Cando falamos de
Deus, temos que ter sempre en conta dúas palabras que son as que mellor
expresan e mostran o que queremos dicir: amor e perdón. Si, porque Deus é amor.
Amor que acolle, acompaña, aloumiña, escoita, alenta e se preocupa... Nada que
ver co concepto de amor ao que tantas veces nos referimos hoxe. Deus non se
identifica coa paixón física, senón que o seu amor di referencia sempre a
termar e preocuparse pola persoa. El é quen, desde e por amor, envía o seu
Fillo para que a plenitude deste amor se converta en entrega xenerosa de
coherencia e doazón. Por iso a cruz, para nós, cristiáns, e para os que sen
selo queiran comprender o seu significado, non é un espectáculo de morte e
fracaso, senón entrega e triunfo; é resurrección e mais vida. Desde estas
claves é desde onde temos que entender que queremos dicir ao empregar a
expresión “Deus é amor“.
Unha segunda
palabra que nos axuda a entender e identificar a Deus como presenza na nosa
vida é a de perdón. E cando dicimos perdón, buscamos expresar unha actitude de
achegamento ao irmán, a capacidade e o esforzo de non deixar que a xenreira, o
odio ou as ansias de vinganza aniñen no corazón. Como somos humanos, moitas
veces nin o entendemos nin somos capaces de deixar atrás eses episodios, esas
situacións nas que nos sentimos feridos polo que nos fixo alguén. Porén, Deus
non actúa así. Porque é amor, o perdón é a actitude que pon de manifesto que,
para El, o rancor non é camiño que renove e humanice á persoa, senón que o
camiño pasa por dar novas oportu
nidades; El non mira nunca para o atrás da nosa
vida, para o que xa pasou, senón que nos abre camiños de futuro e esperanza.
Por iso a misericordia e o perdón se van abrindo paso sempre no actuar do seu
Fillo.
Que a misericordia
de Deus aniñe en nós cada día para poder ir tecendo, alí onde esteamos,
cobertores de solidariedade, amor e misericordia que poñan sempre de manifesto
que somos dignos seguidores do Mestre; quen non condenaba, senón que perdoaba e
acollía... tamén ás mulleres, porque non facía distincións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario