DOMINGO XXIII ORDINARIO
- CICLO A
Primeira Lectura
Ez 33, 7-9
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA EZEQUIEL
Se non lle falas ao malvado, pedireiche contas do seu sangue
Así fala o
Señor:
Eh ti,
fillo de Adán!: a ti constituínte vixía para a Casa de Israel,
vas escoitar da miña boca as palabras,
e valos avisar da miña parte.
Cando eu
lle diga ao malvado:
"Malvado, vas morrer",
se ti non lle falas para avisalo do seu destino,
el, o malvado, morrerá pola súa culpa;
pero a ti pediránseche contas do seu sangue.
Pero se ti
avisas o malvado do seu destino
para apartalo del, e el non cambia de conduta,
el morrerá pola súa culpa
pero ti salvarás a túa vida.
Palabra do
Señor
R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 94, 1-2. 6-7. 8-9
R/. (8): Oxalá
escoitedes hoxe a voz do Señor!
Non
endurezades os vosos corazóns.
Vinde, cantémoslle ao Señor,
Aclamemos a nosa rocha salvadora;
acheguémonos á súa presenza dándolle grazas,
aclamémolo con cancións.
Vinde, adorémolo prostrados,
axeonllémonos perante o Señor, que nos creou,
pois el é o noso Deus,
e nós somos o seu pobo, o rabaño que el guía.
Oxalá escoitedes hoxe a súa voz.
Non endurezades os vosos corazóns, coma en Meribah,
coma o día de Masah, no deserto,
onde os vosos pais me tentaron:
provocáronme, por máis que tiñan visto os meus feitos.
Segunda Lectura Rm
13, 8-10
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS ROMANOS
A plenitude da lei é o amor
Irmáns:
A ninguén
lle debades nada, fóra de amarvos uns a outros, pois o que ama o próximo, ten
cumprida a Lei.
Porque o
non adulterarás, non matarás, non roubarás, non cobizarás, e todos os outros
mandamentos, resúmense nestas palabras: amarás o teu próximo coma a ti mesmo.
Quen ama o
seu próximo non lle fai mal.
Verdadeiramente o amor é o pleno cumprimento da Lei.
Palabra do
Señor
R/. Grazas a Deus
ALELUIA 2 Cor 5,
19
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Deus estaba en Cristo reconciliando o mundo consigo,
e poñendo en nós a mensaxe da reconciliación.
Aleluia.
Evanxeo Mt 18,
15-20
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Se te escoita, lograches o teu irmán
Naquel
tempo, díxolles Xesús aos seus discípulos:
‑ Se teu irmán peca, vai e repréndeo,
pero ti con el só. Se te escoita, lograches o teu irmán. Se non te escoita,
leva contigo aínda un só ou dous, de modo que pola palabra de dúas ou tres
testemuñas todo o asunto quede resolto. Se tampouco a eles lles fai caso, dillo
á comunidade; e se nin sequera á comunidade lle fai caso, sexa para ti coma un
pagán ou un publicano.
Dígovolo
de verdade: O que atedes na terra, será atado no ceo, e o que desatedes na
terra, será desatado no ceo.
Dígovos
aínda máis: Se dous de vós se poñen de acordo na terra para pedir calquera
cousa, conseguirano do Pai meu, que está nos ceos. Porque onde están dous ou
tres reunidos no meu nome, alí no medio deles estou eu.
Palabra do
Señor
R/. Loámoste, Cristo