DOMINGO XXI ORDINARIO
- CICLO A
Primeira Lectura
Is 22, 19-23
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
Porei a chave da casa de David sobre o seu ombreiro
Así fala o Señor
a Sobne, responsable do templo:
Chimpareite do teu posto empoleirado,
botareite abaixo do teu pedestal.
Sucederá
no día aquel, que chamarei polo meu servo, Eliaquim, fillo de Hilquías. Farei
que vista a túa túnica, e fortalecereino co teu cinguideiro
e porei na súa man o teu posto de mando:
será un pai para os habitantes de Xerusalén e para a casa de
Xudá.
Porei a
chave da casa de David sobre o seu ombreiro:
abrirá, e non haberá quen feche; e fechará, e non haberá
quen abra.
Cravarei a
caravilla da súa tenda nun lugar seguro,
e será trono de gloria para a casa de seu pai.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 137, 1-2a. 2bc-3. 6 e 8bc
R/. (8bc): A túa misericordia, Señor, é para
sempre;
non abandones a obra das túas mans.
Douche grazas, Señor, de todo corazón,
hei cantar para ti diante dos anxos.
Hei prostrarme cara ao teu santo templo.
Dou grazas ao teu nome
pola túa misericordia e a túa fidelidade,
Porque a túa promesa
é máis grande cá túa sona.
Cando te chamo, respóndesme
e acrecentas as miñas forzas.
O Señor é excelso,
e pon os seus ollos no humilde,
e coñece de lonxe o soberbio.
A túa misericordia, Señor, é para sempre,
non abandones a obra das túas mans.
Segunda Lectura Rm
11, 33-36
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS ROMANOS
Del, por el e para el se fan todas as cousas
Que
fondura é a da riqueza, da sabedoría e do coñecemento de Deus! Que
inescrutables son os seus xuízos e inexplorables os seus camiños!
Pois, quen
coñeceu a mente do Señor? Ou quen foi o seu conselleiro? Quen lle emprestou
algo, para que El llo teña que devolver?
Todas as
cousas saíron del e existen por El e para El. A El a gloria polos séculos.
Amén.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Mt 16, 18
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, Aleluia.
Ti es Pedro,
e as forzas do Inferno non prevalecerán en contra dela.
Aleluia.
Evanxeo Mt 16,
13-20
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Ti es Pedro, e a ti hei dar as chaves do Reino dos Ceos
Naquel tempo, chegou Xesús á comarca de
Cesarea de Filipo e facíalles esta pregunta aos seus discípulos:
‑ Quen di a xente que é o Fillo do
Home?
Eles
responderon:
‑ Uns din que Xoán Bautista; outros,
que Elías; outros, que Xeremías ou algún dos profetas.
El
insistiu:
‑ E vós, quen dicides que son eu?
Respondeu
Simón Pedro:
‑ Ti es o Mesías, o Fillo de Deus
vivo.
E Xesús
contestoulle:
‑ Ditoso ti, Simón, Fillo de
Xonás, porque non cho revelou nin a carne nin o sangue, senón meu Pai, que está
nos ceos. E eu dígoche: "Ti es Pedro, e sobre esta pedra vou edificar a
miña Igrexa, e as portas do inferno non prevalecerán en contra dela. Dareiche
as chaves do Reino dos Ceos; todo o que ates na terra, ficará atado nos ceos; e
todo o que desates na terra, ficará desatado nos ceos.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo