lunes, 28 de enero de 2013

A IGREXA NO MUNDO ACTUAL


No catolicismo moderno (previo ao Concilio) condenouse a modernidade a nome dunhas concepcións absolutas. Unha das obxeccións (de inspiración evanxélica ou bíblica) a este enfoque "dende arriba" é que doadamente coincide coa actitude dos fariseos. Os fariseos críanse en posesión da verdade e da virtude e dende esa posición xulgaban os contemporáneos, como aos publicanos pecadores. Xesús rexeitou esa posición farisaica. Comía e compartía cos publicanos, para atraelos á Verdade. Achegarse á Verdade é recoñecer a propia miseria e a propia ignorancia e a propia dúbida. Un cristián séntese solidario co publicano, é dicir, cos contemporáneos. Xesús non veu a xulgar, e denunciou os fariseos.

Aínda os hai que consideran que o Concilio Vaticano II se equivocou totalmente, mentres continúan invocando uns conceptos absolutos para condenar a modernidade e ao Concilio, na medida con que se contaminou de modernidade, segundo eles. Pero é que o obxectivo primeiro do Concilio, como neste documento («Gaudium et Spes») é o diálogo co mundo contemporáneo, non a condena da modernidade.

Que se adoptase unha actitude de diálogo non implica a aprobación da modernidade. O mesmo pode dicirse do ecumenismo. Que un dialogue co pecador non significa que un aproba do seu pecado; un aproba da súa persoa e da súa posibilidade de santidade. Por iso Xesús comía e compartía con pecadores. Ademais, quen son nós para saber a quen é ou non realmente pecador. Unha vez máis, pensarse xusto e dende esa idea xulgar os demais era o que facían os fariseos.
Na época preconciliar o punto de partida no trato cos protestantes, por exemplo, era o de condena. Por contraste, na actitude de diálogo postconciliar vemos protestantes e católicos vémonos como irmáns, como irmáns separados, na medida con que profesamos a mesma fe No noso Salvador. Pero iso non significa que esquezamos as nosas diferenzas. Simplemente resaltamos aquilo en que coincidimos e estamos dispostos a recoñecer as verdades que eles nos mostran, tanto como as verdades que nós lles mostramos. Os irmáns non necesitan estar de acordo en todo o que pensan para ser irmáns e para vivir como irmáns. De aí o escándalo da separación entre as Igrexas.

Na loita contra os erros do modernismo (ou os de calquera outra herexía) os clérigos do Vaticano non distinguiron entre as ideas e as persoas. Non se combaten as ideas combatendo as persoas. As ideas combátense con outras ideas, con razoamentos. Non ten sentido perseguir as persoas porque estean equivocados.

No diálogo co mundo actual, como o vemos no documento, asúmese que o que os seres humanos lograron de xeito natural é unha preparación para o encontro con Deus (§57). Así, nada do "laico" ha de rexeitarse. Todo é parte do camiño cara a Deus. É que o que os seres humanos traballan con entusiasmo deriva tamén da súa necesidade de Deus, posta por Deus mesmo no seu corazón.
Para que se dea o diálogo teñen que haber puntos específicos de intercambio. A Igrexa polo tanto busca os puntos de coincidencia que interesan tanto aos modernos, coma á Igrexa mesma. Eses temas son os que máis preocupan aos humanos na nosa época e por forza teñen que ser os que tamén preocupen á Igrexa. Pode que a Igrexa ignorase algúns deses puntos no pasado, ou non os entendese axeitadamente, como no exemplo da democracia vista como unha "cultura de masas", dende unha perspectiva aristocrática que os eclesiásticos conservaron.

Pero a partir dese momento en que se redactou e aprobou o documento, a Igrexa comprometeuse a estar máis atenta a eses temas. A Igrexa saíu do seu ensimesmamento e preocupación consigo mesma para atender o que verdadeiramente é a súa misión, a comprensión do que está ao seu arredor para entón poder predicar o evanxeo máis axeitadamente.