XX DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO - CICLO C
Primeira Lectura
Xer 38, 4-6. 8-10
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA XEREMÍAS
Fixéchesme varón de discordia en toda a terra (Xer 15, 10)
Naquel
tempo, as autoridades dixéronlle ao rei:
‑ Fágase morrer a este home, pois deste xeito está a afrouxar os ánimos
dos homes de guerra que quedan nesta cidade e os ánimos de todo o exército,
dicíndolles cousas coma estas. Certamente este home non está a buscar o
benestar para o p
obo, senón que está a buscar a súa desgraza.
O rei
Sedecías repúxolles:
‑ Aí o tendes no voso poder, pois o rei non pode nada contra vós.
Eles
colleron a Xeremías e botárono na cisterna de Malaquías, príncipe real que
estaba no patio da garda, baixando a Xeremías con cordas.
No pozo
non había auga, senón lama, e Xeremías enterrouse na lama.
Saíu
Ébed-Mélec do palacio real e faloulle ao rei nestes termos:
‑ Meu señor, meu rei, estes homes cometeron unha inxustiza con todo o
que lle fixeron a Xeremías, o profeta, e con botalo na cisterna; vai morrer
onde está por falta de pan, xa que non hai pan na cidade.
Entón o
rei deulle esta orde a Ébed-Mélec, o etíope:
‑ Colle ás túas ordes tres homes destes, e sube da cisterna o profeta
Xeremías, antes de que morra.
Palabra do
Señor
R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 39, 2. 3. 4. 18
R/. (14b): Dáte presa, Señor, en socorrerme.
Esperei arelante no Señor:
el volveu cara a min os seus ollos
e escoitou o meu lamento.
Subiume dun abismo de desgraza,
dunha poza lamacenta;
Asentou os meus pés sobre unha rocha
e asegurou os meus pasos.
Púxome na boca un cantar novo,
un himno de loanza ao noso Deus.
Moitos, ao velo, quedaron abraiados
e confiaron no Señor.
Eu son humilde e pobre,
pero o Señor coida de min.
Ti es o meu auxilio, o meu liberador;
meu Deus, non te demores!
Segunda Lectura
Heb 12, 1-4
LECTURA DA CARTA AOS HEBREOS
Corramos con aguante a carreira que temos por diante
Irmáns:
Xa que nos
vemos ateigados por unha tal morea de testemuñas, soltando todo o que nos
estorba e o pecado que nos abouxa, corramos con tenacidade a carreira que temos
por diante, fitos os ollos en Xesús, o primeiro guía e perfeccionador da nosa
fe.
El, sen
amedrentarse polas aldraxes, soportou a cruz por mor da ledicia que o agardaba
e está sentado á dereita do trono de Deus.
Fixádevos,
polo tanto, naquel que veu soportando tal oposición contra si mesmo de parte
dos pecadores, para que non esmoreza o voso ánimo.
Aínda non
resististes ata o sangue na vosa loita contra o pecado.
Palabra do
Señor
R/. Grazas a Deus
ALELUIA Xn 10, 27
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, Aleluia.
As miñas ovellas escoitan a miña voz, di o Señor;
e eu coñézoas e elas séguenme.
Aleluia.
Evanxeo Lc 12,
49-53
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Non vin traer paz, senón discordia
Naquel
tempo, díxolles Xesús aos seus discípulos:
- Lume vin traer á terra: e que máis
quería eu ca que xa estivese a arder! Hanme bautizar cun bautismo e xa me tarda
a hora de que se cumpra! Pensades que vin traer a paz á terra? Abofé que non:
vin traer división. Pois desde agora na casa onde haxa cinco, estarán divididos
tres contra dous e dous contra tres.
Estarán
enfrontados pai con fillo e fillo con pai, nai con filla e filla con nai, sogra
con nora e nora con sogra.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo