O evanxelista Marcos, extraordinario pedagogo da fe,
continúa mostrándonos neste domingo as implicacións da vida nova no seguimento
de Xesús. Hoxe faino colocando sobre o
tapete o tema, humano e demasiado humano, do "poder". Cales son os
criterios de acción dun discípulo de Xesús ao respecto?
Non perdamos de vista que Xesús indicou a dirección do
seguimento dende que dixo: "Se algún quere vir detrás de min, néguese a si
mesmo, tome a súa cruz e sígame (Marcos 8,34) e que isto implica un
discernimento de espíritos para escoller -dentro das múltiples atraccións que
exerce sobre nós a vida- o que está en sintonía coa opción da Cruz (8,35-38).
Agora ben, despois de Pedro, toman a palabra os dous irmáns
fillos de Zebedeo, Santiago e Xoán, tamén chamados "fillos do trono"
(quizais polo seu temperamento forte; ver 3,17), pertencentes ao grupo chamado
o primeiro día do evanxeo (1,16-20). Esperaríase que estes discípulos, que
deixaron todo e seguiron" a Xesús, estean xa nun alto nivel de discipulado
e, polo tanto, capaces de diferenciarse dos demais no ámbito do liderado e o
exercicio da autoridade na comunidade.
Coma se se tratase dunha carreira administrativa, os dous
discípulos temperamentais pídenlle a Xesús os postos máis altos no Reino de
Deus: "Concédenos que nos sentemos na túa gloria, un á túa dereita e outro
á túa esquerda (v.37)". A petición suscita unha reacción forte tanto de
Xesús (v.38) coma do resto da comunidade (v.41). Tamén aquí notamos dentro do
texto un arco que conecta a petición inicial coa resposta final, mentres que no
desenvolvemento do texto se van desmontando os vellos hábitos e ao mesmo tempo
que se forman nas actitudes que caracterizan aquel que está "a entrar no
Reino" pola vía do seguimento, "tomando a Cruz".
O núcleo de texto está relacionado co do domingo pasado: a
conversión pascual. Por iso a esta pasaxe precédelle o terceiro anuncio da
paixón e resurrección (vv.31-34) e ten a súa expresión culminante na última e
ben subliñada frase de Xesús: "O Fillo do home non veu a ser servido senón
a servir e a dar a súa vida en rescate por moitos" (v.45). Para un
discípulo o único camiño posible para exercer a autoridade é baleirándose a si
mesmo no camiño da Cruz, dando vida coa súa propia vida.
Relendo devagar e atentamente o texto, vexamos os puntos relevantes da Boa Nova de Xesús sobre o poder-servizo:
Relendo devagar e atentamente o texto, vexamos os puntos relevantes da Boa Nova de Xesús sobre o poder-servizo:
(1) Xesús non rexeita por principio as aspiracións dos
discípulos, Él non desexa discípulos pusilánimes, sen iniciativa e sen
proxección, por iso admite que se chegue a ser "grande" e "o
primeiro" (vv.43-44; ver o v.40). O problema non está no "que"
senón no "paira que" (en función de que) e o "como".
(2) Xesús cuestiona a actitude egocéntrica: cando o interese
polo éxito terreo, o prestixio e a honra persoal é a aspiración fundamental. O
individualismo vaidoso e egocéntrico, que leva a unha persoa a querer
sobrepoñerse sobre os demais, é a fonte da maior parte dos conflitos da
convivencia, como ben o ilustra a división -na indignación duns contra outros-
que xermola inmediatamente na comunidade dos Doce (ver o v.41)
(3) Xesús responde, non cunha teoría, senón sobre o
fundamento da súa propia vida: El é o criterio último de actuar do discípulo.
As aspiracións espontáneas (ou naturais) dos discípulos v(v.35-37) e os modelos
de comportamento da sociedade (v.42) confróntanse coa instrución de Xesús que
indica como é que se lle segue (vv.38-40 e 43-45).
(4) Xesús ensina, non coa coacción dunha lei, senón a partir
do exemplo da súa propia vida. A súa autoridade non é a imposición senón a
atracción do exemplo (ver o "así como" que introduce o v.45).
(5) Xesús reorienta a mirada do discípulo cara ao
radicalismo da paixón, momento cumio do seu ministerio e da súa revelación. Así
aprende que a comuñón con Xesús ou é total ou simplemente non existe. Se é
total, entón inclúe o camiño da cruz, da cal se derivan os principios que
determinan o seu comportamento. Ver os vv.38 e 39 sobre a "copa" e o
"bautismo".
(6) Xesús revela que se ben, dende o punto de vista externo
experimentou a cruz como a agresión do poder relixioso e político que
intentaron anulalo, dende o punto de vista interno viviuna activamente como un
servizo á vida.
(7) Xesús indica, dende a palabra clave "servir"
(v.45), que o camiño do prestixio e da grandeza está en constituírse
"servidor" e "escravo" (vv.43-44). O posto máis alto é o
máis baixo, só se é primeiro se se ocupa o posto dos últimos. O discípulo é o
que fai das necesidades dos demais o centro das súas preocupacións, o centro
non é el mesmo senón os outros.