III DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO - CICLO A
Primeira Lectura
Is 8, 23b - 9, 3
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
O pobo viu unha gran luz na Galilea dos xentís
Así como
nun primeiro momento o Señor humillou o país de Zebulón e o país de Naftalí,
así no derradeiro glorificará o camiño do mar, a rexión do
Xordán, a bisbarra dos xentís.
O pobo,
que camiñaba na escuridade, viu unha gran luz.
Unha luz brillou sobre os que habitaban no país das sombras
da Morte.
Multiplicaches o xúbilo, fixeches grande a ledicia.
Alegráronse coa túa presenza, como coa alegría da seitura,
o mesmo que saltarán de xúbilo ao repartiren o botín.
Velaí o xugo da súa carga e o varal do seu
ombreiro
- o bastón de quen o oprime ‑: rompíchelos coma o día de Madián.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 26, 1 . 4. 13-14
R/. (1a): O Señor é a miña luz e salvación.
O Señor é a miña luz e salvación,
a quen hei de temer?
O Señor é a protección da miña vida,
diante de quen hei tremer?
Unha cousa lle pido ao Señor,
unha soa eu procuro:
habitar na casa do Señor
todos os días da miña vida,
para gozar da dozura do Señor,
e contemplar o seu templo.
Eu espero gozar da bondade do Señor
na terra da vida.
Espera no Señor, procede coma un valente,
ten corazón forte, espera no Señor.
Segunda Lectura 1
Cor 1, 10-13. 17
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS
CORINTIOS
Que vos poñades todos de acordo e que non haxa divisións
entre vós
Irmáns:
Polo nome
do noso Señor Xesús Cristo rógovos que vos poñades todos de acordo e que non
haxa divisións entre vós; ao contrario, axeitádevos todos nun mesmo espírito e
nun mesmo pensamento.
Porque,
irmáns, cheguei a saber polos de Cloe que hai discordias entre vós. Refírome a
que cada un de vós anda a dicir: "eu son de Paulo, eu de Apolo, eu de
Cefas, eu de Cristo".
Pero é que
Cristo está dividido? É que foi Paulo a quen crucificaron por vós? Ou é Paulo o
nome no que vos bautizaron?
A min non
me mandou Cristo a bautizar, senón a predicar o Evanxeo; e isto sen habilidades
retóricas, para que non quede desvirtuada a eficacia da cruz de Cristo.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Cf. Mt 4,
23
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
Xesús predicaba o Evanxeo do Reino
e curaba todas as enfermidades do pobo.
Aleluia.
Evanxeo Mt 4,
12-23
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Veuse a Cafarnaúm para que se cumprise o que dixera Isaías
Cando
soubo Xesús que encadearan a Xoán, retirouse a Galilea. Deixando Nazaret, foise
establecer en Cafarnaúm, na beira do mar, en terras
de Zebulón e Naftalí, para
que se cumprise o dito polo profeta Isaías:
camiño do mar na outra ribeira do Xordán.
Galilea dos pagáns.
O pobo que xacía na escuridade
viu unha gran luz:
Para os que habitaban no escuro país da morte
brillou unha alborada.
‑ Arrepentídevos, que o Reino dos
Ceos xa está aí.
Camiñando
Xesús pola ribeira do mar de Galilea, viu a dous irmáns: Simón, tamén chamado
Pedro, e seu irmán Andrés, que estaban largando a rede no mar, pois eran
pescadores. Díxolles:
‑ Vinde comigo e fareivos pescadores
de homes.
Eles
deixaron de contado as redes, e seguírono.
Máis
adiante, atopou outros dous irmáns: Santiago e mais Xoán, fillos de Zebedeo,
que estaban co seu pai na barca arranxando as súas redes, e tamén os chamou.
Eles coa
mesma deixaron a barca e mais a seu pai e seguírono.
Xesús
percorría a Galilea enteira ensinando nas sinagogas e anunciando a Boa Nova do
Reino, curando canta doenza padecía o pobo.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo