Acabo de realizar unha viaxe á Terra de Xesús, unha terra
especial, tanto polo que significa, como polo que foi ao longo da historia, e
polo que é na actualidade. Terra de
eternos conflitos, terra que a pesares de ser pobre, con grandes partes
de deserto é querida e buscada por todos.
Sorprendeume que cando regresei daquela terra todos me
preguntaban pola guerra entre Israel e Hamas, e polos perigos que alí
tiveramos, quizais por unha visión distorsionada da realidade. É verdade que
Israel e Hamas estaban en guerra, poro iso era na zona de Gaza, que está entre
Israel e Exipto fora da zona de Terra Santa, e polo tanto nos non tivemos
perigo, nin sentimos en ningún momento presión algunha.
Monte Tabor |
Aquela terra ten unha maxia especial, é a Terra das
relixións monoteístas, é dicir, do xudaísmo, dos cristiáns e dos musulmáns. Alí
percibes a presenza de cristiáns, que son minoría, dos musulmáns, e
naturalmente, agora en maioría.. dos xudeus. Observas como o venres é o Día dos
musulmáns, cando teñen as súas celebración relixiosas, que por suposto non traballan,
e están cerrados os seus comercios, para os demais é un dia normal. O sábado,
ou “Shabat”, é o día dos xudeus, non traballan, non hai comercio, non funcionan
os autobuses, todo está absolutamente paralizado, excepto, naturalmente os
comercios do árabes e dos cristiáns. E o domingo é o día dos cristiáns, nótase
menos, por son menos, pero da gusto oír as campás de Xerusalén, que soan como
un ningún lado do mundo. Cando dicimos que é a terra de Xesús, é dicir que por
alí camiñou Xesús. Chámanlle o quinto evanxeo, porque nos mostra a realidade do
Evanxeo, cos seus lugares e a súa discreción, as palabras subía, baixaba,
estaba na ribeira do Lago, fanse realidade e o Evanxeo toma vida. Saímos de Tel
Aviv para ir a Hoppe, ao Monte Carmelo, e chegar a Tiberiades. Cruzamos o Lago en
barco, nunha mañá espléndida, para desembarcar en Cafarnaúm, aquela vila que
foi o centro da predicación do Señor nos primeiros tempos en Galilea, e onde
chamou a varios dos seus discípulos. Vimos as ruínas da casa de Pedro, a Sinagoga
onde Xesús predicou, para logo pasar por Tabga, onde o Señor lle dou o primado
a Pedro. Dalí subimos ao Monte das Benaventuranzas, onde Xesús pronunciou o
Sermón do Monte. Fomos a Nazaret para ver e celebrar a Eucaristía na magnifica
basílica no fogar de Nazaret, onde puidemos contemplar o lugar onde se edificou
unha pequena capela, por parte dos bizantinos nos primeiros séculos, sobre a
casa de S. Xosé e a Virxe María, para logo ir a Caná onde o Señor fixo o seu
primeiro milagre.
Subimos ao Monte Tabor onde celebramos a Eucaristía, e
puidemos comtemplar o lugar onde o Señor se Transfigurou para alimentar a
esperanza, despois de anunciarlles a Paixón.
Dalí fomos a Xordania. Visitando Amán, e logo o Monte Nevo,
desde onde Moisés divisou a Terra de Promisión, para logo ir a Petra, a famosa
cidade navatea.
Entramos outra vez en Israel polo porto de Acaba, para ver o
mar Rojo, e ir cara o Mar Morto, visitando Qumrán, onde se encontraron os
famosos manuscritos de Qumrán. Dalí subimos a Xerusalém, onde votamos tres días
intensos, pisando o Monte das Oliveiras, visitando a basílica do Pater Noster,
o lugar da Ascensión do Señor, para viaxar cara a cidade, parándonos e
celebrando a Eucaristía na igrexa do Dominus Flevit, é dicir onde o Domingo de
Ramos, o Señor chorou sobre Xerusalén, logo fomos á Horta das Oliveiras, para
visitar a Igrexa da Agonia.
Estivemos dun xeito especial no Calvario, no Santo Sepulcro,
onde celebramos a Eucaristía, no Cenáculo, fixemos a Viacrucis pola rúa da
Amargura, desde o Palacio de Pilatos ata o Calvario.
En fin, sería largo de contar, e poder explicar as
conclusións desta terceira viaxe que fixen a Terra Santa, e as cousas que máis
me chamaron a atención.
Manuel Castroagudín