DOMINGO II DE CORESMA -
CICLO A
Primeira Lectura
Xen 12, 1-4a
LECTURA DO LIBRO DA XÉNESE
Vocación de Abrahán, pai do pobo de Deus
Naqueles días, o
Señor díxolle a Abram:
Sae da túa terra
e da túa patria e do teu clan para a terra que eu che mostrarei.
Eu farei
de ti un pobo grande, bendicireite e dareiche un nome con sona, que será
exemplo de bendición.
Bendicirei
a quen te bendiga, maldicirei a quen te maldiga. Os pobos todos da terra
chamaranse benditos no teu nome.
Abram saíu,
conforme lle dixera o Señor.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 32, 4-5. 18-19. 20 e 22
R/. (22): Veña a nós,
Señor, a túa misericordia, como de ti o esperamos.
A palabra do Señor é recta
e todas as súas obras son leais:
el ama o dereito e a xustiza,
a súa misericordia enche a terra.
Os ollos do Señor están postos nos que o temen,
nos que esperan na súa misericordia,
para liberar las súas vidas da morte,
para os manter no tempo da miseria.
Nós agardamos lo Señor:
El é o noso socorro, o noso escudo.
Veña a nós, Señor, a túa misericordia,
como de ti o esperamos.
Segunda Lectura 2
Tim 1, 8b-10
LECTURA DA SEGUNDA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO A TIMOTEO
Deus chámanos e ilumínanos
Benquerido
irmán:
Comparte
comigo os sufrimentos polo Evanxeo, contando co poder de Deus. El santificounos
e chamounos a unha vocación santa, non polas nosas obras, senón polo seu
designio e pola graza que nos deu en Cristo Xesús antes de todos os tempos, e
que se manifestou agora pola aparición do noso Salvador, Cristo Xesús.
El
destruíu a morte e alumou a vida e a inmortalidade por medio do Evanxeo.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
VERSÍCULO
Oíuse a voz do Pai, que dicía desde a resplandecente nube:
Evanxeo Mt 17, 1-9
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
O seu rostro resplandecía coma o sol
Naquel
tempo, levou Xesús consigo a Pedro, a Santiago e a Xoán seu irmán
, e subiu con
eles sós a un monte alto.
Alí
transfigurouse diante deles; o seu rostro resplandecía coma o sol; e os seus
vestidos viraron brancos coma a luz.
Nisto
aparecéuselles Moisés e tamén Elías, que estaban falando con el.
Pedro
colleu a palabra e díxolle a Xesús:
‑ Señor, que bo sería ficarmos aquí!
Queres que faga aquí tres tendas, unha para ti, outra para Moisés e outra para
Elías?
Aínda el
estaba falando, cando apareceu unha nube luminosa que os cubriu; e oíuse unha
voz que dende a nube dicía:
‑ Este é o meu Fillo benquerido, o
que me comprace; escoitádeo.
Ó
escoitaren isto, os discípulos caeron debruzados, cheos de temor. Xesús,
achegándose, tocounos e díxolles:
‑ Erguédevos, non teñades
medo!
Levantando
os ollos, non viron a ninguén fóra de Xesús.
Cando
baixaban do monte, Xesús encargoulles:
‑ Non lle faledes desta visión a
ninguén, ata que o Fillo do Home resucite de entre os mortos.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo