Saúdo do Santo Pai Benedicto XVI aos nenos
25 de mar de 2012
Praza da Paz, Guanajuato, México, o sábado 24 de marzo de
2012
Queridos nenos:
O discípulo de Xesús non responde ao mal co mal, senón que é
sempre instrumento do ben, heraldo do perdón, portador da alegría, servidor da
unidade. El quere escribir en cada unha das súas vidas unha historia de
amizade. Tédeo, pois, como o mellor dos seus amigos. El non se cansará de
dicirlles que amen sempre a todos e fagan o ben. Isto escoitarano, se procuran
en todo momento un trato frecuente con el, que lles axudará aínda nas
situacións máis difíciles. Vin para que sintan o meu afecto. Cada un de vós é
un regalo de Deus para México e para o mundo. A súa familia, a Igrexa, a escola
e os que teñen responsabilidade na sociedade han de traballar unidos para que
vós poidades recibir como herdanza un mundo mellor, sen envexas nin divisións.
Por iso, desexo elevar a miña voz invitando a todos a
protexer e coidar os nenos, para que nunca se apague o seu sorriso, poidan
vivir en paz e mirar ao futuro con confianza.
Vós, os meus pequenos amigos, non estades sós. Contades coa
axuda de Cristo e da súa Igrexa para levar un estilo de vida cristián.
Participade na Misa do domingo, na catequese, nalgún grupo de apostolado,
buscando lugares de oración, fraternidade e caridade. Iso mesmo viviron os
beatos Cristóbal, Antonio e Juan, os nenos mártires de Tlaxcala, que coñecendo
a Xesús, en tempos da primeira evanxelización de México, descubriron que non
había tesouro máis grande ca el. Eran nenos como vós, e de vós podemos aprender
que non hai idade para amar e servir.
Quixera quedar máis tempo con vós, pero xa debo irme. Na
oración seguiremos xuntos. Invítovos, pois, a rezar continuamente, tamén na
casa; así experimentaréde-la alegría de falar con Deus en familia. Rezade por
todos, tamén por min. Eu rezarei por vós, para que México sexa un fogar no que
todos os seus fillos vivan con serenidade e harmonía. Bendízovos de corazón e
pídovos que levéde-lo cariño e a bendición do Papa aos vosos pais e irmáns, así
como aos vosos seres queridos. Que a Virxe os acompañe.
Moitas grazas, meus pequenos amigos.