Estamos a vivir nun momento da historia no que sobran
palabras e faltan silencios. Sobran palabras porque todo o mundo coida que ten
algo que dicir, e para tal fin utiliza algún dos moitos medios ao seu alcance.
Así, non é de estrañar que, dun ou doutro xeito, teñamos un ha saturación de
palabras, o que trae como consecuencia que non deixamos tempo para o silencio,
a reflexión, o pensamento pausado que vai madurando no tempo e co tempo. Algo
así lle pasaba tamén a Samuel.
Entre tantas palabras non era capaz de distinguir a voz de
Deus, por iso confundíaa con outras. Resultáballe descoñecida. Pero Deus, que
non se rende facilmente, insiste unha e outra vez para que He fagamos oco na
nosa vida, para que lle prestemos atención á súa palabra, para que o descubramos
no decorrer dos acontecementos de cada día. Deste xeito, aínda que tarde (cousa
que a Deus, que ten unha perspectiva diferente á nosa, non He importa), Samuel
acaba escoitando e recoñecendo a súa voz. E unha vez recoñecida, e sabendo a
fondura que esa voz achega, ábrese
confianza e deixase levar polo agarimo dunha palabra que ten a Deus como
principio, acompañante e meta no camiño da vida. Por iso, cheo de confianza,
responde: "fala, Señor, que o teu servo escoita". Tamén hoxe, a cada
un e cada unha de nós, Deus nos vai falando, vai dirixindo a súa voz, vai
espallando o eco da súa palabra; pero moitas veces, como lle ocorría a Samuel,
non somos capaces de distinguila, de escoitala, de recoñecela, porque a nosa
atención está noutras palabras. Porén, El non cansa, como non cansou con
Samuel, e segue a chamarnos, a facernos oír a súa voz. Oxalá nos esforcemos por
recoñecela no medio do balbordo dun mundo cheo de voces, si; pero escaso de
palabras que entusiasmen, enchan, alenten e aleden.
A nosa
resposta en positivo, libre e esperanzada abriranos á confianza da nosa relación con Deus. O
"aquí estou, Señor" de cada un e cada unha de nós ha ser a esixencia
de converter a nosa vida non na rutina do sucederse dos días, senón no esforzo
por facer presente as actitudes que emanan desa palabra que chega a nós a
través da voz do compromiso ético, da responsabilidade á hora de facer cousas a favor dos demais, da
superación da tentación do individualismo e do derrotismo que afirman que o
importante é un e que non se pode facer nada máis que pensar nun e no dun. O
aquí estou de cada un e cada unha de nós pasa pola vida, polo que facemos, polo
modo de facelo, pola dispoñibilidade cara aos demais, pola actitude positiva a
pesar dos nubeiros e dificultades que seguimos atopando cada día. Porque, se
non fose así, como nos poderiamos confesar crentes e afirmar a importancia e
interioridade da fe na nosa vida? Ter fe non é crer no que non vemos, senón
actuar desde Aquel en quen que cremos.
Entenderon
moi ben isto os seu discípulos, e Xoán hoxe cóntanolo no Evanxeo. E entendérono
porque descubriron canto lles achega e canto os enchía estar ao seu lado, por
iso quedaron con El. Tamén nós podemos quedar con El, ou mellor, deixar que El
quede connosco.
Pero non
vai depender tanto do que El faga -esta é a nosa percepción equivocada-, senón
do que nós fagamos para que El quede. Unha vez máis, no respecto á nosa
liberdade, de nós depende
acollelo e deixar que nos acompañe no camiño que imos facendo.
Pero para iso, antes é necesario
atoparse con El. Faremos o esforzo de buscalo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario