O Concilio Vaticano II
22 de enero de 2022
A iniciativa do papa Xoán XXIII de crear un Secretariado para a Unidade dos Cristiás dentro da estrutura da Curia Romana (1960) xa facía pensar en que o Concilio ía a ser un punto de inflexión da Igrexa con respecto ao Movemento ecuménico. O Secretariado, dirixido polo xesuita Augustin Bea, convertirase ou funcionará na práctica como unha comisión conciliar. Non en van, o anuncio da celebración do Concilio foi feita polo Papa na igrexa de San Paulo extramuros, ao remate da Semana de Oración pola unidade dos cristiás (25.01.1959)
O Ecumenismo vai a ser así un punto de referencia clave para a obra conciliar, nomeadamente na súa reflexión sobre a Igrexa. O decreto Unitatis redintegratio, xunto coa constitución Lumen gentium e o decreto Orientalium ecclesiarum, serán os pilares da entrada oficial de la Igrexa católica no Movemento Ecuménico.
A partir do Concilio a Igrexa católica estableceu diálogo teolóxico y relacións bilaterais fraternas con todas as Igrexas históricas de Oriente e de Occidente. Tamén o realiza directamente co Consello Mundial de Igrexas, no cal é membro da súa Comisión doutrinal, Fe e Constitución. Este diálogo multilateral internacional tamén está apoiado en outros a nivel nacional e rexional en diversas partes do mundo.
a) Froito deste traballo, publicáronse varios importantes documentos de converxencia por parte desa comisión, que están marcando as relacións ecuménicas actuais:
O Documento de Lima (1982): Bautismo, Eucaristía e Ministerio.
A Conferencia Mundial de Fe e Constitución en Santiago de Compostela (1993): sobre a comuñón na Igrexa
A publicación dun documento que está a ser estudiado polas diferentes igrexas: “A Igrexa: cara a unha visión común” (2013).
b) No ámbito bilateral, xa o temos mencionado, un fito histórico foi o acordo entre a Igrexa Católica e a Federación Luterana Mundial en 1999, coa firma da Declaración Conxunta sobre a sobre a doutrina da xustificación.
c) Isto posibilitou a conmemoración conxunta dos cincocentos anos do inicio da Reforma no ano 2017.
d) E, ao mesmo tempo, deu comezo ao proceso de conmemorar tamén desa forma a gran iniciativa de comuñón que no seu tempo supuxo a Confesión de Augsburgo (1530-2030), a pesares de que, como sucedera anos antes, non se puido evitar a división.
f) Outro acontecemento que vai a marcar as axendas ecuménica máis cerca vai ser a conmemoración do 1700 aniversario do Concilio de Nicea, que marcou a constitución do Credo que nos une a tódolos cristiás (325-2025).
g) Así mesmo, tamén é importante sinalar os pasos que se están dando no diálogo coas igrexas ortodoxas bizantinas entorno á figura do ministerio de Pedro na Igrexa, un ministerio que eles nunca negaron nin negan. Por iso, están revisando de forma conxunta como se executaba no primeiro milenio da Igrexa indivisa (Ravenna, 2007; Chieti, 2016).
Se visitamos a páxina web do Pontificio Consello para a Promoción da Unidade dos Cristiáns (http://www.christianunity.va/content/unitacristiani/it.html), darémonos conta da toda riqueza que significa para nos, os católicos, establecer diálogo coa meirande maioría dos cristiáns, nomeadamente con aqueles que están aumentando de forma exponencial en todo o mundo: os Pentecostáis.
Benito Méndez
Profesor do ITC