A San Xosé Deus
encomendoulle a inmensa responsabilidade e privilexio de ser esposo da Virxe María e
custodio da Sagrada Familia. É por iso o santo que máis preto esta de Xesús e
da Stma. Virxe María.
O noso Señor foi chamado
"fillo de Xosé" (Juan 1:45; 6:42; Lucas4:22) o
carpinteiro (Mateo 12:55).
Non era pai natural de Xesús (quen foi xerado no ventre virxinal da Stma. Virxe María por obra do Espírito Santo e é Fillo de Deus), pero Xosé adoptouno e Xesús someteuse como un bo fillo ante o seu pai. Canto influenciou Xosé no desenvolvemento humano do neno Xesús! Que perfecta unión existiu no seu exemplar matrimonio con María!
San Xosé é chamado o "Santo do silencio" Non coñecemos palabras expresadas por el, tan só coñecemos as súas obras, os seus actos de fe, amor e de protección como pai responsable do benestar do seu amadísima esposa e do seu excepcional Fillo. Xosé foi "santo" dende antes dos desposorios. Un "escollido" de Deus. Dende o principio recibiu a graza de discernir os mandatos do Señor.
As principais fontes de información sobre a vida de San José son os primeiros capítulos do evanxeo de Mateo e de Lucas. Son ao mesmo tempo as únicas fontes seguras por ser parte da Revelación.

Non todo lle
foi fácil. María esperaba un fillo cuxa orixe divina Xosé ignoraba. Por iso,
ante o misterio, como bo xudeu, decide retirarse. Ademais, ama a María, sabe
que é honrada, e non quere dar ocasión de entregala á lei implacable. Con razón
o Evanxeo chámalle, sinxelamente, “xusto”.
Só a
intervención do anxo racha o veo das súas dúbidas. “É obra do Espírito Santo”.
Poralle por nome Xesús, será o seu pai legal e sabe que a súa misión é salvar
ao seu pobo. Van encaixando todas as pezas. Agora enténdeo.
Xosé é o
exemplo de fe e confianza en Deus. “Fixo o que lle mandou o anxo”. Escoita sen
comprender, obedece sen saber o sentido: “Non temas en recibir a María, foxe a
Exipto, volve”. Está sempre aberto á sorpresa da fe. Mantense forte nos
momentos da dúbida e as dificultades. Cantas veces nos resulta espeso o
silencio de Deus! Cantas veces gritamos: por que? E san Xosé invítanos a
confiar. Seguro que chegará a luz.
O Evanxeo non
dedica a Xosé outro eloxio que “xusto”. Para que máis títulos? Ao falar dos
santos, resultamos excesivamente barrocos. Cargámolos de milagres, portentos e
cousas marabillosas. Ás veces irrítanos
ou, polo menos, asómbranos moito atopar nas Vidas de Santos un primeiro
parágrafo xa absolutamente milagroso, tratando de restar humanidade á madeira
de que aqueles homes estaban feitos.
Con razón, a
liturxia cántalle a san Xosé: “Servidor fiel e prudente”.