse no seu sitio.
     O Señor presentouse e chamou coma as outras veces:
     Samuel, Samuel!
     E Samuel dixo:
     Fala, Señor, que o teu servo escoita.
            Samuel ía crecendo; o Señor estaba con el e non deixou sen cumprimento ningunha palabra súa.
                      
Palabra do Señor                             R/. Grazas a Deus



SALMO RESPONSORIAL        Sal 39, 2 e 4ab. 7-8a. 8b-9. 10
R/.  (8a e 9a):  Aquí veño, Señor, para facer a túa vontade.

Esperei arelante no Señor:
el volveu cara a min os seus ollos
e escoitou o meu lamento.
Púxome na boca un cantar novo,
un himno de loanza ao noso Deus.

Sacrificios e ofrendas non os queres,
pero formáchesme uns oídos.
Non pides holocaustos nin sacrificios de expiación;
entón eu digo: "Aquí veño".

No texto do libro está escrito de min
que debo facer a túa vontade.
Meu Deus, iso é o que eu quero,
e o teu mandato está no meu corazón.

Proclamei a túa xustiza diante da grande asemblea,
non pechei os meus labios: ben o sabes, Señor.



Segunda Lectura      1 Cor 6, I3c-I5a. I7-20
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS CORINTIOS
Os vosos corpos son membros de Cristo

            Irmáns:
            O corpo non é para a fornicación, senón para o Señor; e o Señor é para o corpo. E Deus, que resucitou xa a Cristo, tamén nos ha resucitar a nós polo seu poder.
            Non sabedes que os vosos corpos son membros de Cristo? E quen se xunta ao Señor, é un mesmo espírito con El. Fuxide da impureza.
            Calquera pecado que o home poida cometer, cae fóra do corpo; pero quen comete impureza peca contra o seu propio corpo.
            Ou non sabedes que o voso corpo é templo do Espírito Santo que está en vós, que o recibistes de Deus e que polo tanto non sodes donos de vós?
            Porque, en verdade, compróusevos a bo prezo. Glorificade, polo tanto, a Deus co voso corpo.
   
  Palabra do Señor                             R/. Grazas a Deus



ALELUIA  Xn 1, 41. 17b
Se non se canta, pódese omitir

Aleluia, aleluia.
Encontramos o Mesías, que é Cristo,
por medio del déusenos a graza e a verdade.
Aleluia.



Evanxeo      Xn 1, 35-42
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Viron onde paraba e quedaron con el
 
            Naquel tempo, estaba Xoán con dous dos seus discípulos e, vendo a Xesús que camiñaba, dixo:
            Velaquí o Año de Deus.
            Cando os dous discípulos oíron o que el falara, fóronse detrás de Xesús. Volveuse Xesús e, vendo que eles o seguían, preguntoulles:
            Que buscades?
            Eles respondéronlle:
            "Rabbí" (que quere dicir "Mestre"), onde paras?
            El díxolles:
            Vide e veredes.
            E eles foron e viron onde paraba e quedaron con el aquel día. Era contra as catro da tarde.
            Un dos dous que escoitaron a Xoán e seguiron a Xesús era Andrés, o irmán de Simón Pedro. Vai e atopa primeiro a Simón, o seu propio irmán, e dille:
            Encontramos o Mesías (que quere dicir Cristo).
            E levouno onda Xesús. Ao velo, díxolle Xesús:
            Ti es Simón, o fillo de Xoán. Ti haste chamar Cefas (que quere dicir Pedro).


 Palabra do Señor                             R/. Loámoste, Cristo

Reflexión

           Estamos a vivir nun momento da historia no que sobran palabras e faltan silencios. Sobran palabras porque todo o mundo coida que ten algo que dicir, e para tal fin utiliza algún dos moitos medios ao seu alcance. Así, non é de estrañar que, dun ou doutro xeito, teñamos un ha saturación de palabras, o que trae como consecuencia que non deixamos tempo para o silencio, a reflexión, o pensamento pausado que vai madurando no tempo e co tempo. Algo así lle pasaba tamén a Samuel.

           Entre tantas palabras non era capaz de distinguir a voz de Deus, por iso confundíaa con outras. Resultáballe descoñecida. Pero Deus, que non se rende facilmente, insiste unha e outra vez para que He fagamos oco na nosa vida, para que lle prestemos atención á súa palabra, para que o descubramos no decorrer dos acontecementos de cada día. Deste xeito, aínda que tarde (cousa que a Deus, que ten unha perspectiva diferente á nosa, non He importa), Samuel acaba escoitando e recoñecendo a súa voz. E unha vez recoñecida, e sabendo a fondura que esa voz achega, ábrese  confianza e deixase levar polo agarimo dunha palabra que ten a Deus como principio, acompañante e meta no camiño da vida. Por iso, cheo de confianza, responde: "fala, Señor, que o teu servo escoita". Tamén hoxe, a cada un e cada unha de nós, Deus nos vai falando, vai dirixindo a súa voz, vai espallando o eco da súa palabra; pero moitas veces, como lle ocorría a Samuel, non somos capaces de distinguila, de escoitala, de recoñecela, porque a nosa atención está noutras palabras. Porén, El non cansa, como non cansou con Samuel, e segue a chamarnos, a facernos oír a súa voz. Oxalá nos esforcemos por recoñecela no medio do balbordo dun mundo cheo de voces, si; pero escaso de palabras que entusiasmen, enchan, alenten e aleden.

           A nosa resposta en positivo, libre e esperanzada abriranos á  confianza da nosa relación con Deus. O "aquí estou, Señor" de cada un e cada unha de nós ha ser a esixencia de converter a nosa vida non na rutina do sucederse dos días, senón no esforzo por facer presente as actitudes que emanan desa palabra que chega a nós a través da voz do compromiso ético, da responsabilidade á  hora de facer cousas a favor dos demais, da superación da tentación do individualismo e do derrotismo que afirman que o importante é un e que non se pode facer nada máis que pensar nun e no dun. O aquí estou de cada un e cada unha de nós pasa pola vida, polo que facemos, polo modo de facelo, pola dispoñibilidade cara aos demais, pola actitude positiva a pesar dos nubeiros e dificultades que seguimos atopando cada día. Porque, se non fose así, como nos poderiamos confesar crentes e afirmar a importancia e interioridade da fe na nosa vida? Ter fe non é crer no que non vemos, senón actuar desde Aquel en quen que cremos.

            Entenderon moi ben isto os seu discípulos, e Xoán hoxe cóntanolo no Evanxeo. E entendérono porque descubriron canto lles achega e canto os enchía estar ao seu lado, por iso quedaron con El. Tamén nós podemos quedar con El, ou mellor, deixar que El quede connosco.

            Pero non vai depender tanto do que El faga -esta é a nosa percepción equivocada-, senón do que nós fagamos para que El quede. Unha vez máis, no respecto á nosa liberdade, de nós depende
acollelo e deixar que nos acompañe no camiño que imos facendo. Pero para iso, antes é necesario

atoparse con El. Faremos o esforzo de buscalo?

domingo, 11 de enero de 2015

LECTURAS

O BAUTISMO DO SEÑOR - ciclo B
  


LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
Primeira Lectura   Is 42, 1-4. 6-7
Velaquí o meu servo en quen eu me comprazo

            Isto di o Señor:

            Velaí o meu servo, a quen teño collido da man;
velaí o meu escollido no que eu me comprazo.
            Teño posto sobre el o meu espírito:
ditaralles sentencia xusta ás nacións.

            Non berrará,
non levantará a súa voz nin a fará oír nas rúas.
            Canivela fendida non a romperá,
e torcida esmorecente non a apagará.

            Con fidelidade proclamará a xustiza,
non desfalecerá nin crebará
ata establecer na terra a xustiza,
e a súa lei, que esperan as nacións.

            Eu, o Señor, chameite por causa da xustiza, collinte pola man e protexinte,
e convertinte en Alianza dun pobo e en luz das nacións,
para que lles abras os ollos aos cegos, para que libres do cárcere aos presos,
da prisión aos que viven na escuridade.

Palabra do Señor            R/ Grazas a Deus


SALMO RESPONSORIAL      Sal 28, 1a e 2. 3ac-4. 3b e 9b-10
R/. (11b): O Señor ha bendicir o seu pobo coa paz.

Tributádelle ao Señor, fillos de Deus,
tributádelle ao Señor gloria do seu nome,
adorade o Señor no seu atrio sagrado.

A voz do Señor sobre as augas,
o Señor sobre as augas copiosas.
A voz do Señor é poderosa,
a voz do Señor é maxestosa.

 O Deus glorioso fai tronar.
No seu santuario todo di: Gloria!
O Señor sentou sobre as augas,
o Señor senta como rei eterno.


LECTURA DO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Segunda Lectura     Feit 10, 34-38
Unxiuno Deus co Espírito Santo

            Naqueles días, tomou Pedro a palabra e dixo:
            Abofé, vexo que Deus non fai distinción de persoas, senón que acepta a quen lle é fiel e practica a xustiza, sexa da nación que sexa.

            El mandoulles a súa palabra aos fillos de Israel, anunciándolles a Boa Nova da paz por Xesús Cristo: este é o Señor de todos.

            Vós sabedes o que pasou en toda a Xudea, comezando desde Galilea, despois do bautismo que Xoán predicou: como Deus unxiu con Espírito Santo e con poder a Xesús de Nazaré, que pasou facendo o ben e curando a todos os  que estaban asoballados por Satán; pois Deus estaba con el.

  Palabra do Señor            R/ Grazas a Deus

Ou tamén

LECTURA DA 1ª CARTA DO APÓSTOLO S. XOÁN
Segunda Lectura     1Xn 5, 1-9
O espírito, a auga e o sangue


Todos cantos cren que Xesús é o Mesías, naceron de Deus; e quen ama ó que enxendra, ama tamén a quen aquel enxendrou. Sabemos que amámo-los fillos de Deus, se amamos a Deus e cumprimos cos seus mandamentos.

