XXXII DOMINGO DO TEMPO
ORDINARIO - CICLO B
Primeira Lectura 1
Re 17, 10-16
LECTURA DO LIBRO PRIMEIRO DOS REIS
A viúva fixo un pequeno pan coa pouca fariña que tiña e
deullo a Elías
Naqueles
días, foi o profeta Elías á Sarepta e, ao entrar pola porta da cidade, viu alí
unha muller viúva, que estaba xuntando guizos. Elías chamou por ela e díxolle:
‑ "Fai o favor e vaime por unha pouca auga na xerra para
beber".
Mentres ía
ela collerlla, Elías chamouna e díxolle:
‑ "Tráeme tamén, se podes, na túa man un anaco de pan".
Ela
díxolle:
‑ "Pola vida do Señor, teu Deus, que non teño pan ningún. Quédame
só na artesa unha presa de fariña e unha pinga de aceite na aceiteira.
Ves que estou apañando guizos. Irei preparalo para min e para o meu fillo.
Comerémolo e despois teremos que morrer".
Díxolle
Elías o texbita:
‑ "Non teñas medo. Anda e fai como dixeches. Pero primeiro
prepara un panciño con iso e tráemo a min. Despois xa prepararás para ti e para
teu fillo. Pois isto di o Señor, Deus de Israel:
A talla de
fariña non se acabará e a aceiteira do aceite non minguará,
ata o día
en que o Señor mande a chuvia á terra".
Foi ela
facer o que Elías lle dixera. E comeu el, ela e seu fillo, moito tempo, sen que
se acabase a fariña da talla nin minguará o aceite na aceiteira, como dixera o
Señor por medio de Elías.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 145, 7. 8-9a. 9bc-10
R/. (1): Loa, alma miña, o Señor.
Ou: Aleluia.
O Señor garda por sempre a súa fidelidade:
failles xustiza aos oprimidos
e dálles pan aos famentos.
O Señor libra os cativos.
O Señor abre os ollos dos cegos,
o Señor endereita os dobrados,
o Señor ama os xustos.
O Señor protexe os forasteiros.
O Señor sostén os orfos e as viúvas,
extravía os camiños dos malvados.
O Señor reina eternamente,
o teu Deus, Sión, por xeracións e xeracións.
Aleluia.
Segunda Lectura
Heb 9, 24-28
LECTURA DA CARTA AOS HEBREOS
Cristo sacrificouse dunha vez para sempre para quitar os
pecados de moitos
Irmáns:
Cristo non
entrou nun santuario de feitío humano, copia do verdadeiro, senón que entrou no
propio ceo, para poder presentarse agora diante do mesmo Deus a favor noso; e
non para repetir moitas veces o seu propio sacrificio, como fai o Sumo
Sacerdote, que entra cada ano no santuario levando sangue alleo, porque, se así
for, debería ter sufrido moitas veces desde a creación do mundo; pero agora
manifestouse dunha vez para sempre, no derradeiro período da historia, para
acabar co pecado polo sacrificio de si mesmo.
Como o
destino de todo home é morrer só unha vez e, a continuación da morte, vén o
xuízo, así tamén Cristo, despois que se ofrendou para quitar os pecados,
aparecerase por segunda vez, agora sen relación co pecado, para salvar os que o
están agardando con ansia.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA Mt 5, 3
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
Ditosos os pobres no espírito,
porque deles é o Reino dos Ceos.
Aleluia.
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Esta pobre viúva deu máis ca todos
Naquel
tempo, Xesús ensinaba á xente dicíndolles:
‑ Coidado cos letrados! Gustan moito de se pasearen con vestidos
fachendosos, e que lles fagan reverencias polas rúas; buscan os primeiros
postos nas sinagogas e mais nos banquetes. E acábanlles cos bens ás viúvas,
facéndose os piadosos. Pero serán xulgados como lles cómpre.
Sentado
fronte por fronte da sala do tesouro, ollaba para a xente que botaba cartos no
peto. E moitos ricos botaban con fartura. E nisto viu unha viúva pobriña botar
uns céntimos nada máis, unha miseria coma quen di. Entón chamou os seus
discípulos, é díxolles:
‑ Asegúrovos que esa pobre viúva botou máis cós ricos todos. Pois eles
botaron o que lles sobraba, pero ela na súa pobreza, botou todo canto tiña para
vivir.
Palabra do
Señor R/.
Loámoste, Cristo