PENTECOSTÉS
Primeira
Lectura Feit 2, 1-11
LECTURA DO
LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Quedaron cheos
do Espírito Santo e puxéronse a falar
Cando se cumpriron os días de
Pentecoste, estaban todos xuntos no mesmo sitio. De súpeto, veu do ceo un ruído
coma dun forte golpe de vento que encheu toda a casa onde estaban; e apareceron
talmente coma linguas de lume, que, repartidas, foron pousando unha sobre cada
un deles.
Quedaron cheos do Espírito Santo e puxéronse
a falar noutras linguas, conforme lles concedía o Espírito.
Había daquela en Xerusalén xudeus
piadosos de todas as nacións da terra. Ao se producir aquel estrondo, xuntouse
a xente e ficou moi desconcertada, porque cada un os sentía falar na súa propia
lingua. Pasmados e admirados, dicíanlles uns a outros:
"Olla! E todos estes que están
aí a falar non son galileos? E logo como é que os sentimos falar cada un de nós
no noso propio idioma nativo? Partos, medos, elamitas, xente da Mesopotamia,
Xudea, Capadocia, Ponto, Asia, Frixia e Panfilia, do Exipto e da parte de Libia
contra Cirene, forasteiros romanos tanto xudeus coma prosélitos, cretenses e
árabes, sentimos falar nas nosas linguas das grandezas de Deus".
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 103, 1ab e 24 ac.
29bc-30. 31 e 34
R/. (30):
Manda, Señor, o teu Espírito e renova a cara da terra.
Ou: Aleluia.
Alma miña,
bendí o Señor.
Señor, meu
Deus, ti es moi grande,
Cantas son,
Señor, as túas obras,
A terra está
chea das túas criaturas.
Retiras o teu
alento, e expiran,
volvendo ao
seu po.
Mandas o teu
alento, e son creados
e renovas a
cara da terra.
Gloria ao
Señor por sempre,
alégrese o
Señor coas súas obras.
Que El acolla
o meu cantar
e alegrareime
eu no Señor
Segunda
Lectura 1 Cor 12, 3b-7. 12-13
LECTURA DA
PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS CORINTIOS
A todos nos
bautizaron nun único Espírito, para formarmos un único corpo
Irmáns:
Ninguén que diga "Renegado
sexa Xesús", fala movido polo Espírito de Deus; e ninguén é capaz a dicir
"Xesús é o Señor", se non é baixo o influxo do Espírito Santo.
Hai diversidade de dons, pero un
mesmo Espírito. Hai diversidade de servizo s, pero un mesmo Señor. Hai
diversidade de realizacións, pero un mesmo Deus, que é quen realiza todo en
todos.
A cadaquén dáselle a manifestación
do Espírito para o ben común.
Porque igual
que o corpo, sendo un, ten moitos membros e todos estes membros, con seren
moitos, non fan máis dun corpo: así tamén Cristo.
Porque a todos nos bautizaron nun
único Espírito, para formarmos un único corpo: tanto xudeus coma gregos, tanto
escravos coma libres. E a todos se nos deu a beber un único Espírito.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA
Se non se
canta, pódese omitir.
Aleluia,
aleluia.
Ven, Espírito
Santo, enche o corazón dos teus fieis;
e acende neles
o lume do teu amor.
Aleluia.
Evanxeo Xn 20, 19-23
LECTURA DO
SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Naquel día, o primeiro da semana,
ao serán, estando pechadas as portas onde estaban os discípulos, por medo dos
xudeus, chegou Xesús e, poñéndose no medio, díxolles:
- Paz convosco.
Dito isto, mostroulles as mans e
mais o costado. Os discípulos alegráronse, vendo o Señor.
El díxolles outra vez:
‑ Paz convosco: coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.
E dito isto alentou sobre eles, e
díxolles:
‑ Recibide o Espírito Santo: a quen lles perdoedes os pecados, quedaranlles
perdoados; a quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.
Palabra do Señor R/. Loámoste, Cristo