XXXIV DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO
FESTA DE CRISTO REI
Primeira Lectura 2
Sam 5, 1-3
LECTURA DO LIBRO SEGUNDO DE SAMUEL
Unxiron a David como rei para Israel
Naqueles
días, todas as tribos de Israel foron a Hebrón, xunto de David, para dicirlle:
‑ "Aquí nos tes. Nós somos do
teu mesmo sangue. Xa de antes, cando Saúl reinaba sobre nós, eras ti quen
conducía a Israel e o Señor tíñache dito: ti pastarás o meu pobo Israel, ti
serás o seu xefe".
Os anciáns
de Israel presentáronse, pois, onda o rei en Hebrón. O rei David fixo un pacto
alí con eles, diante do Señor, e eles unxiron a David por rei de Israel.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 121, 1-2. 4-5
R/. (cf. 1): Imos alegres para a casa do Señor.
Moito me alegrei cando me dixeron:
"imos ir á casa do Señor".
Xa están os nosos pés
ás túas portas, Xerusalén.
Alá soben as tribos, as tribos do Señor,
conforme o costume de Israel,
a festexar o nome do Señor.
Alí están os tribunais de xustiza,
os tribunais da casa de David.
Segunda Lectura Col
1, 12-20
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS COLOSENSES
Pasounos ao reino de seu Fillo benquerido
Irmáns:
Deámoslle
grazas a Deus Pai que vos fixo merecentes de participar na herdade dos santos,
na luz.
El
librounos do dominio das tebras para nos pasar ao Reino de seu Fillo
benquerido, en quen alcanzamos a
redención polo seu sangue, o perdón dos pecados.
El é a
imaxe do Deus invisible, o primoxénito de toda criatura, pois nel foron creadas
todas as cousas, as do ceo e tamén as da terra, as visibles e as que non se
ven: maxestades, señoríos, principados e potestades.
Todo foi creado por el e para el, el é
anterior a todo e todo ten nel o alicerce.
El é tamén
a cabeza do corpo: a da Igrexa. El é o principio, o primoxénito de entre os
mortos, por ser el en todo o primeiro.
Porque nel
quixo Deus que habitase a total plenitude, e por el quixo reconciliar o
universo consigo, o que hai na terra e o que hai no ceo, poñéndoos en paz, polo
sangue da súa cruz.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Mc 11, 9.
10
Aleluia, aleluia.
Bendito o que vén no nome do Señor!
Bendito o Reino do noso pai David que vén!
Aleluia.
Evanxeo Lc 23,
35-43
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Señor, lémbrate de min cando esteas no teu reino
Naquel
tempo, os xefes moqueábanse de Xesús, dicindo:
‑ A outros salvounos. Pois que se
salve agora el, se é o Mesías de Deus, o Elixido.
Tamén os
soldados se burlaban del,
e achegándose ofrecíanlle vinagre, dicindo:
‑ Se ti es o rei dos xudeus, sálvate
a ti mesmo.
E había un
letreiro enriba del: "Este é o rei dos xudeus".
Un dos
bandidos que estaban crucificados, insultábao tamén:
‑ Non es ti o Mesías? Pois sálvate
ti e sálvanos a nós.
Pero
contestoulle o outro, reprendéndolle:
‑ Seica non temes a Deus, ti que
sofres a mesma condena ca el? Nós, polo menos, recibimos o que merecemos, pero
este non fixo mal ningún.
E
dicíalle:
‑ Xesús, lémbrate de min cando
volvas como rei.
Xesús
respondeulle:
‑ Asegúroche que hoxe estarás comigo
no paraíso.
Palabra do
Señor R/.
Loámoste, Cristo