XV DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO CICLO B
Primeira Lectura
Am 7, 12-15
LECTURA DO LIBRO DE AMÓS
Vaite como profeta ao meu pobo
Naquel
tempo, díxolle Amasías (sacerdote de Bethel) a Amós:
-
"Vidente, vaite, fuxe para a terra de Xudá;
come alí o teu pan, fai alí de profeta,
mais en Betel non volvas profetizar
pois é santuario real, é templo nacional".
Respondeu
Amós e díxolle a Amasías:
-
"Nin eu son profeta, nin da caste dos profetas,
xa que son gandeiro e coidador de sicómoros,
mais foi o Señor quen me colleu de trala grea
e foi o Señor quen me dixo:
vai profetizar ao meu pobo Israel.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 84, 9ab-10. 11-12. 13-14
R/. (8): Amósanos, Señor, a túa misericordia e dános a
túa salvación.
Escoitarei o que di o noso Deus:
certamente o Señor fala de paz
para o seu pobo e os seus amigos.
A salvación está xa preto dos que o temen,
a gloria habitará na nosa terra.
A misericordia e a fidelidade atoparanse,
abrazaranse a xustiza e mais a paz.
Na terra xermolará a fidelidade,
a xustiza ollará desde o ceo.
O Señor ha dar o seus bens,
e a nosa terra vai dar os seus froitos.
A xustiza camiñará diante del,
e a salvación seguirá as súas pegadas.
Segunda Lectura
Ef 1, 3-14 (longa)
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS EFESIOS
Nel elixiunos antes da constitución do mundo
Bendito
sexa Deus, o Pai do noso Señor Xesús Cristo, que nos bendiciu con toda
bendición nos ceos, en Cristo.
Nel
escolleunos, antes da creación do mundo, para que fosemos santos e sen mancha
na súa presenza polo amor.
El
predestinounos a sermos seus fillos adoptivos, por medio de Xesús Cristo,
conforme o designio da súa vontade, para loanza da súa gloria e da súa graza,
que xenerosamente derramou sobre nós, por medio do seu Fillo benquerido.
Nel, no
seu sangue, alcanzamos a redención, o perdón dos pecados, conforme á riqueza da
súa graza, que el fixo rebordar sobre nós con toda sabedoría e intelixencia,
dándonos a coñecer o misterio da súa vontade, o proxecto que el tiña para o
realizar na plenitude dos tempos: unificar en Cristo todas as cousas, canto hai
no ceo e canto hai na terra.
Por El
tamén nós tivemos a sorte de resultar preelixidos segundo o designio daquel que
activa todo conforme o proxecto da súa vontade, para sermos imaxe da súa gloria
os que xa antes tiñamos a esperanza en Cristo.
Vós tamén,
despois de escoitardes a mensaxe da verdade, o Evanxeo da vosa salvación, e
crerdes nel, quedastes selados co Espírito Santo prometido, que é garantía da
nosa herdanza, para redención dos que chegamos a ser propiedade del, para loanza
da súa gloria.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Cf. Ef 1,
17-18
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Que o Pai do noso Señor Xesús Cristo
ilumine os ollos do noso corazón
para que saibamos cal é a esperanza da nosa vocación.
Aleluia.
Evanxeo Mc 6, 7-13
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Empezou a mandalos
Naquel
tempo, chamou Xesús os Doce, e empezou a mandalos de dous en dous, dándolles
poder sobre os espíritos malos.
Recomendoulles que non levasen nada para o camiño, fóra dun caxato: nin
pan, nin alforxas, nin cartos na faixa. Que calzasen sandalias, pero que non
levasen máis ca unha túnica. E avisounos:
‑ Cando entredes nunha casa, permanecede nela ata que marchedes. Se
nalgún lugar non vos acolleren nin vos escoitaren, ídevos, sacudindo o po dos
vosos pés, para que lles sirva de aviso.
Marcharon,
e predicaron a conversión. Botaban fóra moitos demoños, e curaban os enfermos,
unxíndoos con aceite.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo