I DOMINGO DE CORESMA - CICLO C
Primeira Lectura Dt 26, 4-10
LECTURA DO LIBRO DO DEUTERONOMIO
Confesión de fe do pobo elixido
Faloulle
Moisés ao pobo dicindo:
O
sacerdote collerá a cesta da túa man e poraa diante do altar do Señor, teu
Deus. Entón ti tomarás a palabra e dirás diante do Señor, teu Deus: Meu pai era
un arameo errante que baixou a Exipto, onde residiu como emigrante con pouquiña
xente que o acompañaba.
Alí
converteuse nun pobo grande, poderoso e numeroso. Pero os exipcios
maltratáronnos, oprimíronnos e impuxéronnos cruel servidume.
Entón
chamamos polo Señor, Deus de nosos pais, e o Señor escoitou o noso clamor e viu
a nosa opresión e o noso duro traballo.
Logo o
Señor fíxonos saír de Exipto con man forte e brazo estendido, con gran terror,
con sinais e con feitos marabillosos, e fíxonos entrar neste santuario e
entregounos esta terra, terra que deita leite e mel.
Por isto,
velaí que agora eu trouxen as primicias dos froitos da terra que ti me deches,
Señor. Poralas na presenza do Señor, teu Deus, prostraraste na presenza do
Señor, teu Deus.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 90, 1-2. 10-11. 12-13. 14-15
R/. (cf. 15b): Acompáñame, Señor, na tribulación.
Ti que habitas ao abeiro do Altísimo
e moras á sombra do Omnipotente,
dille ao Señor: "Meu refuxio, miña forza,
meu Deus, en quen confío".
Ningún mal te atinxirá,
ningunha praga se achegará á túa tenda,
porque el mandará os seus anxos onda ti,
para que te garden en todos os camiños.
Levarante nas súas mans,
para que non bata na pedra o teu pé.
Poderás camiñar sobre áspides e víboras,
e esmagar o león e o dragón.
Hei libralo, porque se apegou a min;
hei protexelo, porque coñece o meu nome.
Cando me chame, hei responderlle;
con el estarei na aflición,
para defendelo e honralo.
Segunda Lectura Rm 10, 8-13
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS ROMANOS
Confesión de fe de quen cre en Cristo
Irmáns:
Que di a
Escritura?
‑ Cerca de ti está a palabra,
na túa boca e no teu corazón.
Esa é a
palabra da fe que anunciamos. Porque, se confesas coa túa boca que Xesús é
Señor e cres de corazón que Deus o resucitou dos mortos, serás salvo. Pois
crese co corazón para acadar a xustiza; e maniféstase coa boca para lograr a
salvación. Porque di a Escritura: todo o que crea nel non quedará defraudado.
Daquela
non hai diferenza entre o xudeu e o grego, pois un mesmo é o Señor de todos,
rico para todos os que o invocan; porque todo o que invoque o nome do Señor
será salvo.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
VERSÍCULO Mt 4, 4b
O home non vive só de pan,
senón de toda palabra que procede da boca de Deus.
Evanxeo Lc 4,
1-13
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Era conducido polo Espírito ao deserto, e era tentado
Naquel
tempo, Xesús, cheo de Espírito Santo, volveu do Xordán, e o Espírito levouno
deserto adiante, durante corenta días, onde o tentou o Satán. Naqueles días non
probou bocado, pero ao cabo deles sentiu fame.
E díxolle
o Satán:
‑ Se es o Fillo de Deus, manda que estas pedras se volvan pan.
Respondeulle Xesús:
‑ Está escrito: O home vive de algo máis que de pan.
Despois
levouno a un outeiro e mostroulle nun intre todos os reinos do mundo. Díxolle o
Satán:
‑ Dareiche todo o seu poder e toda a súa gloria, porque mos entregaron
a min e doullos eu a quen quero: Se me adoras todo será teu.
Respondeulle Xesús:
‑ Escrito
está: Adorarás o Señor, teu Deus, e só a El darás culto.
Levouno
logo a Xerusalén e plantouno no cumio do templo e díxolle:
‑ Se es o Fillo de Deus, bótate de aquí abaixo, que está escrito:
Mandará os seus anxos para que te garden; e tamén: Levarate nas súas mans para que non
se manquen os teus pés nas pedras.
Xesús
respondeulle:
‑ Está mandado:Non tentarás o Señor, teu Deus.
E
rematadas as tentacións, o Satán deixouno ata o tempo axeitado.
Palabra do Señor R/. Loámoste,
Cristo