DOMINGO XXXIII ORDINARIO
- CICLO A
Primeira Lectura
Prov 31, 10-13. 19-20. 30-31
LECTURA DO LIBRO DOS PROVERBIOS
Traballa gustosa coas súas mans
Unha
muller xeitosa quen a atopará?:
o seu valer supera o das perlas.
O seu
marido pon nela a confianza
e non lle han faltar ganancias;
procúralle felicidade, e non desgraza,
todos os días da súa vida.
Consegue
la e liño,
e traballa gustosa coas súas mans;
Bota as
mans á roca
e os seus dedos manexan o fuso.
Tende a
palma ao indixente
e achega as súas mans ao mendigo.
A graza
engana e a fermosura esvaece:
só a muller que teme o Señor merece ser loada.
Que falen
por ela as obras das súas mans,
e os seus feitos lle dean honra na praza!
Palabra do
Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 127, 1-2. 3. 4-5
R/. (cf. 1a): Ditosos todos os que temen o Señor.
Ditosos os que temen o Señor,
os que seguen os seus camiños.
Comerás do traballo das túas mans,
serás ditoso, serás afortunado.
A túa muller coma parra fecunda
no interior da túa casa;
os teus fillos coma gromos de oliveira
arredor da túa mesa.
Así será bendito
o home que teme o Señor.
Que o Señor te bendiga desde Sión,
que goces coa prosperidade de Xerusalén
todos os días da túa vida.
Segunda Lectura 1
Tes 5, 1-6
LECTURA DA 1ª CARTA DE SAN PAULO AOS TESALONICENSES
Que o día do Señor non vos sorprenda coma un ladrón
Irmáns:
Tocante ao
tempo preciso, irmáns, tampouco precisades que vos escriba, que vós mesmos
sabedes á perfección que o "Día do Señor" chegará coma o ladrón pola
noite.
Cando
anden dicindo: "paz e seguridade", daquela caerá de súpeto sobre eles
a desfeita, do mesmo xeito que lle veñen as dores á muller embarazada; e, de
certo, non han de escapar.
Pero vós,
irmáns, non estades nas tebras, para que ese día vos sorprenda coma o ladrón,
xa que todos vós sodes fillos da luz, fillos do día: non somos da noite nin das
tebras.
Polo
tanto, non adormezamos coma os outros; máis ben, esteamos vixiantes e
manteñamos o propio control.
Palabra do
Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Xn 15, 4a-
5b
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
Permanecede en min e eu en vós, di o Señor;
quen permanece en min da froito abondoso.
Aleluia.
Evanxeo Mt 25,
14-30
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Xa que fuches fiel no pouco, pasa a gozar da festa do teu
amo
Naquel tempo,
díxolles Xesús aos seus discípulos esta parábola:
- Un home
que ía saír de viaxe, chamou polos seus criados e entregoulles os seus bens. A
un deulle cinco talentos, a outro dous e a outro un; a cadaquén segundo a súa
capacidade. Despois marchou.
De
seguida, o que recibira cinco talentos foi negociar con eles e gañou outros
cinco; do mesmo xeito o que recibira dous, gañou outros dous. Pero o que
recibira un, foi cavar un burato na terra e escondeu o diñeiro do seu amo.
Ó cabo de moito tempo chegou o amo daqueles
criados, pedíndolles contas.
Achegouse
o que recibira cinco talentos e presentou outros cinco, dicindo: "Señor,
cinco talentos me entregaches; velaquí outros cinco que gañei".
Díxolle o
seu amo: "Moi ben, criado fiel e cumpridor. Xa que fuches fiel no pouco,
poñereite á fronte do moito. Pasa a gozar da festa do teu amo".
Achegouse
o que recibira dous talentos, e dixo: "Señor, dous talentos me
entregaches; velaquí outros dous que gañei".
Díxolle o
seu amo: "Moi ben, criado fiel e cumpridor. Xa que fuches fiel no pouco,
poñereite á fronte do moito. Pasa a gozar da festa do teu amo".
Achegouse
tamén o que recibira un talento, e dixo: "Señor, sei moi ben que es un
home duro, que seituras onde non sementaches e recolles onde non botaches.
Como collín medo, fun agachar na terra o teu talento; aquí tes o que é
teu".
Pero o seu
amo respondeulle: "Criado ruín e lacazán! Con que sabías que sego onde non
sementei e recollo onde non botei? Pois deberías ter o meu diñeiro posto no
banco, de modo que, ao volver eu, puidese recoller o que é meu, cos intereses.
Así que quitádelle o talento e dádello ao que ten dez: Porque ao que ten,
háselle dar e abondo; pero ao que non ten, aínda o que ten se lle ha quitar. E
ao criado inútil botádeo fóra á escuridade; alí haberá pranto e renxer de
dentes".
Palabra do
Señor R/.
Loámoste, Cristo