viernes, 23 de marzo de 2012

SAN XOSÉ


       A San Xosé Deus encomendoulle a inmensa responsabilidade e privilexio de ser esposo da Virxe María e custodio da Sagrada Familia. É por iso o santo que máis preto esta de Xesús e da Stma. Virxe María.
       O noso Señor foi chamado "fillo de Xosé" (Juan 1:45; 6:42; Lucas4:22) o carpinteiro (Mateo 12:55).
        Non era pai natural de Xesús (quen foi xerado no ventre virxinal da Stma. Virxe María por obra do Espírito Santo e é Fillo de Deus), pero Xosé adoptouno e Xesús someteuse como un bo fillo ante o seu pai. Canto influenciou Xosé no desenvolvemento humano do neno Xesús! Que perfecta unión existiu no seu exemplar matrimonio con María!
       San Xosé é chamado o "Santo do silencio" Non coñecemos palabras expresadas por el, tan só coñecemos as súas obras, os seus actos de fe, amor e de protección como pai responsable do benestar do seu amadísima esposa e do seu excepcional Fillo. Xosé foi "santo" dende antes dos desposorios. Un "escollido" de Deus. Dende o principio recibiu a graza de discernir os mandatos do Señor.
       As principais fontes de información sobre a vida de San José son os primeiros capítulos do evanxeo de Mateo e de Lucas. Son ao mesmo tempo as únicas fontes seguras por ser parte da Revelación.
        Non todo lle foi fácil. María esperaba un fillo cuxa orixe divina Xosé ignoraba. Por iso, ante o misterio, como bo xudeu, decide retirarse. Ademais, ama a María, sabe que é honrada, e non quere dar ocasión de entregala á lei implacable. Con razón o Evanxeo chámalle, sinxelamente, “xusto”.
       Só a intervención do anxo racha o veo das súas dúbidas. “É obra do Espírito Santo”. Poralle por nome Xesús, será o seu pai legal e sabe que a súa misión é salvar ao seu pobo. Van encaixando todas as pezas. Agora enténdeo.
       Xosé é o exemplo de fe e confianza en Deus. “Fixo o que lle mandou o anxo”. Escoita sen comprender, obedece sen saber o sentido: “Non temas en recibir a María, foxe a Exipto, volve”. Está sempre aberto á sorpresa da fe. Mantense forte nos momentos da dúbida e as dificultades. Cantas veces nos resulta espeso o silencio de Deus! Cantas veces gritamos: por que? E san Xosé invítanos a confiar. Seguro que chegará a luz.
       O Evanxeo non dedica a Xosé outro eloxio que “xusto”. Para que máis títulos? Ao falar dos santos, resultamos excesivamente barrocos. Cargámolos de milagres, portentos e cousas marabillosas.   Ás veces irrítanos ou, polo menos, asómbranos moito atopar nas Vidas de Santos un primeiro parágrafo xa absolutamente milagroso, tratando de restar humanidade á madeira de que aqueles homes estaban feitos.
        Con razón, a liturxia cántalle a san Xosé: “Servidor fiel e prudente”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario