Xesús vivíao todo
desde a compaixón. Era o seu xeito de ser, a súa primeira reacción diante das
persoas. Nunca lle estorbaba ninguén. Non sabía mirar con indiferenza, que é a
peor das miradas. Non soportaba ver ás persoas sufrir, era algo superior ás
súas forzas. Pero a Xesús non o conmoven só as persoas concretas que atopa no
seu camiño (enfermos que o buscan, indesexables que se lle achegan, nenos a
quen ninguén abraza...), senón que tamén sente compaixón pola multitude de
xente que vive desorientada e non ten quen a guíe e alimente. Un día teremos
que revisar diante del como miramos e tratamos a esa multitude de xente que
marcha silenciosamente da igrexa; ás persoas sinxelas e boas que estamos
decepcionando porque non atopan en nós a compaixón de Xesús; crentes que non
saben a quen acudir nin que camiño seguir para atoparse cun Deus máis humano;
cristiáns e cristiás que calan porque están convencidos de que a súa palabra
non será tida en conta por ninguén “importante” na Igrexa.... Pero se nós nos
empeñamos, un día o rostro desta Igrexa mudará: aprenderá a actuar con máis
compaixón, esquecerase dos seus discursos e poñerase a escoitar o sufrimento da
xente. Xesús ten forza para transformar os nosos corazóns e para renovar as
nosas comunidades. Só fai falla que nolo creamos e volvamos a El.
No hay comentarios:
Publicar un comentario