Introdución: ¿De qué se trata?
18 de enero de 2022
Dinos o Vaticano II no seu decreto de Ecumenismo que a reconstrución da unidade entre os cristiás é un dos propósitos do Concilio. Por iso, considera que as iniciativas levadas a cabo en este senso, e ata aquel momento, por parte dos cristiás non católicos é froito da graza do Espírito Santo (Unitatis redintegratio 1).
Esas iniciativa abarcan dende os comezos do século XX ata o de agora, pero iso non quere dicir que non houbera intentos no pasado. A diferenza é que nestes tempos constitúe unha realidade constante para as principais confesións cristiás, na conciencia de que a separación é xa insoportable, e necesita remedio urxente, para volver á comuñón plena: todos formamos unha soa familia, a Igrexa de Cristo. Vivimos na mesma casa, aínda que en habitacións separadas.
¿En que consiste, pois, o movemento ecuménico? É un movemento (iniciativas, accións, persoas…) que promove a unidade entre os cristiás a través de oracións (A Semana de Oración e outras iniciativas parecidas), encontros (moitos deles directamente con Papa, como a recente da Igrexa Luterana de Finlandia) diálogos teolóxicos (documentos de converxencia e de acordo), obras comúns de caridade, e outras.
¿Cal é a idea de fondo? Creemos na Igrexa, que é unha e sempre o será. O que sucede é que os que pertencemos a ela, por diversas circunstancias históricas, non nos entendemos e viñeron as separacións e loitas de uns contra outros. Agora, mesmo que a separación, continúa e seguimos a vivir en habitacións diferentes, xa nos saudamos cando nos encontramos, e, a parte diso, dende o Concilio xa nos temos que chamar irmáns reconciliados. Así tentamos de cumprir o desexo de Xesús: “Pai, que todos sexan un” (Xn 17,21)
Historia e actualidade do movemento ecuménico: As divisións
19 de enero de 2022
Diferentes cuestións da doutrina (como a doble natureza de Cristo, e outras), pero tamén as relacionadas con costumes e coa natureza mesma da Igrexa, e coas diferencias culturais, provocaron escisións en determinados momentos da Historia, que continúan ata hoxe.
A primeira delas tivo lugar no século V, debida á diferente forma de comprender a natureza divina de Cristo. De iso naceron as chamadas antigas igrexas orientais ou precalcedonianas, tamén chamadas monofisitas (porque non aceptaron as decisións do Concilio de Calcedonia). Hoxe hai un entendemento total con elas con respecto a ese tema e as relacións son moi cordiais.
No 1054 houbo unha nova escisión entre o Patriarcado de Constantinopla (Estambul) e a Igrexa de Roma, dando lugar á excomuñón mutua. Así, dende entón existe a Igrexa ortodoxa chamada bizantina, que é a mais numerosa. O encontro entre o patriarca Atenágoras e o papa Paulo VI posibilitou o levantamento da devandita excomuñón.
A división máis recente foi fai cincocentos anos, cando Lutero publicou as famosas 95 teses contra a práctica das indulxencias por parte da Igrexa. A súa idea non era crear unha nova igrexa; quería unha igrexa máis pegada ao Evanxeo da graza e da misericordia. Por iso, o centro do debate era a chamada doutrina da xustificación pola fe: se solo basta a fe, a Igrexa e os sacramentos non parecían servir de moito. Lutero insistía en que estes debían estar ao servizo do Evanxeo, pero non quería que deixasen de existir. Por iso, dende o 1999 hai unha declaración conxunta entre a Federación Luterana Mundial e a Igrexa Católica na que se di que a intención foi e é sempre a mesma por ambas partes: Deus ten a iniciativa de salvarnos e nos, o que temos que facer, é aceptala libremente como un don. Loxicamente, tamén deberemos actuar en consecuencia.
Por outra banda, dentro do protestantismo, a partir dos movementos reformistas do século XVI (Lutero, Calvino, Zwinglio…), xurdirán novos grupos cristiáns (Luteranos, Reformados, Igrexas libres…) xunto co Anglicanismo.
Debido ao concepto de Igrexa como realidade máis ben invisible, eses grupos vai a ir subdividíndose á súa vota, dando lugar á creación de grandes comunidades como bautistas, metodistas, menonitas e moitas das ramas actuais dos pentecostáis…
Historia e actualidade do movemento ecuménico: Inicios do movemento ecuménico
20 de enero de 2022
Dende a última parte do século XIX apareceu unha corrente unionista entre algunhas das igrexas cristiás procedentes da Reforma, fundamentalmente debido a que neses tempos iniciaban a súa tarefa misioneira polo mundo. De feito, un fito que vai marcar o inicio do movemento ecuménico vai a ser a Conferencia misioneira mundial de Edimburgo (1910). Dende ese momento comezáronse a coordinar iniciativas dispersas para impulsalas a nivel mundial, nun proceso que foi visto por todos -menos pola Igrexa Católico romana daquel tempo- como un impulso do Espírito Santo.
Historia e actualidade do movemento ecuménico: A actitude tradicional da Igrexa Católica fronte ó Movemento Ecuménico
21 de enero de 2022
A Igrexa Católica nun principio foi reticente ás iniciativas ecuménicas, pois pensaba que as mesmas poñían en dúbida a súa verdade como sociedade perfecta. Como tal, non tiña que reunirse con ninguén. Máis ben terían que ser “os que se foron” os que debían volver. Por iso, os papas de inicios do século XX prohibían aos católicos participar en este tipo de iniciativas (Pio XI, encíclica Mortalium animos, 1928).
O proceso de mentalización durou varias décadas e tería o seu punto culminante no Concilio Vaticano II. Pero, vale a pena salientar a iniciativa do franciscano Paul Watson, no 1908, que deu inicio á Semana de oración pola unidade dos cristiás. Tamén, a contribución do dominico Y. M. Congar, coa súa obra Chrétiens désunis (cristiás desunidos), marcará o comezo dunha eclesioloxía de comuñón que tenta de superala visión apoloxética, para volver á gran tradición, bíblica e patrística da Igrexa. Nela o centro é Xesucristo. A Igrexa é servidora, e está condicionada polas marcas da historia, que a fan consciente da súa necesidade de conversión é reforma. Nesa visión, os demais cristiás, non teñen que volver á Igrexa, pois nunca se foron. Son de Cristo, e se son de Cristo, están xa na súa casa.
Un feito non menos importante que os anteriores, e outros que poderíamos citar, foi nos anos da segunda posguerra mundial a fundación da comunidade ecuménica de Taizé, polo monxe protestante Roger Schutz. Nela viven xuntos monxes de varias Igrexas, para ir realizando na práctica a comuñón eclesial a través de la oración, a vida común, e a acollida de milleiros de xoves de todo o mundo.
Benito Méndez
Profesor do ITC