Porque o amor a Deus consiste en cumprir cos seus mandamentos. Os mandamentos de Deus non son pesados, porque nacer de Deus permítenos vence-lo mundo. E esta é a victoria que derrota o mundo: a nosa fe. Porque ¿quen é o que derrota o mundo, senón o que cre que Xesús é o Fillo de Deus?

O que veu con auga e sangue, foi el, Xesús Cristo; non veu con auga só, senón con auga e con sangue. E o Espírito é quen dá testemuño, xa que o Espírito é a Verdade. Porque tres son os que dan testemuño: o Espírito, a auga e mailo sangue; e os tres testemuñan no mesmo senso. Se nós aceptámo-lo testemuño dos homes, maior razón ten o testemuño de Deus. E este é o testemuño de Deus: o que El nos ten dado acerca do seu Fillo.

Palabra do Señor            R/ Grazas a Deus

 

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS  
Mc 1, 7-11
Ti e-lo meu fillo benquerido, o meu predilecto.

E proclamaba:
Detrás miña está a chegar o que é máis forte ca min, ante quen non son digno de postrarme para lle desata-los mallós do seu calzado. Eu bautizo con auga, pero el havos bautizar con Espírito Santo.

E aconteceu por aqueles días que chegou Xesús desde Nazaret de Galilea, e Xoán bautizouno no Xordán. E de seguida, mentres saía da auga, viu abrirse o ceo e baixar sobre el, coma unha pomba, o Espírito Santo. E unha voz deixouse oír desde o ceo:
Ti e-lo meu fillo benquerido, o meu predilecto.


 Palabra do Señor            R/ Loámoste, Cristo

Reflexión

O Señor prefírenos. Para el somos importantes e ocupamos un lugar de preferencia. A dignidade coa que nacemos é o mellor sinal de canto estamos a dicir. E quérenos porque é Pai / Nai que acompaña, educa, alenta e corrixe. Faino sen necesidade de chamar a atención, sen publicidade.

Non inviste en campañas de publicidade, senón que se fai presente de xeito silandeiro en cada un dos pasos da nosa vida; unha presenza que moitas veces non queremos ou non conseguimos descubrir, pero que está, o que leva a que non nos perdamos diante do "balbordo" de sons que se escoitan ao noso redor.

Bendita presenza! Si, bendita porque nos agasalla cunha amizade que moitas veces non sabemos nin descubrir nin valorar. Desde o día do noso bautismo, esa presenza vai con nós, nos trebóns e na brisa da nosa vida, que de todo hai. El sempre está, inda que nós non sexamos capaces de facerlle oco. Como é testán, e a pesar das nosas teimosías, non nos deixa de lado, non se esquece, non nos falla. Pero nós, e son moitas as veces, si lle fallamos a El. Non estaría de máis que hoxe nos preguntaramos por que.

• A presenza do Espírito móstranos a un Xesús que nos chama a preguntarnos pola fidelidade ás convicións que van asentando na nosa persoa. Fai que nos preguntemos si temos prezo, se somos capaces de deixar atrás o que son principios profundos á  hora de estar e actuar no mundo por un prato de lentellas en forma de prestixio, relevancia, poder, aburguesamento ... para que non pensen que eu son un/ha mexericas. Cantas veces nos ten pasado! E tamén, cantas veces o ternos esquecido e repetido. Aquilo de, "se queres acalar o veciño, dálle un carguiño".

Entón nin Espírito, nin principios, nin convicións, nin ... deixámonos ir, inda que logo nos arrepintamos, pois case sempre é tarde. O Espírito está, pero nós témolo secuestrado, amestrado á nosa comenencia. Como molesta e fainos revisar onde ternos posto o eixo da nosa vida, preferimos aparcalo, escondelo, sacarlle o volume ... silencialo. Pero facémolo nós, non El, que segue presente inda que non nos guste.

• Canto vimos dicindo non son máis que consecuencias do noso bautismo. Si, xa sei que podemos saír afirmando que a nós bautizáronnos, que eramos pequenos, que nos meteron no club sen pedimos opinión ... pero tampouco debemos esquecer que hoxe, no aquí e agora de cadaquén, ninguén nos obriga a ser crentes, a confesar a fe, a participar nas celebracións, e moitas máis cousas en relación coa nosa fe. Pero se o facemos, non podemos esquecer todo canto iso nos compromete e esixe. Ser cristián no medio do mundo, con criterio, con racionalidade, con capacidade de facer escoitar a voz e non deixarse enganar nin manipular polo interese persoal, non é doado.


