Como ben nos di a primeira lectura, temos que aprender a
preguntarlle ao tempo por Deus. Ao tempo difícil, convulso, cargado de
pesimismo e cheo de nubes baixas a punto de abrirse e soltar a auga sobre nós;
ao tempo que nos invitas a construír entre todos, porque nos necesitamos e
ninguén debe quedar á marxe; ao tempo no que as cousas non saen como
pensabamos; ao tempo que tantas veces perdemos por non dar entendido que é
tarefa nosa, libre e responsable, aproveitalo para que dea froito; ao tempo no
que o froito está chamado a medrar e a estenderse, facendo da nosa casa,
barrio, parroquia, traballo... momento de colaboración, entendemento, diálogo e
escoita, como Ti nos aprendiches nesa relación fonda e sempre agarimosa de Pai
que no seu Fillo nos deixa gozar da forza e presenza do Espírito. Neste domingo
da Santísima Trindade, domingo de comuñón e relación, que aprendamos a
descubrirte en canto nos leve a unir mans para facer proxectos que engloben e
non exclúan.
viernes, 1 de junio de 2012
Lecturas
DOMINGO SANTÍSIMA TRINIDADE
CICLO B
Primeira Lectura
Dt 4, 32-34. 39-40
LECTURA DO LIBRO DO DEUTERONOMIO
O Señor é Deus no alto dos ceos e no profundo da terra, e
non hai outro máis ca El
Faloulle Moisés ao pobo e díxolle:
-
Pregúntalles aos tempos antigos, que houbo antes de ti desde o día en que Deus
creou a humanidade sobre a terra, e desde un cabo do ceo ata o outro cabo do
ceo: Houbo algo tan grande coma isto ou oíuse algo semellante? Escoitou algún
pobo a voz de Deus falándolle desde o medio do lume, tal coma ti a escoitaches,
e seguiches vivindo? Ou intentou algún deus vir coller para si unha nación do
medio doutros pobos, con castigos, con sinais e prodixios, con guerra, con man
forte e brazo estendido, con terrores grandes, de maneira semellante a todo o
que o Señor, o voso Deus, fixo no voso favor en Exipto aos teus propios ollos?
Recoñéceo hoxe e dálle voltas no teu corazón: o Señor é Deus, arriba no
ceo e abaixo na terra, e que non hai outro.
Garda
os seus mandatos e leis que eu mando hoxe: serache bo para ti e para os teus
fillos despois de ti, e alongarás os teus días sobre a terra que o Señor, o teu
Deus, che vai dar para sempre".
Palabra do Señor
R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 32, 4-5. 6 e 9. 18-19. 20 e 22
R/. (12b): Feliz o pobo a quen Deus escolleu como
herdade.
A palabra do Señor é recta
e todas as súas obras son leais:
el ama o dereito e a xustiza,
a súa misericordia enche a terra.
A palabra do Señor fixo os ceos,
o alento da súa boca os astros todos,
pois El falou, e todo existiu,
El mandouno, e todo xurdiu.
Os ollos do Señor están postos nos que o temen,
nos que esperan na súa misericordia,
para librar as súas vidas da morte,
para os manter no tempo da miseria.
Nós agardamos o Señor:
El é o noso socorro, o noso escudo.
Veña a nós, Señor, a túa misericordia,
como de ti o esperamos.
Segunda Lectura Rm
8, 14-17
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS ROMANOS
Recibistes o Espírito de fillos de adopción, no que clamamos: Abba, Pai
Irmáns:
Cantos
se deixan guiar polo Espírito de Deus, eses son fillos de Deus. Pois non
recibistes un espírito de escravitude, para volverdes ao temor. Non.
Vós
recibistes un espírito de fillos adoptivos, grazas ao que podemos gritar:
"Abbá": Pai!
Este
mesmo Espírito, xuntamente co noso, dá testemuño de que somos fillos de Deus.
E, se fillos, tamén herdeiros: herdeiros de Deus e coherdeiros con Cristo; se
padecemos con el, é para sermos tamén
glorificados con el.
Palabra do
Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Cf. Ap 1, 8
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
Gloria ao Pai e ao Fillo e ao Espírito Santo,
ó Deus que é, e que era, e que virá.
Aleluia.
Evanxeo Mt 28,
16-20
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEU
Bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo
Naquel
tempo, os once discípulos foron a Galilea, ao monte onde Xesús os citara. Vendo
a Xesús, prostráronse perante el, aínda que algúns dubidaban.
Entón
acercouse Xesús e díxolles:
‑
Déuseme todo poder no ceo e mais na terra. Ide, pois, e facede discípulos meus
a todos os pobos, bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo,
ensinándolles a gardar canto vos mandei. Asegúrovos que eu estarei sempre
convosco ata a fin do mundo.
Palabra do
Señor R/.
Loámoste, Cristo
sábado, 26 de mayo de 2012
Comentario
O medo nunca é bo compañeiro de viaxe, e a primeira lectura
de hoxe claramente nolo di: os Apóstolos, porque tiñan medo, pecháranse na
casa. Non saían, non se relacionaban cos demais, non abandonaban a actitude
derrotista que lles supuxera canto lle ocorrera a Xesús. O seu medo freaba a
misión, da que falabamos o domingo pasado, que lles encomendara Xesús: “Ide e
anunciade”. Estando nestas, algo lle ocorre porque comezan a cambiar, e onde
había retraemento, vergoña, complexo de inferioridade... comeza a agromar
forza, ilusión, alento, gañas de saír e atoparse con xente, necesidade de
dicir, compartir, explicar, testemuñar todo o que foran sentindo e descubrido
no seu contacto con Xesús. Tomaron conciencia de que xa era hora de deixar
atrás o tempo do dó, que había que comezar a poñer as cousas en claro, que o
que estaban a facer non respondía ao que sentiran, experimentaran e gozaran con
Xesús, que laiarse podía valer por un tempo, pero non levaba a nada se este
tempo se ía facendo cada vez máis longo, xa que acababa facendo as súas vidas
totalmente estériles. Por iso senten a necesidade de romper con esta actitude e
recomezar. Verdade que isto nos resulta familiar? Cantas veces a nós nos ocorre
algo parecido? Cantas veces nos deixamos ir e alongamos no tempo estas
actitudes fatalistas ás que parece non queremos poñer fin? Eles foron capaces
de darlle outro rumbo á vida porque confiaron no que lles dixera Xesús, por iso
foron percibindo que algo estaba a cambiar. A presenza do Espírito Santo foise
deixando sentir neles, foinos invadindo pouco a pouco. Deste xeito non só as
súas actitudes, senón a percepción que tiñan da vida e das cousas foi
cambiando. Entenderon ao fin, que a partitura xa estaba escrita, que agora
había que interpretala, e os mellores músicos para facelo eran eles. Tamén hoxe
segue escrita a partitura, e somos nós, os cristiáns do século XXI os músicos
que temos que interpretala.
E ha ser esta unha interpretación na que imos ter o mellor
de tódolos directores: o Espírito Santo. El sabe moito de música, ten moita
experiencia dirixindo, sabe que corresponde interpretar a cada un, pero de nós
vai depender que se produza a mellor das harmonías entre o director e os seus
músicos. Unha harmonía que nos chama a que cada un/ha de nós, con instrumentos
distintos, colaboremos para que a partitura teña a mellor das interpretacións.
Poñamos da nosa parte tódalas calidades, e deixemos que o director, o Espírito
Santo, leve a batuta para facer de nós verdadeiros artistas da música de Xesús,
cuxas notas resoan no mundo de hoxe. Un mundo apertado, e moitas veces abafado,
na desesperación que produce a crise co paro, os recortes, a perda de dereitos
sociais ou a ameaza de que o que hoxe están a pasar outros, mañá nos pode
ocorre a nós.
Por iso é tan importante sentir a presenza do Espírito Santo
nas nosa vidas, para que El, como ocorreu cos apóstolos, tamén nos alente,
anime, estimule e mova a non deixarnos caer nin levar da sensación de fracaso e
impotencia. Sen ser redentores de nada, a forza da fe ten que levarnos a evitar
deixarnos levar da sensación de angustia e derrotismo. Deus é amor, e o seu
amor temos que vivilo e transmitilo uns para cos outros. Só sabendo interpretar
esta partitura entre todos, conseguiremos entender a razón e o porqué da nosa
fe, no hoxe e agora da vida de cada un/ha.
viernes, 25 de mayo de 2012
Lecturas
PENTECOSTÉS
Primeira
Lectura Feit 2, 1-11
LECTURA DO
LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Quedaron cheos
do Espírito Santo e puxéronse a falar
Cando se cumpriron os días de
Pentecoste, estaban todos xuntos no mesmo sitio. De súpeto, veu do ceo un ruído
coma dun forte golpe de vento que encheu toda a casa onde estaban; e apareceron
talmente coma linguas de lume, que, repartidas, foron pousando unha sobre cada
un deles.
Quedaron cheos do Espírito Santo e puxéronse
a falar noutras linguas, conforme lles concedía o Espírito.
Había daquela en Xerusalén xudeus
piadosos de todas as nacións da terra. Ao se producir aquel estrondo, xuntouse
a xente e ficou moi desconcertada, porque cada un os sentía falar na súa propia
lingua. Pasmados e admirados, dicíanlles uns a outros:
"Olla! E todos estes que están
aí a falar non son galileos? E logo como é que os sentimos falar cada un de nós
no noso propio idioma nativo? Partos, medos, elamitas, xente da Mesopotamia,
Xudea, Capadocia, Ponto, Asia, Frixia e Panfilia, do Exipto e da parte de Libia
contra Cirene, forasteiros romanos tanto xudeus coma prosélitos, cretenses e
árabes, sentimos falar nas nosas linguas das grandezas de Deus".
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 103, 1ab e 24 ac.
29bc-30. 31 e 34
R/. (30):
Manda, Señor, o teu Espírito e renova a cara da terra.
Ou: Aleluia.
Alma miña,
bendí o Señor.
Señor, meu
Deus, ti es moi grande,
Cantas son,
Señor, as túas obras,
A terra está
chea das túas criaturas.
Retiras o teu
alento, e expiran,
volvendo ao
seu po.
Mandas o teu
alento, e son creados
e renovas a
cara da terra.
Gloria ao
Señor por sempre,
alégrese o
Señor coas súas obras.
Que El acolla
o meu cantar
e alegrareime
eu no Señor
Segunda
Lectura 1 Cor 12, 3b-7. 12-13
LECTURA DA
PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS CORINTIOS
A todos nos
bautizaron nun único Espírito, para formarmos un único corpo
Irmáns:
Ninguén que diga "Renegado
sexa Xesús", fala movido polo Espírito de Deus; e ninguén é capaz a dicir
"Xesús é o Señor", se non é baixo o influxo do Espírito Santo.
Hai diversidade de dons, pero un
mesmo Espírito. Hai diversidade de servizo s, pero un mesmo Señor. Hai
diversidade de realizacións, pero un mesmo Deus, que é quen realiza todo en
todos.
A cadaquén dáselle a manifestación
do Espírito para o ben común.
Porque igual
que o corpo, sendo un, ten moitos membros e todos estes membros, con seren
moitos, non fan máis dun corpo: así tamén Cristo.
Porque a todos nos bautizaron nun
único Espírito, para formarmos un único corpo: tanto xudeus coma gregos, tanto
escravos coma libres. E a todos se nos deu a beber un único Espírito.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
ALELUIA
Se non se
canta, pódese omitir.
Aleluia,
aleluia.
Ven, Espírito
Santo, enche o corazón dos teus fieis;
e acende neles
o lume do teu amor.
Aleluia.
Evanxeo Xn 20, 19-23
LECTURA DO
SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Naquel día, o primeiro da semana,
ao serán, estando pechadas as portas onde estaban os discípulos, por medo dos
xudeus, chegou Xesús e, poñéndose no medio, díxolles:
- Paz convosco.
Dito isto, mostroulles as mans e
mais o costado. Os discípulos alegráronse, vendo o Señor.
El díxolles outra vez:
‑ Paz convosco: coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.
E dito isto alentou sobre eles, e
díxolles:
‑ Recibide o Espírito Santo: a quen lles perdoedes os pecados, quedaranlles
perdoados; a quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.
Palabra do Señor R/. Loámoste, Cristo
Secuencia
Ven, Espírito
divino,
manda a túa luz
do ceo.
Pai amoroso do
pobre
don, nos teus
dons xeneroso,
luz que penetra
nas almas,
fonte de todo
consolo.
Ven, hóspede
desexado,
descanso do noso
esforzo,
tregua no duro
traballo,
brisa nas horas
de afogo,
gozo que as
bágoas enxuga
e reconforta na
dor.
Entra ata o fondo
da alma,
divina luz, e
enriquécenos.
