Hoxe sábado, día 9, celebramos a festa dunha santa que
manifestou na súa vida, dun xeito extraordinario, as grandezas e miserias do
século XX, a de Santa Teresa Benedicta de la Cruz, coñecida no mundo co nome de
Edith Stein. Filla de xudeus, nada en Centroeuropa, onde a finais do século XIX
e principios do XX se forxa o ateísmo que logo invade a cultura europea, e da
que ela participa na súa mocidade, incluso sendo profesora de filosofía nunha
universidade alemana, ata que se converte ao catolicismo, facéndose máis tarde
relixiosa carmelita descalza, e na persecución nazi contra os xudeus, para
salvala, as compañeiras relixiosas levárona para un convento carmelita en
Holanda, pero coa invasión dos nazis dese pais, a collen e a levan ao famoso
campo de concentración Auschwitz, onde o 9 do agosto do 1942, a gasean os
nazis..
O día 1 de maio do 1987, no estadio de Colonia, o Papa Xoán
Paulo II a beatifica, de quen dixo: “ La Iglesia del siglo XX vive hoy un gran
día. Nos inclinamos ante el testimonio de la vida y la muerte de Edith Stein...
Una personalidad que reúne en su vida una síntesis dramática de nuestro siglo.
La síntesis de una historia llena de heridas profundas que siguen doliendo aún
hoy, pero que hombres y mujeres con sentido de responsabilidad se han esforzado
y siguen esforzándose por curar; síntesis al mismo tiempo de la verdad plena
sobre el hombre, en un corazón que estuvo inquieto e insatisfecho hasta que
encontró descanso en Dios.
Nace Edith Stein o día 12 do outubro do ano 1891 en Breslau
(entón Prusia; agora é a Broclaw polaca) no seo dun familia xudía, sendo ela a
última filla dunha familia numerosa, morréndolle o pai ao pouco de nacer,
debido a esta circunstancia foi educada con mimo por parte da súa nai e dos
seus irmáns.
Aos 12 anos entra na escola que lle vai abrir horizontes e
perspectivas novas; polo que se pode dicir que na infancia de Edith Stein hai
que subliñar os elementos que van a configurar o seu futuro: presenza da nai,
austeridade de vida, sentido do ben e do mal, intelixencia esperta, cultivo e
defensa do mundo interior, independencia no obrar e no pensar e, polo mesmo
emprendedora, carácter voluntarioso, prevalencia do racional, un gran
autodominio, defensora da dignidade persoal, de nobres ideais, etc..
A pesares da firme fe da súa nai, na que ela tamén vive a
practica, ata que aos 15 anos, coa chegada da súa adolescencia, abandona a fe,
cando aló polo ano 1906 pasa unha longa temporada en Hamburgo na casa dun
cuñado e irmá, chamados Max e Else, e o fai con plena responsabilidade:
resúltalle inadmisible aceptar o que non comprende, ou practicar aquilo no que
non cre. No 1913, a idade de 21 anos, cambia da universidade da súa cidade
nat
al pola de Gotinga, onde se vai a encontrar co mestre Edmund Husserl, xudeu
tamén, e quen vai ter un grande influencia na súa vida e educación. A súa
inquedanza polo saber lévalle a escoitar a outros mestres e acude a
conferencias doutro filósofo xudeo, Max Scheler. Este pensador vai exercer unha
influencia decisiva sobre ela.
No 1915 Edith Stein cumple 24 anos. Fai un ano que empezou a
Primeira Guerra Mundial, este acontecemento conmociona Centroeuropa. Tamén as
universidades se ven afectadas por este acontecemento, os seus compañeiros
alístasen no exército, e ela inscribirase na Cruz Vermella Internacional, onde
vai exercer de enfermeira, atendendo os feridos con cariño.
Dos 26 ós 30 anos vive unha profunda crise persoal.
No verán do 1921, cando Edith cumprira os 30 anos, foi a descansar a unha casa
de campo duns amigos. Estes saíran, e cando era o serán, foi a biblioteca e
colleu un libro gordo, levaba por titulo “Vida de Santa Teresa”, queda tan
prendida del que o lee de cabo a rabo, e lle descubre a verdade que andaba a
buscar, era o camiño da súa conversión, que se consuma co seu bautizo no
aninovo do 1922. Entra no convento de Carmelitas de Colonia o 15 de abril do 1934
ata que o ambiente en Alemania se volta perigoso, e a superiora a manda para o
convento de Echt, en Holanda. O 2 do agosto do 1942 as forzas de ocupación
nazis obrígana a abandoar o convento, levarana para o campo de concentración de
Auschuwitz, onde o 9 do agosto de 1942 a levaron á cámara de gas.