Xa o sabemos, pero se queremos selo, non queda outra que facelo de maneira coherente, responsable e libre. Como o fixo Xesús, e como estamos chamados a facelo nós. O bautismo non é máis que un sinal de que alí comezamos un camiño que ternos que ir facendo cada día, nunca solos, senón en comunidade; tampouco en gueto, senón no medio do mundo e sabendo da pluralidade que nel hai. Este é o reto. Seremos capaces de acollelo?

domingo, 14 de diciembre de 2014

LECTURAS

III DOMINGO DE ADVENTO - CICLO B

  
Primeira Lectura          Is 61, 1-2a. 10-11
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
Alegrareime con grande gozo no Señor

O Espírito do Señor, Deus, está sobre min, porque o Señor me unxiu.
Mandoume anunciar a boa nova aos pobres, curar os de corazón esnaquizado,
proclamarlles aos cativos o indulto e aos presos a liberación,
e promulgar un ano de graza  do Señor e o día do rescate do noso Deus.
Exulto ledicioso no Señor,
e a miña alma relouca no meu Deus,
por me vestir con roupas de salvación
e me envolver co manto da xustiza,
coma noivo cinguido con coroa,
coma noiva que se adorna coas súas xoias.
Pois, como a terra fai saír os seus gromos,
e como un horto fai brotar as súas sementeiras,
así o Señor fará brotar a xustiza,
e a loanza ante todos os pobos.
                                                                                                                                           
   Palabra do Señor                          R/ Grazas a Deus


SALMO RESPONSORIAL        Lc 1, 46-48. 49-50. 53-54
R/. (Is 61, 10b): A miña alma exultará no Señor, meu Deus.

Proclama a miña alma a grandeza do Señor,
alégraseme o espírito en Deus, o meu Salvador.
Porque reparou na humillación da súa escrava.

Desde agora
chamaranme ditosa
todas as xeracións,
porque fixo marabillas
en min o Poderoso;
o seu nome é Santo.
A súa misericordia chega
xeración tras xeración
a todos os que o temen.

Os famentos encheunos de bens,
e os ricos despediunos baleiros.
Amparou a Israel, o seu servo,
lembrándose da súa misericordia.
                                                                                                                                           

Segunda Lectura          1 Tes 5, 16-24
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO AOS  TESALONICENSES
Gardade a vosa vida, o voso espírito, o voso corpo para a chegada do Señor

Irmáns:
Estade sempre alegres. Orade constantemente. Dade grazas  en todas as ocasións: que isto é o que Deus quere de vós como cristiáns.
Non apaguedes o Espírito; non desprecedes as palabras inspiradas.
Examinádeo todo e agarrádevos ao que é bo.
Afastádevos de toda especie de mal.
Que o Deus da paz vos santifique totalmente: que todo o voso ser espírito, alma e corpo se conserve indemne na Parusía do noso Señor Xesús Cristo.
Pois o que vos chama é fiel, hao facer.

   Palabra do Señor                          R/ Grazas a Deus
                                                                                                                                            

ALELUIA        Is 61, 1 (Cit. en Lc 4, 18)
Se non se canta, pódese omitir.

Aleluia, aleluia.
O Espírito do Señor está sobre min:
mandoume anunciar a boa nova aos pobres.
Aleluia.


Evanxeo           Xn 1, 6-8. 19-28
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
No medio de vós está aquel a quen non coñecedes

Houbo un home mandado por Deus: o seu nome era Xoán.
Este veu de testemuña para dar testemuño da luz,
para que todos cresen por el.
Non era el a luz, senón que veu para dar testemuño da luz.

E este é o testemuño de Xoán cando os xudeus lle mandaron de Xerusalén sacerdotes e levitas onda el, para lle preguntar:
Ti quen es?
El declarou e non negou. Declarou:
Eu non son o Cristo.
Preguntáronlle:
Entón, quen es ti? Es Elías?
Contestou:
Non son.
Es o profeta?
Respondeu:
Non.
Daquela dixéronlle:
E, logo, quen es? Para que lles poidamos dar unha resposta aos que nos mandaron. Que dis de ti mesmo?
El dicía:
Eu son a voz do que clama no deserto, "endereitade o camiño do Señor" como escribira o profeta Isaías.
Algúns dos mandados eran fariseos e preguntáronlle:
Entón, por que bautizas, se non es ti o Cristo nin Elías nin o profeta?
Xoán respondeulles:
Eu bautizo con auga; mais entre vós está quen vós non coñecedes; o que vén detrás miña e eu non son merecente de lle desatar o amalló da sandalia.
Todo isto pasou en Betania, pola outra banda do Xordán, onde estaba Xoán bautizando.



   Palabra do Señor                                               R/. Loámoste, Cristo

Reflexión

Vivimos un momento de pesimismo e sensación de derrota. Aqueles nos que confiabamos fóronnos decepcionado: os políticos menten e corrómpense; os banqueiros engánannos e sácannos os cartos; na Igrexa hai curas que abusan e lle fan dano aos máis pequenos e inocentes; no fútbol os grandes contratos fannos sentir humillados porque con pouco que fagan gañan todo que, sumados todos os membros e idade laboral da nosa familia, non somos capaces de gañar en trinta anos. É logo….,as cousas só son así? Non haberá raiola de luz nin de esperanza ningunha?

Se a nosa análise fose só superficial teriamos que dicir que si; pero se afondamos un pouco, seguro que somos capaces de descubrir políticos honestos e traballadores –os que nunca saen nos telexornais-, traballadores de banco que cumpren co seu horario e tentan servir aos seus clientes;  curas que sen facer cousas espectaculares, intentan estar ao lado de que sufre, axudar a quen non ten ou visitar a quen está enfermo; mesmo hai xente nova que cada semana xoga a fútbol porque lle gusta e divirte.
Todo isto dinos que hai outra foto da nosa sociedade. Claro que é unha foto que non está no foco da noticia nin no horario estelar de emisión das grandes cadeas. Si, hai esperanza, hai vida, hai moitas vidas dándose para levar agarimo, paz, acollida e solidariedade a quen a necesite. Unámonos tamén nós a esta xeira, aparentemente invisible nos medios espectáculo, e fagamos da vida unha experiencia de compartir sorrisos e esperanzas.

Que o tempo de Advento sexa a nosa liña de saída nesta carreira por facer visible a esperanza, que a hai, ao noso redor, e de unirnos nós tamén a ela!

lunes, 8 de diciembre de 2014

INMACULADA CONCEPCIÓN

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Alégrate, chea de graza, o Señor está contigo
  
            Naquel tempo, Deus mandou o anxo Gabriel a unha cidade de Galilea, chamada Nazaret, onda unha virxe prometida a un home da casa de David, que se chamaba Xosé. O nome da virxe era María.

            O anxo entrou onde estaba ela, e díxolle:
            Alégrate, chea de graza, o Señor está contigo.

            Ela turbouse con estas palabras e cavilaba no que podería significar o saúdo aquel. Díxolle entón o anxo:
            Non teñas medo, M
aría, porque acadaches graza ante Deus. Velaquí que vas concibir no teu ventre e dar a luz un fillo, que lle poñerás de nome Xesús. El será grande e chamarase Fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai; reinará por sempre na casa de Xacob, e o seu reinado non terá fin.

            Díxolle María anxo:
             Como vai acontecer iso, pois eu non coñezo varón?

            O anxo respondeulle:
             O Espírito Santo ha de baixar sobre ti, e o poder do Altísimo hate de cubrir coa súa sombra; por iso o que vai nacer de ti será santo e chamarase Fillo de Deus.

            Aí tes a túa curmá Sabela, que concibiu un fillo na súa vellez, e xa está de seis meses a que chamaban estéril, que para Deus non hai imposibles.

             Entón María dixo:
             Velaquí a escrava do Señor, cúmprase en min o que dixe­ches.


            E o anxo marchou de onda ela.


