DOMINGO XVI ORDINARIO
- CICLO A
Primeira Lectura
Sab 12, 13. 16-19
LECTURA DO LIBRO DA SABEDORÍA
Impós penitencia sobre os pecados
Non hai,
fóra de ti, un Deus que coide de todas as cousas,
a quen teñas que xustificar que non xulgas inxustamente;
Xa que o
teu poder é a fonte da xustiza,
e seres ti o dono de todo lévate a amosarte indulxente.
Só fas
proba da túa forza cando non se dá creto á totalidade dese poder, confundindo a
audacia dos que o coñecen;
así, dominando a túa forza, xulgas con equilibrio
gobernándonos con toda consideración,
pois na man tes o poderío cando queres.
Con feitos
semellantes ensinaches ao teu pobo
que ao xusto lle cómpre ser humano;
e a teus fillos décheslles a ditosa esperanza
de concederlles despois dos pecados tempo de se arrepentir.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 85, 5-6. 9-10. 15-16a
R/. (5a): Ti, Señor, es agarimoso e indulxente.
Ti, Señor, es agarimoso e indulxente,
cheo de misericordia para os que te invocan.
Escoita, Señor, a miña súplica,
atende a miña pregaria.
Os pobos todos que ti creaches
virán, Señor, adorarte,
virán honrar o teu nome.
Ti es grande e fas prodixios,
ti es o único Deus.
Pero ti, Señor, Deus compasivo e clemente,
tardo á ira, cheo de misericordia e leal,
mira por min, apiádate.
Segunda Lectura Rm
8, 26-27
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS ROMANOS
O Espírito en persoa intercede por nós con xemidos máis
fondos cás palabras
Irmáns:
O Espírito
acode a axudar a nosa debilidade. Pois nós non sabemos o que debemos pedir como
cómpre; pero o mesmo Espírito intercede por nós con laios inefables.
E o Deus
que escruta os corazóns, coñece a intención do Espírito, pois El intercede
polos crentes, conforme á vontade de Deus.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Cf. Mt 11,
25
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Bendito es ti, Pai, Señor dos ceos e mais da terra,
porque lles revelaches aos humildes os misterios do Reino.
Evanxeo Mt 13,
24-43
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Deixade que as dúas medren ata a seitura
Naquel
tempo, contoulles Xesús outra parábola:
‑ Parécese o Reino dos Ceos a un home que sementou boa semente na súa
leira. Pero mentres todos durmían, o seu inimigo veu sementar xoio polo medio
do trigo e marchou. Cando espigou a planta e deu trigo, apareceu o xoio
tamén.
Os criados
do dono fóronlle dicir: "Señor, ti non sementaras boa semente na túa
leira? De onde lle vén, logo, o xoio?" El contestoulles: "Isto é obra
dun inimigo".
Os criados
preguntáronlle: "Queres que o vaiamos arrincar?" El respondeulles:
"Non, non sexa que ao collerdes o xoio arrinquedes tamén o trigo.
Deixádeos medrar xuntos deica a sega, que no tempo da sega heilles dicir aos
segadores: Apañade primeiro o xoio, e atádeo en monllos para queimalo; e o
trigo recollédeo na miña arca".
E
contoulles outra parábola:
‑ O Reino dos Ceos é semellante a un gran de mostaza que un home
sementou na súa horta. A mostaza vén sendo a máis pequerrecha de todas as
sementes; pero cando medra chega a ser meirande ca todas as hortalizas,
converténdose nunha árbore; de tal xeito, que mesmo os paxaros veñen facer o
niño nas súas pólas.
Díxolles
outra parábola:
‑ O Reino dos Ceos é semellante ao fermento que unha muller
amasou en tres medidas de fariña ata que todo levedou.
Todo isto lle falou Xesús en parábolas á xente, e nada lle
falaba que non fose por medio de parábolas. De xeito que se cumprise o que
dixera o profeta:
Abrirei a
miña boca para dicir parábolas, proclamarei cousas escondidas desde que o mundo
é mundo.
Entón,
deixando a xente, foise para a casa. Achegáronselle os seus discípulos e
pedíronlle:
‑ Explícanos a parábola do xoio na leira.
El
respondeu:
‑ O que
sementa a boa semente é o Fillo do Home; a leira é o mundo; a boa semente son
os fillos do Reino; o xoio son os fillos do Malo. O inimigo que a sementa é o
Satán; a sega é a fin do mundo e os segadores son os anxos.
E así como
se entrecolle o xoio e se bota no lume, así pasará na fin do mundo. Mandará o
Fillo do Home os seus anxos, e quitarán do seu Reino todos os escándalos e a
todos os que fan o mal; e botaranos no forno do lume, onde será o pranto e o renxer
dos dentes.
Entón, os
xustos resplandecerán coma o sol no Reino de seu Pai. Quen teña oídos que
escoite.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo