Xesús vivíao todo
desde a compaixón. Era o seu xeito de ser, a súa primeira reacción diante das
persoas. Nunca lle estorbaba ninguén. Non sabía mirar con indiferenza, que é a
peor das miradas. Non soportaba ver ás persoas sufrir, era algo superior ás
súas forzas. Pero a Xesús non o conmoven só as persoas concretas que atopa no
seu camiño (enfermos que o buscan, indesexables que se lle achegan, nenos a
quen ninguén abraza...), senón que tamén sente compaixón pola multitude de
xente que vive desorientada e non ten quen a guíe e alimente. Un día teremos
que revisar diante del como miramos e tratamos a esa multitude de xente que
marcha silenciosamente da igrexa; ás persoas sinxelas e boas que estamos
decepcionando porque non atopan en nós a compaixón de Xesús; crentes que non
saben a quen acudir nin que camiño seguir para atoparse cun Deus máis humano;
cristiáns e cristiás que calan porque están convencidos de que a súa palabra
non será tida en conta por ninguén “importante” na Igrexa.... Pero se nós nos
empeñamos, un día o rostro desta Igrexa mudará: aprenderá a actuar con máis
compaixón, esquecerase dos seus discursos e poñerase a escoitar o sufrimento da
xente. Xesús ten forza para transformar os nosos corazóns e para renovar as
nosas comunidades. Só fai falla que nolo creamos e volvamos a El.
viernes, 20 de julio de 2012
LECTURAS
DOMINGO XVI DO TEMPO
ORDINARIO CICLO B
Primeira Lectura
Xer 23, 1-6
LECTURA DO LIBRO DE XEREMÍAS
Congregarei o resto do meu rabaño e suscitarei pastores para
eles
Ai dos
pastores que deixan que se perda o rabaño
e que o espantan do meu pasteiro! ‑ é o Señor quen fala ‑.
Por isto,
así lles fala o Señor, Deus de Israel,
ós pastores que apacentan o meu pobo:
‑ Vós espantades as miñas ovellas,
escorrentádelas e non coidades delas;
ollade que eu vos pedirei contas da maldade dos vosos feitos
‑ é o Señor quen fala ‑.
Eu
xuntarei o resto das miñas ovellas,
traéndoos de todos os países a onde as esparexín,
e fareinas volver aos seus pasteiros,
onde criarán e se multiplicarán.
Para elas
constituirei pastores que as apacenten,
de xeito que xa non volvan ter medo, nin se espanten,
nin se perda ningunha ‑ é o Señor
quen fala ‑.
Ollade que
chegan os días ‑ é o Señor quen fala ‑
en que farei abrollar de David un xermolo lexítimo,
será rei de verdade e comportarase con prudencia,
administrará o dereito e a xustiza no país.
Desde os
seus días Xudá vivirá a salvo,
e Israel vivirá en paz.
O título
que se lle dará será este: "O Señor é a nosa xustiza".
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 22, 1-3a. 3b-4. 5. 6
R/. (1): O Señor é o meu pastor: nada me falta.
O Señor é o meu pastor, nada me falta:
En pastos verdecentes faime repousar.
El lévame a beber en augas tranquilas
e repón as miñas forzas;
Guíame por vereas rectas,
por mor do seu nome.
Se tiver de pasar por valgadas sombrizas,
ningún mal temería, pois ti vas comigo:
o teu bastón e o teu caxato son o meu sosego.
Ti pos para min a mesa,
á cara dos meus inimigos;
únxesme con perfume a cabeza,
e a miña copa reborda.
O teu benquerer e a túa misericordia vanme seguindo
todos os días da miña vida.
Eu habitarei na casa do Señor
por días prolongados sen fin.
Segunda Lectura Ef
2, 13-18
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS EFESIOS
El é a nosa paz, quen dos dous fixo un
Irmáns:
Os que
antes estabades lonxe, agora grazas a Cristo Xesús estades cerca, no sangue de
Cristo. El é a nosa paz: o que dos dous pobos fixo un só, derrubando a
medianeira ‑ a inimizade ‑, e abolindo na súa carne aquela Lei de mandamentos e normas, para
crear en si mesmo cos dous unha nova humanidade, facendo a paz; e reconciliando
con Deus ámbolos dous nun único corpo por medio da cruz, matando nel mesmo a
inimizade.
El veu e
anunciou a paz: paz para vós ‑ os de
lonxe ‑, e paz para os que estaban cerca: porque
por el temos uns e outros acceso ao Pai, nun mesmo Espírito.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Xn 10, 27
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
As miñas ovellas escoitan a miña voz, di o Señor;
eu coñézoas e elas séguenme.
Aleluia.
Evanxeo Mc 6,
30-34
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Eran coma ovellas sen pastor
Naquel
tempo, os apóstolos volveron reunirse con Xesús e contáronlle canto fixeran e
ensinaran.
El
díxolles: "Vinde, vós sós, á parte, a un lugar arredado, e descansade un
pouco"; porque eran moitos os que ían e viñan, e nin para comer atopaban
tempo. Entón marcharon na barca, á parte, a un lugar arredado.
Pero
víronos marchar e déronse conta moitos, e desde todas as aldeas foron andando
para alí, e chegaron primeiro ca eles.
Cando
desembarcou, Xesús atopouse cunha gran multitude e sentiu compaixón por eles,
porque eran coma ovellas sen pastor, e púxose a ensinarlles moitas cousas.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)