 Palabra do Señor                                 R/. Loámoste, Cristo

MEDITATIO

Aínda que se repiten os temas de Mateo e Marcos, o Evanxeo de Lucas é unha composición orixinal en moitos aspectos. O evanxelista coloca na súa narración material novo con respecto ás outras narracións evanxélicas. Nos primeiros dous capítulos que tratan da infancia de Xesús, Lucas achégase ás tradicións hebraicas con moitas referencias directas e indirectas ao Antigo Testamento. A teoloxía, o simbolismo e todo o conxunto dos relatos da infancia de Xesús encontraron as raíces no mundo semítico, diverso en moitas formas do mundo e do pensamento grego. O evanxelista ambienta o comezo da súa narración no ambiente dos anawîm, os pobres do Señor, ou sexa aqueles que se someten con gusto á vontade de Deus, firme na fe que o Señor lles dará a salvación no tempo oportuno. Aos anawîm o Señor promete enviar o Mesías " enviado a levar a boa nova aos abatidos, a curar as chagas dos corazóns esnaquizados, a proclamar a liberdade dos cativos, e a liberación aos encarcerados, a promulgar o ano de graza do Señor, e un día de vinganza para o noso Deus, para consolar a todos os tristes, para alegrar aos aflixidos de Sion... " (Is 61, 1ss). Esta promesa de Deus cumprirase en Xesús de Nazareth que " entrando segundo o seu costume o sábado na sinagoga" (Lc 4,16), proclama que a promesa de Deus pronunciada por medio de Isaías "se cumpriu" (Lc 4,21) en Él. Só os anawîm poden recibir do fillo de José o carpinteiro e de María (Lc 4, 22; Mt 13, 53-58; Mc 6, 1-6; Jn 1,45) a alegre nova da salvación, os outros desgraciadamente escandalízanse de Él. O Mesías é humilde e doce, a súa " boca" pronuncia "palabras de graza" (Lc 4,22) por isto para acollelo necesítase prepararse, entrar dentro de si mesmo, para acoller o prometido de Israel. Por iso o Señor amoesta por medio do profeta: "Buscade a Yahvé os humildes da terra, que practicades a súa lei; buscade a xustiza, buscade a mansedume, quizais quedaredes ao abeiro da ira do Señor (Sof 2,3).
Neste contexto, "No mes sexto, foi enviado o anxo Gabriel a unha cidade de Galilea chamada Nazareth a unha virxe despousada cun varón da casa de David, chamado José. A virxe chamábase María". (Lc 1, 26-27). Esta virxe é unha dos anawîm á cal o Señor revela a súa salvación. Con ela encóntranse outros dous anawîm que "eran entrados en anos" (Lc 1, 7), "un sacerdote chamado Zacarías" e Isabel que "era estéril" e polo tanto sen fillo (Lc 1, 5-7). Tamén a estes dous deshonrados (Xene 30,33; 1 Sam 1, 5-8; 2 Sam 6, 23;Os 9,11) anúnciaselles a salvación do Señor. Desgraciadamente en Xerusalén, no templo, durante a liturxia, lugar da revelación, da potencia e da gloria de Deus, esta boa nova non é acollida polo sacerdote (Lc 1, 8-23). Pero a Palabra de Deus non está ligada e non lla pode limitar. Di en verdade o Santo de Israel: "Como baixa a chuvia e a neve dos ceos e non volven alá sen empapar e tido sido fecundado a terra e tela feito xerminar, dando a semente para sementar e o pan para comer, así será a palabra saída da miña boca: non me volverá baleira senón que fai o que eu quero e cumpre a súa misión" (Is 55, 10-11). Por iso, Isabel "na súa vellez, concibiu un fillo e este é o sexto mes para ela á que todos chamaban estéril: nada é imposible para Deus" (Lc 1, 36-37). Este será o acontecemento ofrecido a María como un signo " da potencia do Altísimo" (Lc 1, 35) que se estenderá como sombra sobre ela para concibir o Fillo de Deus por obra do Espírito Santo que "descenderá" sobre ela (Lc 1, 34-35). O Fillo chamarase Xesús, "será gran e chamado Fillo do Altísimo; o Señor Deus daralle o trono de David o seu pai e reinará por sempre sobre a casa deJacob e o seu reino non terá fin" (Lc 1,31-33). Estas palabras do anxo recordan as mesmas dirixidas a Acaz: "O Señor mesmo vos dará un signo. Teño me aquí: a virxe concibirá e parirá un fillo, que se chamará Emmanuel" (Is 7, 14).
Por isto, despois da concepción de Juan, ou sexa "no sexto mes" (Lc 1,26), a boa noticia é ben acollida "nunha cidade da Galilea, chamada Nazaret" (Lc 1,26) por unha doncela, virxe, prometida como esposa (Lc 1,27). "Nazaret" e "María" fan contraste con "Xerusalén" e "sacerdote"; así como tamén é contrastante a frase " presentándoselle coa palabra "templo". O Señor revélase en lugares humildes e é acollido por xente humilde das que, a xuízo dos homes, non "pode vir nada de bo" (Jn 1,45). A María invítaselle a gozar: " Alégrache, chea de graza, o Señor está contigo! " (Lc 1, 28). A presenza do Señor no medio do seu pobo é ocasión de gozo, porque a presenza do Señor levan salvación e bendición. O saúdo e convite do anxo está dirixido a todo o pobo de Deus na persoa deMaría.. Polo que, todo o pobo de Deus está chamado a gozar e a alegrarse no Señor o seu Salvador. É o gozo mesiánico que se anuncia a todos: "Berrade de gozo e alegrádevos, habitantes de Sión, porque grande é no medio de vós o Santo de Israel" (Is 12, 6). " Exulta, filla de Sion, dá voces xubilosas Israel, e alégrate con todo o teu corazón, filla de Xerusalén! O Señor revogou os decretos dados contra ti e rexeitou o teu inimigo. O Rei de Israel é o Señor en medio de ti, ti non verás xa máis o infortunio..... " (Sof3, 14-15 ss). "Alégrate e énchete de gozo, filla de Sión, porque velaquí que eu veño para habitar no medio de ti" (Zc 2, 14).
A concepción de Xesús é un acontecemento novo, a primicia da futura nova creación operada pola potencia creativa de Deus que vén ao encontro da imposibilidade de concibir de María, porque aínda non coñece varón (Lc 1, 34). A sombra que o Altísimo estende sobre María recorda a nube que de día acompañaba ao pobo no deserto (Ex 13,22), que daba sombra ao monte Sinaí revelando a gloria do Señor por seis días (Ex 19,16; 24,17). É tamén un signo da protección de Deus outorgada ao xusto que invoca o nome do Señor e se pon nas súas mans durante a proba (Sal 17,8, 57,2; 140,8). Na creación, o Espírito de Deus axitábase sobre as augas, signo da potencia creadora da palabra de Deus (Gén 1,2).

Deus supera toda capacidade humana, nada é imposible para Él (Lc1,47; Xene 18, 14; Jer 32,27). Ante o Señor da alegría, da vida e da salvación, María acolle a súa palabra xeradora e creadora: "Velaquí a escrava do Señor, que me suceda como dixeches" (Lc 1, 38).

domingo, 7 de diciembre de 2014

LECTURAS

II DOMINGO DE ADVENTO  -  CICLO  B



Primeira Lectura         Is 40, 1-5. 9-11
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
Preparade o camiño do Señor

Consolade, consolade o meu pobo: dío o voso Deus.
Faládelle ao corazón de Xerusalén; si, dicídelle ben alto
que a súa milicia está cumprida, que a pena pola súa culpa está aceptada.
Si, xa recibiu da man do Señor o dobre por todos os seus pecados.
Unha voz clama:
"No deserto preparádelle o camiño ao Señor.
Endereitádelle na estepa a calzada ao noso Deus.
Que todo val sexa levantado, que todo monte e outeiro sexa rebaixado;
que a terra fragosa se volva unha chaira; e as ladeiras, un val achanzado.
Pois vaise revelar a gloria do Señor, e toda carne verá o Único.
Falou a boca do Señor".
Sube a un monte alto, mensaxeira de Sión,
levanta con forza a túa voz, mensaxeira de Xerusalén,
levántaa, non teñas medo.
Dilles ás cidades de Xudá: "Velaí o noso Deus".
Velaí o meu Señor que chega con poder; si, o seu brazo domina.
Velaí a súa paga con el,
o seu xornal diante del.
Igual ca un pastor, pastorea o seu rabaño, recólleo co seu brazo,
leva aos añiños no seo e protexe os que aínda maman.

   Palabra do Señor                             R/ Grazas a Deus


SALMO RESPONSORIAL           Sal 84, 9ab-10. 11-12. 13-14
 R/. (8): Amósanos, Señor, a túa misericordia, e dános a túa salvación.

Escoitarei o que di o noso Deus:
certamente o Señor fala de paz.
A salvación está xa preto dos que o temen,
a gloria habitará na nosa terra.

A misericordia e a fidelidade atoparanse,
abrazaranse a xustiza e mais a paz.
Na terra xermolará a fidelidade,
a xustiza ollará desde o ceo.

O Señor ha dar os seus bens,
e a nosa terra vai dar os seus froitos.
A xustiza camiñará diante del,
e a salvación seguirá as súas pegadas.


Segunda Lectura        2 Pe 3, 8-14
LECTURA DA SEGUNDA CARTA DO APÓSTOLO SAN PEDRO
Esperamos uns ceos novos e unha terra nova
 
Benqueridos irmáns:
Que non vos esqueza unha cousa: que para o Señor un día élle coma mil anos; e mil anos sonlle coma un día. Non está retrasando Deus o cumprimento do que prometeu, aínda que algúns o crean así: o que pasa é que ten paciencia convosco, porque non quere que ninguén pereza senón que a todos lles dea tempo a se converteren.
Máis ben o día do Señor virá coma un ladrón: daquela os ceos desaparecerán con estrondo; os elementos disolveranse abrasados de calor; e a terra e todas as obras que hai nela nin se atoparán.
Xa que todo isto se ha disolver desta maneira, (con que santo xeito e prácticas de piedade tedes que vivir mentres esperades e suspirades pola chegada do día de Deus!
Porque é neste día cando os ceos incendiados se han disolver e os elementos abrasados de calor se han derreter.        
Pero nós, conforme á súa promesa, esperamos un ceo novo e unha terra nova, onde exista a xustiza.
Por iso, meus amigos, mentres agardades isto, collede a peito que El vos atope en paz, sen tacha nin defecto.

  Palabra do Señor                             R/. Grazas a Deus
                                                                                                                                           

ALELUIA     Lc 3, 4. 6
Se non se canta, pódese omitir.

Aleluia, aleluia.
Preparade os camiños do Señor
endereitade os seus carreiros;
todos verán a salvación de Deus.
Aleluia.


Evanxeo          Mc 1, 1-8
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Endereitade os vieiros do Señor
 
Comezo do Evanxeo de Xesús Cristo Fillo de Deus.
Como está escrito no profeta Isaías:
"Mira, mándoche por diante un mensaxeiro,
para que prepare o teu camiño;
voz de quen clama no deserto:
"Preparade o camiño do Señor,
endereitade os seus vieiros".

Presentouse Xoán Bautista no deserto, pregoando un bautismo de conversión para perdón dos pecados. E ía onda el xente de toda a rexión de Xudea e todos os de Xerusalén; confesaban os seus peca­dos e el bautizábaos no río Xordán.
Xoán ía vestido con pelos de camelo e cun cinguideiro de coiro arredor do van, e mantíñase de saltóns e mel bravo.
E proclamaba:

Detrás miña está a chegar o que é máis forte ca min, diante de quen non son digno de prostrarme para lle desatas os amallós do seu calzado. Eu bauticeivos con auga, pero el havos bautizar no Espírito Santo.



 Palabra do Señor                                               R/. Loámoste, Cristo   

PREPARÁDALLE O CAMIÑO AO SEÑOR



Reconvértase, señor, reconvértase!
E vostede tamén, señora.
E os vellos ... , e os nenos.

A onde van vostedes
con eses produtos tan vellos
a inventar un mundo nova
e unha terra nova?

Non se pode andar
co corpo tan cargado
á hora de ser austeros.
Non se pode andar
coas mans tan cheas
á hora de ser solidarios.

Non se pode andar
coa cabeza tan redonda
á hora de ser creativos.

Non se pode andar
cada un ao seu aire
á hora de ser organizados.

Reconvértanse, señores, reconvértanse!
fáganse máis competitivos.
Quen lles comprará o seu abuso,
o seu egoísmo, as súas ideas curtas
ou o seu pechado individualismo?

Todo iso non ten saída.
Cómpre crear algo novo.
Polo seu ben, señores!
Que vostedes medrarán
co auténtico medrar dos seus veciños.

Como din vostedes?
Que a cousa está así montada?
Que a cousa funciona?
Por suposto!
Á custa de centos e miles e millóns
de humildes e marxinados.

Cómpre crear algo novo!
Todos estamos bañados en Espírito!
En Espírito de Deus!
Preparádelle o camiño ao Señor!


UNHA CHAMADA Á SOLIDARIEDADE E Á ESPERANZA

Do 17 ao  21 do pasado mes de santos a Conferencia Episcopal Española celebrou en Madrid a súa 104 Asamblea Plenaria, na que ao remate publicou un Nota Pastoral, que transcribimos:
Los obispos de la Conferencia Episcopal Española (CEE), reuni¬dos en Madrid en nuestra CIV Asamblea Plenaria, hemos iniciado el estudio del borrador del documento Iglesia servidora de los pobres, sobre la realidad social de nuestro país, que esperamos poder publicar lo antes posible. Por esto no queremos dejar pasar esta ocasión sin dirigir con hu¬mildad a nuestro pueblo un mensaje de aliento y cercanía en estos momen¬tos en los que percibimos una compleja realidad social, que genera en no pocas personas inquietud e incluso desesperanza, especialmente en las más perjudicadas por la crisis económica.
Conocemos de primera mano el sufrimiento de numerosas personas en nuestra sociedad, y también las respuestas solidarias de miles y miles de voluntarios de nuestras diócesis, parroquias y comunidades, que sirven en muchas instituciones de la Iglesia, especialmente Cáritas, ayudando y atendiendo a los más débiles de la sociedad.
Son hombres y mujeres, ancianos y niños, jóvenes y adultos, con nombres y rostros concretos, víctimas de situaciones de pobreza real, de exclusión social, rama de la inmigración, de precariedad laboral y de la plaga del desempleo, sobre todo juvenil, junto a otras carencias no solo materiales, sino también afectivas y espirituales, a las que todavía no ha llegado —a pesar del inicio de la recuperación económica— el alivio necesario que aminore la cada vez más extensa franja de desigualdad, así como el aporte ético que neutralice o imposibilite los comportamientos perversos que agravan este sufrimiento. Para ellos nuestra mayor cercanía y solidaridad.
El devenir de la crisis económica y sus causas, las fallidas previsiones e insuficientes respuestas dadas, los errores cometidos en la gestión política y económica de sus consecuencias, hacen aún más acertadas las palabra M Papa Francisco que señala que «ya no podemos confiar en las fuerzas ciegas y en la mano invisible del mercado. El crecimiento en equidad exige algo más que el crecimiento económico, aunque lo supone, requiere decisiones, programas, mecanismos y procesos específicamente orientados a una mejor distribución del ingreso, a una creación de fuentes de trabajo, a una promoción integral de los pobres que supere el mero asistencialismo» (Evangelii gaudium, 204).
Junto a eficaces políticas de concertación social y de desarrollo sostenible, necesitamos una verdadera regeneración moral a escala personal y social y con ella la recuperación de un mayor aprecio por el bien común, que sea verdadero soporte para la solidaridad con los más pobres y favorezca la auténtica cohesión social de la que tan necesitados estamos.
La regeneración moral nace de las virtudes morales y sociales, y para un cristiano viene a fortalecerse con la fe en Dios y la visión trascendente de la existencia, lo que conlleva un irrenunciable compromiso social en el amor al prójimo, verdadero distintivo de los discípulos de Cristo (cf. Jn 13. 34-35).
A todos nos es necesario recordar que «sin conducta moral, sin honradez, sin respeto a los demás, sin servicio al bien común, sin solidaridad con los necesitados nuestra sociedad se degrada. La calidad de una sociedad tiene que ver fundamentalmente con su calidad moral. Sin valores morales se apodera de nosotros el malestar al contemplar el presente y la pesadumbre al proyectar nuestro futuro. ¡Cuánto despiertan, vigorizan y rearman moralmente la conciencia, el reconocimiento y el respeto de Dios!»
La vida democrática que, en paz y en libertad vive nuestro pueblo desde la Transición política, se verá así reforzada en el respeto de los derechos que nacen de la dignidad inalie-nable de la persona, creada a imagen y semejanza de Dios. La ejemplaridad de los responsables políticos, sociales, económicos y eclesiales, constituirá siempre un elemento imprescindible para lograr una justa sociedad civil y una verdadera comunidad eclesial.

Segue a “Nota” falando da necesidade de fortalecer e apreciar a institución familiar, de xerar un clima social esperanzado, que contribúa ao ben integral da nosa sociedade. Para terminar asegurando o apoio e a oración ante Deus e a Virxe María a todos os que traballan nesta nobre misión.