DOMINGO XX ORDINARIO
- CICLO A
Primeira Lectura
Is 56, 1. 6-7
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
Ós fillos de estranxeiro traereinos ao meu monte santo
Así fala o
Señor:
Cumpride o
dereito e practicade a xustiza,
que a miña salvación está próxima a chegar
e a miña xustiza (está próxima) a mostrarse.
E aos
fillos de estranxeiro que se apegan ao Señor,
servindo e amando o Nome do Señor, sendo os seus servos,
a todo o que garde o sábado sen profanalo
e aos que se manteñan firmes na miña Alianza,
traereinos ao meu monte santo
e alegrareinos na miña casa de oración.
Os seus
holocaustos e os seus sacrificios
servirán de ofrenda de amor sobre o meu altar.
Palabra do
Señor
R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 66, 2-3. 5. 6 e 8
R/. (4): Lóente os pobos, oh Deus, lóente todos os
pobos.
Deus teña piedade de nós e nos bendiga,
faga brillar o seu rostro sobre nós.
Que se coñeza na terra o teu camiño,
en todos as nacións a túa salvación.
Alégrense e canten as nacións,
porque xulgas os pobos rectamente
e na terra gobernas as nacións.
Lóente os pobos, oh Deus,
lóente todos os pobos.
Que nos bendiga Deus e que o teman
os confíns todos do mundo.
Segunda Lectura Rm
11, 13-15. 29-32
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS ROMANOS
Os dons e a chamada de Deus son irrevogables
Irmáns:
Isto
dígovolo a vós, os xentís. E, como apóstolo que son dos xentís, fago gala deste
ministerio, por ver se esperto celos nos da miña estirpe e podo así salvar a
algúns deles.
Se o seu
rexeitamento serviu de reconciliación para o mundo, que será a súa acollida,
senón a vida, que xorde dos mortos?
Pois os
dons e a chamada de Deus son irrevogables. Pois do mesmo xeito que vós fostes
noutrora desobedientes a Deus, e agora conseguistes a misericordia pola
desobediencia deles, así tamén eles agora non creron, para que, con ocasión da
misericordia usada convosco, tamén eles acaden misericordia.
Porque
Deus encerrou a todos os homes na desobediencia, para se compadecer de todos.
Palabra do
Señor
R/. Grazas a Deus
ALELUIA Cf. Mt 4, 23
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, Aleluia.
e curaba todas as enfermidade do pobo.
Aleluia.
Evanxeo Mt 15,
21-28
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Oh muller, qué grande é a túa fe!
Naquel
tempo, saíndo de alí, foi Xesús para a comarca de Tiro e Sidón. E apareceu unha
muller cananea daqueles contornos, que berraba:
‑ Compadécete de min, Señor, Fillo de David: a miña filla está
atormentada por un demo.
Pero el
non respondeu palabra. Achegándoselle os seus discípulos, rogábanlle:
‑ Despídea, que vén berrando detrás de nós.
El
contestoulles:
‑ Non fun enviado máis que ás ovellas extraviadas da casa de Israel.
Pero ela
alcanzounos e, prostrándose, suplicoulle:
‑ Señor, váleme!
El
respondeulle:
‑ Non é ben quitarlles o pan aos fillos para llelo botar aos cadelos.
Pero ela
contestou:
‑ Non é, Señor, non; pero tamén os cadelos comen das faragullas que
caen da mesa dos seus amos.
Entón
respondeulle Xesús:
‑ Muller, a túa fe é ben grande: fágase, logo, como desexas!
E a súa
filla ficou sa naquela hora.
Palabra do
Señor
R/. Loámoste, Cristo