DOMINGO III DE CORESMA
- CICLO A
Primeira Lectura
Ex 17, 3-7
LECTURA DO LIBRO DO ÉXODO
Dános auga para beber
Naqueles días, o
pobo padecía a sede e murmuraba contra Moisés pola falta de auga:
‑ Por que nos sacaches de Exipto, para facernos morrer de sede, a nós,
aos nosos fillos e á nosa habenza?
Moisés clamou
entón cara ao Señor:
‑ Que podo facer con esta xente? Acabarán por acantazarme.
O Señor
respondeulle:
‑ Pasa diante do pobo, toma contigo algúns dos anciáns de Israel, leva
na man a caxata coa que golpeaches o Nilo e camiña. Eu presentareime diante
túa, sobre a rocha, alá no Horeb. Ti golpearás a rocha, e dela sairá
auga para que o pobo beba.
Moisés fíxoo así,
á vista dos anciáns de Israel.
Chamáronlle a
aquel lugar Masah e Meribah, porque os israelitas contenderon co Señor e
puxérono a proba, preguntando: "Está o Señor connosco ou non?".
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 94, 1-2. 6-7. 8-9
R/. (8): Oxalá
escoitedes hoxe a voz do Señor!
Non
endurezades os vosos corazóns.
Vinde, cantémoslle ao Señor,
Aclamemos a nosa Rocha salvadora;
acheguémonos á súa presenza dándolle grazas,
aclamémolo con cancións.
Vinde, adorémolo prostrados,
axeonllémonos perante o Señor, que nos creou,
pois el é o noso Deus,
e nós somos o seu pobo, o rabaño que el guía.
Oxalá escoitedes hoxe a súa voz:
non endurezades os vosos corazóns, coma en Meribah,
coma o día de Masah, no deserto,
onde os vosos pais me tentaron:
provocáronme, por máis que tiñan visto os meus feitos.
Segunda Lectura Rm
5, 1-2. 5-8
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS ROMANOS
O Amor derramouse en nós polo Espírito que se nos deu
Irmáns:
Xustificados pola fe, estamos en paz con Deus, por medio do noso Señor
Xesús Cristo. Por El temos tamén acceso na fe a esta graza na que nos mantemos;
e nos sentimos ledos pola esperanza de acadar a gloria de Deus.
E a
esperanza non falla, porque o amor de Deus verteuse nos nosos corazóns mediante
o Espírito Santo, que se nos deu.
Pois xa
cando nós estabamos aínda, no tempo preciso, Cristo morreu polos impíos. Non é
doado que alguén morra por un home xusto (aínda que por un home bo aínda haxa
alguén que estea disposto a morrer); pero Deus demostrounos o seu amor no feito
de que, sendo aínda pecadores, Cristo
morreu por nós.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
VERSÍCULO Cf. Xn
4, 42. 15
Señor, verdadeiramente ti es o Salvador do mundo;
dáme auga viva, para que non teña máis sede.
Evanxeo Xn 4,
5-42
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Manancial de auga que salta ata a vida eterna
Naquel
tempo, chegou Xesús a unha cidade da Samaria chamada Sicar, preto do terreo que
lle deixara Xacob a seu fillo Xosé. Estaba alí o
pozo de Xacob. E Xesús, canso
do camiño, sentou onda o pozo. Era preto das doce da mañá. Chegou unha muller da
Samaria sacar auga. E Xesús díxolle:
‑ Dáme de beber.
(Os seus
discípulos foran á vila, mercar comida).
Preguntoulle entón a muller samaritana:
‑ Como é que ti, sendo xudeu, me pides a min, muller samaritana,
que che dea de beber? (Porque os xudeus non se levan cos samaritanos).
Respondeulle Xesús:

Replicoulle a muller:
‑ Señor, se ti nin sequera tes caldeiro e o pozo é fondo, de onde
pensas quitar esa auga viva? Seica es ti máis có noso pai Xacob, quen nos deu
este pozo, do que beberon el, seus fillos e mailo seu gando?
Xesús
contestoulle:
‑ Todo o que bebe desta auga terá sede outra vez; pero o que beba da
auga que eu lle darei, nunca máis terá sede: a auga que eu lle darei,
converterase dentro del nunha fonte que saltará ata a vida eterna.
A muller
suplicou:
‑ Señor,
dáme, logo, desa auga para non ter sede nin ter que vir aquí por ela.
Díxolle
Xesús:
‑ Vai chamar polo teu marido e volve aquí.
A muller
contestou:
‑ Non teño marido.
Xesús
díxolle:
‑ Falaches ben, dicindo "non teño marido"; tiveches cinco
homes e o que tes agora non é teu marido. Desta si que falaches a verdade.
A muller
respondeu:
‑ Señor, vexo que ti es profeta. Os nosos pais adoraron neste monte
e vós dicides que é en Xerusalén onde hai que adorar a Deus.
Xesús
díxolle:
‑ Faime caso, muller: chega a hora en que nin neste monte nin en
Xerusalén adoraredes o Pai. Vós adorades o que non coñecedes; nós adoramos o
que coñecemos, pois a salvación vén dos xudeus. Pero chega a hora ‑ e velaí ‑ en que os
verdadeiros adoradores adorarán o Pai en espírito e verdade, pois eses son os
adoradores que procura o Pai. Deus é espírito e cómpre que os que o adoran, o
adoren en espírito e verdade.
Respondeu
a muller:
‑ Sei que está para vir o Mesías, o chamado Cristo. Cando el veña,
hanos clarexar todas as cousas.
Díxolle
Xesús:
‑ Son eu, o que está falando contigo.
Nisto
chegaron os seus discípulos e chamoulles a atención que falase cunha muller.
Pero ningún lle preguntou: "Que pretendes?" ou "De que falas con
esa?"
Entón,
deixando a muller o seu cántaro, foi á vila e díxolles aos veciños:
‑ Vide ver
un home que me dixo todo canto eu fixen. Non será el o Mesías?
Eles
saíron da vila e viñeron onda el.
Mentres,
os seus discípulos insistíanlle:
‑ Rabbí, come.
Mais el
díxolles:
‑ Eu teño
para xantar unha comida que vós non matinades.
Dicíanse
entón os discípulos, uns aos outros:
‑ Traeríalle alguén de comer?
Xesús
díxolles:
‑ A miña comida é facer a
vontade daquel que me mandou e levar ao remate a súa obra. Non
dicides vós que aínda faltan catro meses para que chegue a seitura? Ben, pois
mirade o que vos digo: erguede os vosos ollos e veredes que os campos están
brancos para a seitura. O que sega recibe a paga e recolle froito para a vida
eterna, de xeito que se alegra tanto quen sementa coma quen sega. Pois nisto é
verdadeiro o dito de que un é quen sementa e outro quen recolle. Eu mandeivos
recoller o que vós non traballastes: outros traballaron e vós recollestes o
froito do seu traballo.
Moitos
samaritanos daquela vila creron nel, pola palabra da muller, que declaraba:
"díxome todo canto eu fixen". Por iso os samaritanos chegados onda
el, rogábanlle que quedase con eles; e quedou alí dous días. E creron aínda
moitos máis polo que el lles dixo. Dicíanlle despois á muller:
‑ Xa non cremos polo que ti nos contaches: nós mesmos o escoitamos e
sabemos que este é de verdade o Salvador do mundo.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo