FESTA DE TODOS OS
SANTOS
Primeira Lectura Ap
7, 2-4. 9-14
LECTURA DO LIBRO DA APOCALIPSE
Eu vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar,
de todas as nacións e tribos e pobos e linguas
Eu, Xoán,
vin outro anxo máis, que tiña o selo do Deus vivente, subir desde o nacente.
Dicíalles a berros aos catro anxos, a quen se lles deu poder de danar a terra e
o mar:
-
"Non lles fagades mal á terra nin ao mar, nin ás árbores, ata que
marquemos co selo na testa os servos do noso Deus!".
E oín o
número dos que tiñan a marca, cento corenta e catro mil, marcados de entre
todas as familias de Israel.
Despois
disto mirei e vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de todas
as nacións, familias, razas, pobos e linguas, en pé diante do trono do Año.
Vestían roupa branca e levaban ramallos de palma nas mans. Proclamaban con gran
voz:
- "A
salvación perténcelle ao noso Deus, que senta no trono, e mais ao Año".
Todos os
anxos que estaban en pé arredor do trono, dos anciáns, e dos catro animais,
axeonlláronse diante do trono para adoraren a Deus. Proclamaban:
-
"Amén! A bendición, a gloria, a sabedoría, a acción de grazas, a honra, o
poder e mais a forza perténcenlle ao noso Deus, polos séculos dos séculos.
Amén.
Un dos
anciáns preguntoume:
-
"Quen son e de onde viñeron estes que van vestidos de roupa branca?".
Eu
respondinlle:
-
"Meu Señor, ti xa o sabes".
E díxome:
- Estes son os que veñen de pasar as
súas grandes penas; lavaron os seus vestidos e branqueáronos co sangue do Año.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 23, 1-2. 3-4ab. 5-6
R/. (cf 6): Esta é a liñaxe dos que buscan a túa
presenza, Señor.
Do Señor é a terra e canto a enche,
o orbe e canto nel habita.
El é quen a fundou sobre os mares,
e quen a asegurou sobre as correntes.
Quen poderá subir ao monte do Señor?
Quen poderá quedar no seu santuario?
O que ten inocentes as mans e puro o corazón.
Ese recibirá bendición do Señor,
e xustiza de Deus, o seu salvador.
Así é a liñaxe dos que o buscan,
dos que buscan a presenza do Deus de Xacob.
Segunda Lectura 1 Xn
3, 1-3
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN XOÁN
Veremos a Deus tal como é
Benqueridos irmáns:
Vede o
moito que nos quixo o Pai, para nos chamar fillos de Deus e sérmolo de verdade.
Por iso o
mundo non nos recoñece: porque tampouco non o recoñeceu a El.
Meus
amigos, xa somos fillos de Deus, pero aínda non está á vista o que seremos;
sabemos que cando Xesús apareza, nós seremos coma El, xa que o veremos tal e
como é.
Todo o que
ten posta en Xesús esta esperanza, trata de vivir unha vida limpa, para ser
limpo coma El.
Palabra do
Señor
R/. Grazas a Deus
ALELUIA Mt 11, 28
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
Achegádevos a min todos os que estades cansos
e oprimidos, que eu vos aliviarei, di o Señor.
Aleluia.
Evanxeo Mt 5, 1-12a
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa
recompensa nos Ceos.
Naquel
tempo, Xesús, ao ver a multitude, subiu ao monte, sentou e achegáronselle os
seus discípulos; e el, tomando a palabra, ensinábaos dicindo:
Ditosos os
pobres no espírito,
porque deles é o Reino dos ceos.
Ditosos os
que choran,
porque eles serán consolados.
Ditosos os
sufridos,
porque eles herdarán a terra.
Ditosos os
famentos e sedentos de xustiza,
porque eles ficarán fartos.
Ditosos os
misericordiosos,
porque eles serán tratados con misericordia.
Ditosos os
de corazón limpo,
porque eles verán a Deus.
Ditosos os
que traballan pola paz,
porque eles serán chamados fillos de Deus.
Ditosos os
perseguidos por causa da xustiza,
porque deles é o Reino dos ceos.
Ditosos
vós cando vos aldraxen, persigan e calumnien de calquera xeito pola miña causa;
alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos.
Palabra do Señor R/
Loámoste, Cristo