XI DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO - CICLO C
Primeira Lectura 2
Sam 12, 7-10. 13
LECTURA DO LIBRO SEGUNDO DE SAMUEL
Deus non tivo en conta o teu pecado: non morrerás
Naqueles
días, Natán díxolle a David:
‑"Ti es ese home.
E isto di o Señor, Deus de Israel:
Eu unxinte
por rei de Israel
e libreite das mans de Saúl.
Entregueiche a casa do teu señor
e puxen as súas mulleres nos teus brazos.
Fíxente
dono de Israel e de Xudá
e, por se fose pouco,
deiche aínda outras cousas.
Por que,
logo, desprezar a palabra do Señor,
facendo o que el reproba?
Mataches
coa espada a Urías, o hitita,
para casares coa súa muller.
Matáchelo
coa espada dos amonitas.
Agora a espada non se afastará da túa casa.
Visto que
ti me desprezaches,
tomando para ti a muller de Urías, o hitita.
David
díxolle a Natán:
‑ "Pequei contra o Señor!"
E Natán
díxolle:
‑ "O Señor perdoa o teu pecado e non morrerás.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 31, 1-2. 5. 7. 11
R/. (cf. 5c): Perdoa, Señor, a culpa do meu pecado.
Ditoso aquel a quen lle foi perdoada a súa culpa,
a quen lle foi enterrado o seu pecado.
Ditoso aquel a quen o Señor
non lle ten en conta o delito,
o que non leva fraude no seu espírito.
Confeseiche o meu pecado,
non che escondín o meu delito;
Dixen: "Vou confesar a miña culpa ao Señor",
e ti perdoáchesme a culpa e o pecado.
Ti es o meu amparo: gárdasme dos perigos
e cínguesme co gozo do rescate.
Alegrádevos no Señor e reloucade os xustos,
aclamádeo todos os rectos de corazón.
Segunda Lectura
Gal 2, 16.19-21
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS GÁLATAS
Vivo, xa non eu; vive en min Cristo
Irmáns:
Como
sabemos moi ben sabido que ninguén se xustifica polas obras da Lei senón pola
fe en Xesús Cristo, chegámonos tamén nós a crer en Cristo Xesús, para sermos
xustificados pola fe en Cristo e non polas obras da Lei, porque polas obras da
Lei non se vai xustificar ninguén.
Porque
precisamente pola Lei morrín á Lei, a fin de vivir para Deus. Fiquei
crucificado con Cristo e vivo: mais xa non vivo eu; é Cristo quen vive dentro
de min.
E aínda
que agora vivo unha vida mortal, vivo na fe do Fillo de Deus, que me amou e que
se deu en sacrificio por min.
Eu non
boto a perder a graza de Deus. Pero, iso si, se a xustificación nos viñese da
Lei, Cristo tería morto para nada.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA 1 Xn 4,
10b
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Deus amounos e mandou o seu Fillo
para que expiase os nosos pecados.
Aleluia.
Evanxeo Lc 7, 36
-- 8, 3
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Perdoáronselle moitos pecados porque amou moito
Naquel
tempo, un fariseo convidou a comer a Xesús; e Xesús entrou na casa del e púxose
á mesa. Unha muller, coñecida como pecadora na vila, sabedora de que estaba
alí, levou un frasco de alabastro con perfume de mirra, botouse por detrás aos
pés del chorando, e comezou a regarllos coas bágoas; secáballos cos cabelos da
súa cabeza e bicáballos mentres llos unxía co perfume.
Vendo
aquilo, o fariseo que o convidara dixo p
ara si:
‑ Se este fose un profeta coñecería quen é, e que caste de
muller é a que o está a tocar, unha pecadora.
Xesús
tomou a palabra e díxolle:
‑ Simón, teño algo que che dicir.
El
contestou:
‑ Pois dío, Mestre.
‑ Un prestamista tiña dous debedores; un debíalle cincocentos
denarios, e o outro cincuenta. Como non tiñan con que lle pagar, perdooulles
aos dous. Ora, quen deles o amará máis?
Respondeulle Simón:
‑ Supoño que aquel a quen máis lle perdoou.
El
contestou:
‑ Ben dito.
E
volvéndose cara á muller, díxolle a Simón:
‑ Ti ves esta muller? Entrei na túa casa, e non me deches auga para os
pés, pero ela regoumos coas súas bágoas e secoumos cos seus cabelos. Non me
deches o bico, pero ela desde que entrou non parou de me bicar os pés.
Non me unxiches a cabeza con aceite, pero ela unxiume os pés con perfume. Por
iso dígoche: moitos pecados se lle perdoaron, cando mostra tanto amor; a quen
pouco se lle perdoa, pouco amor mostra.
E díxolle a ela:
‑ Os teus pecados están perdoados.
Entón os
demais convidados empezaron a comentar entre eles:
‑ Quen é este, que mesmo pretende perdoar os pecados?
Pero el
díxolle á muller:
‑ Salvoute a
túa fe, vai en paz.
Despois
disto púxose a percorrer vilas e aldeas, predicando e anunciando a Boa Nova do
Reino de Deus. Ían con el os Doce e mais algunhas mulleres que el curara de
doenzas e de malos espíritos: María, chamada a Madalena, curada de sete demos,
Xoana, a muller de Cusa, administrador de Herodes, Susana e outras moitas que o
servían cos seus bens.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo