XV DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO - CICLO C
LECTURA DO LIBRO DO DEUTERONOMIO
A palabra está cerca de ti para a cumprires
Faloulle Moisés
ao pobo e díxolle:
‑ Escoita a voz do Señor, o teu Deus, gardando os seus mandamentos e os
seus preceptos, o escrito no libro desta lei.
Convértete ao
Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón e con toda a túa alma.
Esta lei, que eu
che prescribo hoxe, non está posta por enriba de ti nin tampouco lonxe de ti.
Non está enriba, no ceo, para poderes dicir: Quen su
birá por nós ata o ceo e
nola collerá e nola fará escoitar para que nós a cumpramos?
Tampouco
está lonxe, da outra banda do mar, para poderes dicir: Quen cruzará por nós ao
outro lado do mar e nola collerá e nola fará escoitar para que nós a cumpramos?
Ó
contrario, a palabra está moi cerca de ti, na túa boca e no teu corazón, para a
cumprires.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 68, 14 e 17. 30-31. 33-34. 36ab e 37
R/. (cf. 33): Humildes, buscade o Señor, e vivirá o voso
corazón
Eu, Señor, suplico cara a ti,
na hora, meu Deus, do teu favor.
Pola túa moita bondade,
respóndeme, pois ti es o socorro verdadeiro.
Respóndeme, Señor, conforme ao teu amor,
pola túa misericordia, vólvete a min.
Mais a min, pobre e doente,
érgueme, Deus, co teu socorro.
Loarei a Deus con cantos,
gabareino con acción de grazas.
Olládeo, humildes, e alegrádevos,
avivecede o corazón os que buscades o Señor,
pois o Señor escoita os humildes,
non despreza os seus na cadea.
Abofé, salvará Deus a Sión:
recomporá as vilas de Xudá.
Herdaranas os fillos dos seus servos,
habitaranas os que aman o seu nome.
Ou: Sal 18, 8. 9. 10.
11
R/. (9a): Os mandatos do Señor son rectos: aledan o
corazón.
A lei do Señor é perfecta:
reconforta a alma;
a declaración do Señor é firme:
fai sabio ao inxenuo.
Os mandatos do Señor son rectos:
aledan o corazón;
o precepto do Señor é limpo:
ilumina os ollos.
A vontade do Señor é pura:
permanece por sempre;
as decisións do Señor son verdadeiras:
enteiramente xustas.
Son máis cobizables có ouro,
máis có metal precioso;
son máis doces có mel,
máis có zume da antera.
Segunda Lectura
Col 1, 15-20
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS COLOSENSES
Por El e para El foron creadas todas as cousas
Cristo
Xesús é imaxe do Deus invisible,
o primoxénito de toda criatura,
e por medio del fixéronse as cousas:
as da terra e tamén as do ceo,
as vistas cos ollos e as por eles non vistas;
señoríos sexan ou ben dominacións,
sexan principados, tamén potestades;
el é modelo e fin do universo creado.
Antes ca
todo está el
e todo nel se cimenta aínda hoxe.
É tamén a
cabeza do corpo
‑o corpo é a Igrexa ‑.
El é o
principio,
o primoxénito de entre os mortos,
de xeito que en todo sexa sempre o primeiro.
Porque nel
quixo Deus habitar
coa súa total plenitude:
reconciliar así o universo consigo, por el;
e no sangue da cruz poñer paz
entre os seres da terra e do ceo, servíndose del.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Cf. Xn 6,
63c. 68c
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
As túas palabras, Señor, son espírito e vida;
ti tes palabras de vida eterna.
Aleluia.
Evanxeo Lc 10,
25-37
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Quen é o meu próximo?
Naquel
tempo, ergueuse cert
o xurista e preguntoulle a Xesús para o poñer á proba:
‑ Mestre, que teño que facer para herdar a vida eterna?
El
respondeulle:
‑ Que pon a Lei? Que les?
Contestou:
‑ Amarás o Señor teu Deus con todo o teu corazón, con toda a túa alma,
toda a túa forza e con todo o teu entendemento, e o próximo coma a ti mesmo.
El
díxolle:
‑ Contestaches perfectamente; cúmpreo e vivirás.
Pero o
xurista, querendo xustificarse, preguntoulle a Xesús:
‑ E quen é o meu próximo?
Xesús
replicou:
‑ Dunha vez un home baixaba de Xerusalén a Iericó, e asaltárono uns
bandidos, que, despois de o roubaren e bouraren nel, deixárono medio
morto. Cadrou a baixar polo mesmo camiño un sacerdote, que, ao velo, deu un
rodeo e pasou de largo. Igual fixo un clérigo que pasaba por alí: ao chegar e
velo, deu un rodeo.
Pero un
samaritano, que ía de camiño polo mesmo lugar, ao velo, sentiu mágoa; e
achegándose a el, curoulle as feridas con aceite e viño e vendoullas. Logo,
montouno na súa cabalgadura, levouno a unha pousada e coidouno.
Ó outro
día colleu dous denarios, deullos ao pousadeiro, e díxolle: "Coida del, e
cando volva xa che pagarei o que gastes de máis".
‑ Quen dos tres che parece que foi próximo do que caeu nas mans dos
bandidos?
El
respondeu:
‑ O que practicou a misericordia con el.
Díxolle Xesús:
‑ Pois ti vai e fai outro tanto.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo