Como rezar o Vía Lucis - 4ª parte
6ª ESTACIÓN.
XESÚS NO CENÁCULO
MOSTRA AS SÚAS CHAGAS AOS APÓSTOLOS
Os discípulos están no Cenáculo, o lugar onde foi a Última
Cea. Medorentos e desesperanzados, comentan os sucesos ocorridos. É entón cando
Xesús preséntase no medio deles, e o medo dá paso á paz.
Do Evanxeo segundo San Lucas 24, 36-43 (cf. Mc 16, 14-18;
Xn, 20, 19-23).
36Estando eles comentando estas cousas, presentóuselles
Xesús no medio e díxolles:
‑¡A paz sexa convosco!
Sobresaltados e cheos de medo, coidaban contemplar un
espírito. Pero el díxolles:
‑¿Por que estades asustados, e a que veñen esas dúbidas? Mirade para as miñas mans e para os meus pés: sonvos eu. Palpade aquí e
decatádevos de que un espírito non ten carne nin ósos, como vedes que teño eu.
E dicindo isto, mostróulle-las mans e mailos pés. Pero
eles, tolos de contento e sen saíren do seu asombro, non acababan de crer.
Xesús preguntoulles:
‑¿Tedes por aí algo que comer?
Déronlle un anaco de peixe asado. El colleuno e comeuno
diante deles.
Comentario
Cristo resucitado é o mesmo Xesús que naceu en Belén e
traballou durante anos en Nazaret, o mesmo que percorreu os camiños de
Palestina predicando e facendo milagres, o mesmo que lavou os pés aos seus
discípulos e entregouse aos seus inimigos para morrer na Cruz. Xesucristo, o
Señor que é verdadeiro Deus e home verdadeiro. Pero os apóstolos apenas poden
crelo: están asustados, medorentos de correr o seu mesma sorte. É entón cando
se presenta no medio deles, e móstralles as súas chagas como trofeo, o sinal da
súa vitoria sobre a morte e o pecado. Con elas rescatounos.
Foron o prezo da nosa redención. Non é unha pantasma. É
verdadeiramente o mesmo Xesús que os elixiu como amigos, e agora come con eles.
O Señor, que se encarnou por nós, quérenos mostrar, aínda máis explicitamente,
que a materia non é algo malo, senón que foi transformada porque Xesús a
asumiu.
Oración
Señor Xesús, dános a fe e a confianza
para descubrirche en todo momento,
mesmo cando non esperámosche.
Que sexas para nós
non unha figura afastada que existiu na historia,
senón que, vivo e presente entre nós,
ilumines o noso camiño nesta vida e, despois,
transformes o noso corpo fráxil
en corpo glorioso como o teu.
7ª ESTACIÓN.
NO CAMIÑO DE EMAÚS
Esa mesma tarde dous discípulos volven desilusionados ás
súas casas. Pero un camiñante devólvelles esperanza. Os seus corazóns vibran de
gozo coa súa compañía, con todo só se lles abren os ollos ao velo partir o pan.
Do Evanxeo segundo San Lucas 24, 13-32
Aquel mesmo día dous deles ían camiño de Emaús, unha aldea
que está a uns dez quilómetros de Xerusalén. Ian falando de canto pasara. E
resulta que mentres parolaban e discutían, Xesús en persoa, achegouse e
camiñaba canda eles. Pero os seus ollos estaban incapacitados para o
recoñeceren. Entón preguntoulles:
‑¿De que ides falando polo camiño?
Eles pararon cun semblante moi tristeiro, e Cleofás, un
deles, respondeulle:
‑¿Seica es ti o único forasteiro en Xerusalén, que non sabe
nada do que pasou alí durante estes días?
El preguntou:
‑¿De que, logo?
Eles contestaron:
‑Do asunto de Xesús o Nazareno, que foi un profeta poderoso
en obras e palabras, ante Deus e ante o pobo todo; de como os nosos sumos
sacerdotes e demais xefes o condenaron á morte e o crucificaron. Nós
esperabamos que el fose quen liberase a Israel; pero xa van alá tres días desde
que pasaron estas cousas. Claro que algunhas mulleres das nosas déronnos un
susto, porque foron ó risca-lo día ó sepulcro, e, ó non atoparen o corpo,
volveron falando dunha visión de anxos, que lles aseguraron que el vive. E
algúns dos nosos alá foron ó sepulcro, atopando todo como as mulleres dixeran;
pero a el non o viron.
Entón díxolles:
‑¡Que parvos e lentos sodes para crer todo o que anunciaron
os profetas! E logo ¿non cumpría que o Cristo padecese todo isto, antes de
entrar na súa gloria?
E comezando por Moisés e tódolos profetas, foilles
interpretando o que as Escrituras falaban del.
O entraren na aldea onde ían, fixo coma quen quería seguir
para adiante. Pero eles porfiáronlle, dicindo:
‑Quédate connosco, porque se fai tarde, e a noite bótase
enriba.
Quedou con eles. E mentres estaban na mesa, colleu o pan,
bendiciuno e partiuno e déullelo. Entón abríronselle-los ollos e
recoñecérono; pero el desapareceu. E dixeron:
‑¿Non ardía o noso corazón, cando nos falaba polo camiño,
interpretándono-las Escrituras?
Comentario
Os de Emaús íanse tristes e desesperanzados: como tantos homes
e mulleres que ven con perplexidade como as cousas non saen segundo previran.
Non acaban de confiar no Señor. Con todo Cristo 'vístese de camiñante' para
iluminar os seus pasos decepcionados, para recuperar a súa esperanza. E mentres
lles explica as Escrituras, o seu corazón, sen terminar de entender, énchese de
luz, 'arde' de fe, alegría e amor.
Ata que, postos á mesa, Xesús parte o pan e ábrenselles a
mente e o corazón. E descobren que era o Señor. Nós comprendemos con eles que
Xesús vainos acompañando no noso camiño diario para encamiñarnos á Eucaristía:
para escoitar a súa Palabra e compartir o Pan.
Oración
Señor Xesús,
cantas veces estamos de volta de todo e de todos!
tantas veces estamos desengañados e tristes!
Axúdanos a descubrirche no camiño da vida,
na lectura da túa Palabra e na celebración da Eucaristía,
onde te ofreces a nós como alimento cotián.
Que sempre nos leve a ti, Señor,
un desexo ardente de atoparche tamén nos irmáns.
8ª ESTACIÓN.
XESÚS DÁ AOS
APÓSTOLOS O PODER DE PERDOAR OS PECADOS.
Xesús preséntase ante os seus discípulos. E o temor dun
primeiro momento dá paso á alegría. Vai ser entón cando o Señor daralles o
poder de perdoar os pecados, de ofrecer aos homes a misericordia de Deus.
Do Evanxeo segundo San Xoán 20, 19-23 (cf. Mc 16, 14; Lc 24,
36-45).
Naquel día, o primeiro da semana, ó serán, estando
pechadas as portas onde estaban os discípulos, por medo dos xudeus, chegou
Xesús, e, poñéndose no medio, díxolles:
‑Paz convosco.
Dito isto, mostróulle-las mans e mailo costado. Os
discípulos alegráronse, vendo o Señor. El díxolles outra vez:
‑Paz convosco: coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos
mando a vós.
E dito isto alentou sobre eles, e díxolles:
‑Recibide o Espírito Santo: a quen lles perdoéde-los
pecados, quedaranlles perdoados; a quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.
Comentario
Os apóstolos non terminaron de entender o que ocorreu nestes
días, pero iso non importa agora, porque Cristo está outra vez xunto a eles.
Volven vivir a intimidade do amor, a proximidade do Mestre. As portas están
pechadas polo medo, e El vailles a axudar a abrir de par en par o seu corazón
para acoller a todo home. Durante a Última Cea deulles o poder de renovar a súa
entrega por amor: o poder de celebrar o sacrificio da Eucaristía. Nestes
momentos, failles partícipes da misericordia de Deus: o poder de perdoar os
pecados. Os apóstolos, e con eles todos os sacerdotes, acolleron este agasallo
precioso que Deus outorga ao home: a capacidade de volver á amizade con Deus
despois de abandonalo polo pecado, a reconciliación.
Oración
Señor Xesús,
que saibamos descubrir nos sacerdotes outros Cristos,
porque fixeches deles os dispensadores dos misterios de
Deus.
E, cando nos afastemos de Ti polo pecado,
axúdanos a sentir a alegría profunda da túa misericordia
no sacramento da Penitencia.
Porque a Penitencia limpa a alma, devolvéndonos a túa
amizade,
reconcílianos coa Igrexa e ofrécenos
a paz e serenidade de conciencia para reemprender con forza
o combate cristián.