Xa
empezan os centros a abrir a matricula para o vindeiro curso, na que algúns
nenos empezaran a súa andaina na formación humana e relixiosa, e outros
continuaran formándose para o seu futuro, que deben procurar que sexa da mellor
maneira para que teñan un porvir brillante e feliz.
Noticias recentes
dos medios de comunicación alarmaron profundamente a sociedade ao contemplar
condutas vandálicas de xoves, que indican unha profunda falla nos valores
humanos e morais da nosa sociedade, que nos teñen que preocupar a todos, porque
unha sociedade sen valores non ten futuro.
Recordo que unha
vez, Dª. Isabel Oubiña, -que en paz estea-, que foi mestra durante moitos anos
en Tremoedo, e logo directora do Grupo Escolar, un día se queixaba amargamente
de que un pai lle viñera a dicir que lle enseñara máis matemáticas e menos
catecismo, porque as matemáticas lle ían servir para a vida e catecismo non lle
servía para nada. E me dicía, pode saber moitas matemáticas e ser un ladrón e unha
mala persoa que termine mal; en cambio se sabe o catecismo e se fai unha boa
persoa pode convivir perfectamente na sociedade a acadar a súa propia
felicidade. Eu lle respondín que tiña toda a razón do mundo.
Si, hoxe sabemos
máis, pero pregúntome ¿somos mellores?, ese é o problema de fondo. Non é que
esteamos contra dos coñecementos de todo, matemáticas, historia, ciencias
sociais, linguas... pero se non temos valores morais non serve de nada.
Por iso necesitamos do ensino da relixión católica e da ética como algo
fundamental para a formación humana da persoa, e isto témolo que ter moi en
conta, tanto os pais, como os alumnos cando se matriculan no ensino.
A CEE lanza un vídeo sobre a clase de
Relixión Católica, na que en catro minutos presenta a un profesor de relixión
moral católica durante o primeiro día de clase. Os alumnos, nun principio indiferentes, terminan prestando atención ao
que o profesor lles conta. A historia narrada en primeira persoa por Lucas, un
xoven profesor, que lles conta cales son as inquedanzas vitais dos persoeiros,
as expectativas dos alumnos e, sobre todo, o sentido dunha asignatura como a
relixión, imprescindible para lograr a formación integral do alumno.
O porfesor comeza
dicindo que el non cambiaría o que fai por nada. Despois, interpela aos alumnos
e lles vai facendo ver a importancia da asignatura para interpretar adecuadamente
realidades como a música ou a pintura. Esta materia, lles di tamén, daravos as
claves para “evitar crises como a que estamos a padecer. Será aquí onde
aprenderedes cal é a mellor inversión que poderedes realizar e da que dependen
tódalas demais, porque o que determina o futuro dun país non son as persoas,
senón o corazón desas persoas”.
CASE O 67% DOS
ALUMNOS.-
Na actualidade, dous de cada tres alumnos elixen cursar voluntariamente
relixión católica. E a propósito das estatísticas que se fan públicas tódolos
anos, os bispos da Comisión Episcopal de Ensino e Catequese enviaron
recentemente a toda a comunidade católica una “Nota” para que se sinta
“especialmente a chamada a seguir con atención e interés todo canto se refire á
formación cristiá dos nenos e xoves nos centros educativos”. Tamén piden aos
responsables dos centros que “garantícen o exercicio efectivo deste dereito
constitucional que lle asiste ós pais”.