ORACIÓN PARA
TER ALEGRÍA
Bendita a
alegría, Señor,
bendita a risada,
a risa e o sorriso.
Que non me domine
nunca, Señor,
pola túa graza,
polo teu amor,
nin a tristura,
nin a amargura,
nin a terrible
depresión.
Quero ser ledo,
coma ti,
que inventaches
todas as músicas e sinfonías,
todos os paxaros
cantores,
todas as árbores,
todas as cores,
todos os corazóns
humanos que aman e cantan.
Axúdame a bater
coas augas da alegría,
para beber delas
ata fartar,
e que se
convertan en min nunha fonte
que salte ata a
vida eterna.
Contigo ao pé,
solidario sempre cos irmáns,
quixese ser ledo
en todos os momentos,
incluso cando me
sinta frouxo e pecador,
incluso cando o
corpo non aguante e enferme,
incluso cando o
traballo se me faga pesado,
incluso cando fracasen os nosos intentos de irmandade,
incluso cando me veña algunha desgraza,
incluso cando a morte me diga: aí vou.
Señor, dáme irmás
e irmáns ao meu redor,
cos que
compartir, dando e recibindo,
o inigualable don da alegría.