IV DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO -
CICLO B
Primeira Lectura
Deut 18, 15-20
LECTURA DO LIBRO DO DEUTERONOMIO
Farei xurdir un profeta e poñerei as miñas palabras na súa
boca
Díxolle
Moisés ao pobo:
O Señor, o
teu Deus, fará xurdir, no medio de ti, de entre os teus irmáns, un profeta coma
min.
Facédelle
caso, tal como llo pediches ao Señor, o teu Deus, no Horeb o día de asemblea,
dicindo: Non quero seguir escoitando a voz do Señor, meu Deus, nin ver máis
esta grande labarada, para non morrer.
E entón o
Señor díxome: Fixeron ben en dicir isto. Fareilles xurdir un profeta coma ti do
medio de seus irmáns e porei as miñas palabras na súa boca e falaralles todo o
que eu lle mande, e a aquel que non lles faga caso ás miñas palabras, as que o
profeta anuncie no meu Nome, eu pedireille contas.
Pero o tal
profeta, se ten o atrevemento de dicir no meu Nome cousas que eu non lle mandei
dicir e fala no nome de deuses alleos, entón morrerá ese profeta.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 94, 1-2. 6-7. 8-9
R/. (8): Oxalá
escoitedes hoxe a voz do Señor!
Non
endurezades os vosos corazóns.
Vinde, cantémoslle ao Señor,
Aclamemos a nosa rocha salvadora;
acheguémonos á súa presenza dándolle grazas,
aclamémolo con cancións.
Vinde, adorémolo prostrados,
axeonllémonos diante do Señor, que nos creou,
pois el é o noso Deus,
e nós somos o seu pobo, o rabaño que el guía.
Oxalá escoitedes hoxe a súa voz:
non endurezades os vosos corazóns, coma en Meribah,
coma o día de Masah, no deserto,
onde os vosos pais me tentaron:
provocáronme, por máis que tiñan visto os meus feitos.
Segunda Lectura 1
Cor 7, 32-35
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS
CORINTIOS
A virxe considera o que corresponde a Deus para ser santa
Irmáns:
Eu quixera
vervos libres de preocupacións. O non casado preocúpase das cousas do Señor, da
maneira de lle agradar.
Pero o
casado preocúpase das cousas do mundo, da maneira de lle agradar á muller; e
así está dividido.
A muller
non casada, o mesmo cá doncela ceibe, preocúpanse das cousas do Señor,
procurando seren santas de corpo e alma.
Pero a
casada preocúpase das cousas do mundo, da maneira de lle agradar ao seu home.
Dígovos
isto polo voso propio interese, non para vos amarrar botándovos un lazo; ao
contrario, para vos guiar no que é honesto e leva sen divisións ao Señor.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Mt 4, 16
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
O pobo asentado nas tebras viu unha inmensa luz
e para os asentados na rexión e na sombra da morte amenceu a
luz.
Aleluia.
Evanxeo Mc 1,
21-28
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Ensinábaos coma quen ten autoridade
Naquel
tempo viñeron a Cafarnaúm e, ao chegar o sábado, Xesús púxose a ensinar na
sinagoga.
Todos
estaban abraiados da súa doutrina, pois ensinaba coma quen ten autoridade, non
coma os letrados. E cadrou que había naquela sinagoga un home posuído por un
mal espírito, e púxose a berrar:
‑ Que temos que ver contigo, Xesús de Nazaré? Seica viñeches para
acabar connosco? Ben sei quen es ti: ti es o Santo de Deus.
Xesús
mandoulle:
‑ Cala, e bótate fóra dese home.
O espírito
malo sacudiuno, pegou un berro moi alto e saíu del. Todos ficaron pasmados, e
discutían entre si, dicindo:
‑ Que é isto? Unha nova doutrina, e con autoridade; enriba, dálles
ordes aos espíritos malos, e eles obedéceno.
E a súa
sona espallouse de contado por toda a rexión de Galilea.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo