I
DOMINGO DE ADVENTO - CICLO C
Primeira
Lectura Xer 33, 14-16
LECTURA DO
LIBRO DO PROFETA XEREMÍAS
Farei abrollar na
casa de David un xermolo de xustiza
Velaquí os días
-é o Señor quen fala-
nos que cumprirei
a promesa
que lles fixen á
casa de Israel e á casa de Xudá.
Nos días aqueles
e no intre aquel
farei abrollar de
David un xermolo lexítimo,
que practicará o
dereito e a xustiza no país.
Nos días aqueles
salvarase Xudá,
e Xerusalén
descansará na seguridade,
e este lugar
chamarase: "Señor, nosa xustiza!".
Palabra
do
Señor
R/ Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL
Sal 24, 4bc-5ab. 8-9. 10 e 14
R/. (1b): A
Ti, Señor, elevo a miña alma.
Amósame, Señor,
os teus camiños,
ensíname os teus
sendeiros,
diríxeme na túa
verdade, apréndeme,
que ti es o meu
Deus salvador.
O Señor é bo e
recto:
por iso lles
ensina o camiño aos pecadores;
El dirixe na
xustiza os humildes,
e amósalles o seu
camiño aos pobres.
Os camiños do
Señor son todos misericordia e lealdade,
para os que
gardan a súa alianza e os seus preceptos.
É grande a
confianza do Señor cos que o temen,
e maniféstalles a
súa alianza.
Segunda
Lectura 1 Tes 3, 12 -- 4, 2
LECTURA DA 1ª
CARTA DO APÓSTOLO S.PAULO AOS TESALONICENSES
Que o Señor afinque os vosos corazóns cando veña o Cristo
Irmáns:
Que o Señor vos faga medrar no amor duns cos outros e con todos, ata rebordar,
como nos pasa a nós respecto de vós. Que El afinque os vosos corazóns nunha
santidade sen falla diante de Deus, noso Pai, cando veña o noso Señor Xesús con
todos os seus santos.
Polo demais, irmáns, pedímosvos con insistencia como cristiáns que, xa que aprendestes
de nós como cómpre andar para contentar o Señor, que sigades así e que
progresedes aínda máis.
Porque ben sabedes que instrucións vos temos dado de parte do Señor Xesús.
Palabra
do
Señor
R/ Grazas a Deus
ALELUIA Sal 84, 8
Se non se canta,
pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Amósanos, Señor,
a túa misericordia,
e dános a túa
salvación.
Aleluia.
Evanxeo
Lc 21, 25-28. 34-36
LECTURA DO
SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Está a chegar xa
a vosa salvación
Naquel tempo,
díxolles Xesús aos seus discípulos:
- Haberá sinais
no sol, na lúa e nas estrelas; e na terra as nacións tremerán coa angustia
diante do bruar do mar e das ondas; os homes morrerán cheos de medo e de
desacougo, polo que virá enriba do mundo, pois mesmo os astros abalarán. Entón
verán o Fillo do Home vir sobre unha nube con grande poder e gloria.
Pero cando empece
a suceder todo isto, poñédevos de pé e erguede ben a cabeza, porque chega o día
da vosa liberación.
Tende conta de
vós mesmos; non sexa que vos atordedes na borracheira, na libertinaxe e nas
preocupacións da vida, e de súpeto caia sobre vós aquel día; porque caerá como
un lazo sobre todos os que habitan a terra. Vós vixiade sempre, e pregade para
que poidades escapar de todo o que está por vir, e comparecer así seguros
diante do Fillo do Home.
Palabra do
Señor
R/. Loámoste, Cristo