Co anuncio
recente da canonización da Nai Teresa [será o 4 de setembro], convén lembrar
algunhas das súas exhortacións máis inspiradoras (e retadoras).
2) A maior
enfermidade de Occidente hoxe non é a tuberculose ou a lepra; é non ser
querido, non ser amado e que ninguén se preocupe por ti. Podemos curar as
enfermidades físicas co medicamento, pero a única cura para a soidade, a
desesperación e a falta de esperanza é o amor. Hai moitos no mundo que morren
por un anaco de pan, pero hai moitos máis que morren por un pouco de amor. A
pobreza de Occidente é un tipo distinto de pobreza - non é só unha pobreza de
soidade, senón tamén de espiritualidade. Hai unha fame de amor así como hai
fame de Deus (Camiño de sinxeleza).
3) Cal é o meu
pensamento? Eu vexo a Xesús en cada ser humano. Dígome: este é Xesús famento,
teño que darlle para comer. Este é Xesús enfermo. Este ten lepra ou gangrena;
teño que lavarlle e atenderlle. Eu sirvo porque amo a Xesús.
4) Sede amables
cos demais nos vosos fogares. Sede amables cos que vos rodean. Prefiro que
cometades erros na amabilidade antes que facer milagres con crueldade. A miúdo
basta unha palabra, unha mirada, un xesto, e a escuridade enche o corazón dos
que amamos (A alegría de amar).
5) Rezo para que
entendas as palabras de Xesús, “Amádevos uns a outros como eu vos amei”.
Pregúntate: ¿Como me amou El a min? ¿De verdade amo da mesma forma aos demais?
Ata que este amor non estea en nós, podemos matarnos a traballar e será só
traballo, non amor. O traballo sen amor é escravitude (Ven, sé a miña luz).
6) Un sacrificio,
para ser verdadeiro, ten que custar, ten que doer, ten que baleirarnos de nós
mesmos. O froito do silencio é a oración, o froito da oración é a fe, o froito
da fe é o amor, o froito do amor é o servizo, o froito do servizo é a paz.
7) Buscar o
rostro de Deus en todo, en todas as persoas, en todo momento, e a súa man en
todo acontecemento; isto é o que significa ser contemplativo no corazón do
mundo. Ver e adorar a presenza de Xesús, especialmente na humilde aparencia do
pan, e na angustiosa forma dos pobres (No corazón do mundo).
8) O que ti fas
eu non podo facelo, e o que eu fago ti non podes facelo, pero xuntos estamos a
facer algo fermoso para Deus, e esa é a grandeza de Deus por nós - darnos a
oportunidade de ser santos a través das obras do amor que realizamos, porque a
santidade non é o luxo duns poucos. É unha tarefa sinxela para ti, para min - o
teu no teu lugar, no teu traballo, e eu e os demais, cada un de nós, no
traballo, na vida é onde prometemos honrar a Deus… Ti debes levar o teu amor
por Deus á vida (Onde hai amor está Deus).
9) Cando un pobre
morre de fame, non sucedeu porque a Deus non lle importe el ou ela. Sucede
porque nin ti nin eu demos a esa persoa o que necesitaba.