jueves, 13 de diciembre de 2012

SANTA LUCÍA


Co descubrimento, feito en 1894, da inscrición sepulcral sobre o "loculus" ou sepulcro da santa nas catacumbas de Siracusa, desapareceron todas as dúbidas sobre a historicidade da nova mártirLucía, cuxa fama e devoción se deben en gran parte á súa lendaria Paixón, posterior ao século V. A inscrición remóntase a comezos do século V, cen anos despois do glorioso testemuño que deu de Cristo a mártir de Siracusa.

Epígrafes, inscricións e o mesmo antigo recordo litúrxico (débese probablemente ao Papa Gregorio Magno a introdución do nome de Santa Lucía no Canon da Misa) demostran a devoción dende antigo, que se difundiu moi pronto non só en Occidente, senón tamén en Oriente.

Lucía pertencía a unha rica familia de Siracusa. A nai, Eutiquia, cando quedou viúva, quería facer casar a filla cun novo paisano. Lucía, que fixera voto de virxindade por amor a Cristo, obtivo que se aprazase a voda, entre outras cousas porque a nai se enfermou gravemente. Devota de Santa Águeda, a mártir de Catania, que vivira medio século antes, quixo levar a nai enferma á tumba da santa. Desta peregrinación a nai regresou completamente curada e por iso permitiulle a filla que seguira o camiño que desexaba, permitíndolle dar aos pobres da cidade o seu rico dote.
O noivo rexeitado vingouse acusando a Lucía ante o procónsulPascasio por ser ela cristiá. Ameazada de ser levada a un prostíbulo para que saíse contaminada, Lucía deulle unha sabia resposta ao procónsul: "O corpo queda contaminado soamente se a alma é consciente".

O procónsul quixo pasar das ameazas aos feitos, pero o corpo deLucía púxose tan pesado que máis de dez homes non lograron movela nin un palmo. Un golpe de espada feriu a Lucía, pero aínda coa garganta cortada a moza seguiu exhortando os fieis para que antepuxesen os deberes para con Deus aos das criaturas, ata cando os compañeiros de fe, que estaban ao seu arredor, selaron o seu conmovedor testemuño coa palabra Amén.

Oración.-
Pedímosche, Señor, por intercesión de santa Lucía, virxe e mártir, que enchas de luz e de gozo os nosos corazóns, e que os que hoxe celebramos o seu martirio na terra cheguemos a contemplar cos nosos propios ollos a túa gloria no ceo. Polo noso Señor Xesucristo, o teu Fillo, que vive e reina contigo na unidade do Espírito Santo e é Deus, por sempre eternamente. Amén.