Mira o baleiro do
home
se Ti lle faltas
por dentro,
mira o que pode o
pecado
cando falta o teu
alento.
Lava en nós todo
o manchado,
rega o árido e
sedento,
sanda as feridas
do pobo;
amolece o que
está teso,
pon calor onde
hai friaxe,
dános bo
discernimento.
Reparte os teus
sete dons
segundo a fe dos
teus servos.
Segundo a túa
bondade,
dálle ao esforzo
o teu premio,
salva a quen
busca salvarse
e dános o gozo
eterno.
Amén. Aleluia.
lunes, 21 de mayo de 2012
sábado, 19 de mayo de 2012
Salmo de agradecemento
Que gusto dá espertar
coa túa luz cada día
e ir contemplando as cousas
coas que encher a vida!
Que gusto verte a ti nelas
rompendo a noite co día!
Na nai que coida dos nenos,
que os mantén e os arroupa
para que vaian medrando
con ilusión e con forza
eu véxote a ti, pai noso,
agarimador da xente toda.
No labrego apaixonado,
loitador comunitario,
que busca no pan a paz
e a forza para o seu traballo
vexo a Xesús defensor
da dignidade dos baixos.
en cada herbiña que apunta,
en cada flor que xa asoma,
no nacer dunha leituga
vexo o Espírito de vida
que á vida feliz me empuxa.
Que gusto dá espertar
e verte nas cousas todas!
Que gusto dá traballar
para que a xustiza as envolva!
Que gusto dá espertar
e cantar a túa gloria!
LECTURAS
A ASCENSIÓN DO SEÑOR - B
Primeira Lectura
Feit 1, 1-11
LECTURA DO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Elevouse á vista deles
O primeiro
libro fíxeno, Teófilo, acerca de todo o que Xesús obrou e ensinou desde o
comezo, ata o día que foi levado ao ceo, logo de ter dado instrucións polo
Espírito Santo aos apóstolos que escollera.
Ós mesmos
que tamén se lles amosara vivo, con moitas probas despois da súa paixón, aparecéuselles
durante corenta días e faláballes das cousas referentes ao Reino de Deus.
E comendo
con eles, encomendoulles que non se retirasen de Xerusalén, senón que agardasen
a promesa do Pai que me escoitastes a min: porque Xoán bautizou con auga, mais
a vós bautizarásevos co Espírito Santo, de aquí a poucos días.
Os que
estaban reunidos preguntábanlle:
- Señor, é
agora cando vas restablecer o Reino de Israel?
El
respondeulles:
- Non vos acae
a vós coñecer o tempo ou a oportunidade que o Pai fixou co seu propio poder.
Pero recibiredes a forza do Espírito Santo, que virá sobre vós e seredes as
miñas testemuñas en Xerusalén, en toda a Xudea e Samaría e ata os confíns da
terra.
-
En dicindo
isto, elevouse á vista deles e unha nube quitóullelo da súa vista. E estando
eles fitando para o ceo mentres el marchaba, presentáronselles dous homes con
vestidos brancos, que dixeron:
‑ Galileos, que facedes ollando para o ceo? Este Xesús que vos
foi levado de entre vós ao ceo, ha volver do mesmo xeito que o vistes ir.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 46, 2-3. 6-7. 8-9
R/. (6): Deus sobe entre aclamacións, o Señor, ao son de
trompetas.
Ou: Aleluia.
Aplaudide, pobos todos,
aclamade a Deus con cancións.
O Señor é excelso e terrible,
o gran rei de toda a terra.
Deus sobe entre aclamacións,
o Señor, ao son de trompetas.
Cantádelle a Deus, cantádelle,
cantádelle ao noso rei, cantádelle.
Deus é o rei de toda a terra:
cantádelle con xeito.
Deus reina sobre as nacións,
sentado no seu trono sagrado.
Segunda Lectura
Ef 1, 17-23
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS EFESIOS
Sentouno á súa dereita no ceo
Irmáns:
O Deus do
noso Señor Xesús Cristo, o Pai da gloria, vos conceda espírito de sabedoría e
de revelación, para o coñecerdes ben; que manteña iluminados os ollos da vosa
alma, para que comprendades cal é a esperanza da súa chamada, cal a riqueza da
gloria da súa herdanza nos crentes, e cal o extraordinario portento do seu
poder verbo de nós, os crentes, en consonancia co vigor da súa potencia e da
súa forza, que exerceu con Cristo resucitándoo de entre os mortos e sentándoo á
súa dereita nos ceos, por riba de todo principado e potestade, de toda virtude
e dominación, e por riba de todo título de honra recoñecido neste mundo e tamén
no vindeiro.
Someteullo
todo baixo os seus pés e púxollo por riba de todo como cabeza á Igrexa, que é o
seu corpo, a plenitude daquel que o enche todo en todas as cousas.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Mt 28,
19a. 20b
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Ide e ensinade a todas as xentes, di o Señor:
eu estou convosco todos os días ata a fin do mundo.
Aleluia.
Evanxeo Mc 16, 15-20
LECTURA DO FINAL DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Foi elevado ao ceo e senta á dereita de Deus
‑ Ide polo mundo enteiro, e anunciade a Boa Nova a toda a creación.
Quen crea e reciba o bautismo, será salvo; e quen non crea, ha ser
condenado.
Os que
crean, irán acompañados destes sinais: No meu nome han botar os demos fóra e
falarán linguas novas; collerán serpes coas mans, e se chegan a beber algún
veleno, non lles fará mal ningún; imporanlles as mans aos enfermos, e estes
curarán.
E o Señor
Xesús, despois de lles falar así, foi levado ao ceo e sentou á dereita de Deus.
Eles
saíron a predicar por todas as partes, e o Señor cooperaba e confirmaba a
Palabra cos sinais que os acompañaban.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
Comentario
Cantas veces a comodidade, o deixar andar, a vulgaridade, o
pesimismo, a desilusión... se instalan na nosa vida e todo nos dá igual!. A
festa que celebramos hoxe, a Ascensión do Señor, quere ser unha posta de largo,
unha toma de conciencia do noso quefacer coma cristiáns, unha chamada a asumir
responsabilidades. Porque a relixión entendida só de xeito vertical fixo e fai
que moitos cristiáns quedaramos e quedemos mirando cara ao ceo, inmóbiles, cos
brazos cruzados, sen preocupármonos das mal chamadas “cousas mundanas”, senón
só das “celestiais”. Así, ao contemplarmos a Ascensión de Xesús sentimos ganas
de fuxir con el, de abandonar o telexornal da crise, da prima de risco, dos
recortes, do paro, da inxustiza, da desigualdade, da incultura... retirándonos
á vida privada, ao individualismo, ao illamento, á salvación da alma...
desencantándonos do mundo e afastándonos del. Deste xeito, cantas oportunidades
perdemos de ser felices, de sentirnos útiles, de realizarnos como persoas botando
unha man sen pedir nada a cambio, facendo un rato de compaña a quen se sente só
ou a quen está triste ou visitando a quen está enfermo. Por que non daremos
descuberto que a fe ten que levarnos xustamente a iso: a andar pola vida doutro
xeito, con outro talante, con máis esperanza?.
Que facedes aí plantados mirando ao ceo?; que facedes con
esa dobre moral hipócrita á que tan afeitos estamos?; que facedes crispando e
sen mover nin un só dedo para que o mundo mude?; que facedes calando diante da
que está caendo?; que facedes aí, refuxiados nos cuarteis de inverno de
sancristías e templos, sen saír a dar razón da vosa esperanza?. Estas son as
preguntas que hoxe se nos chama a responder. A Ascensión constitúe unha
invitación a descender, a volver á vila, a deixar as alturas e as nubes, a non
empreñar do aire. Hai que poñer os pés no chan, aterrar, mirar ao noso redor e
poñernos mans á obra. Porque Deus quere e espera de nós que sexamos cristiáns
adultos, en marcha, mirando cara adiante e construíndo sociedade. Porque hoxe
tamén hai realidades que cambiar, rostros tristes que aledar, bágoas que
enxugar, cadeas que romper. Porque hoxe tamén é tempo de denuncia... pero, do
mesmo xeito, tamén é tempo de salvación.
E o escenario onde se desenvolve a nosa tarefa non pode ser
outro máis que aquel onde vivimos: o mundo. O noso compromiso cristián ten que
levarnos a transformalo desde abaixo e desde dentro, como fixo Xesús. Estamos
chamados a mergullarnos na sociedade, a politizarnos, a “mundanizarnos”, dando
a nosa man a todos aqueles que, coma nós, traballen por construír a
civilización do amor desde o respecto á dignidade da persoa. Non somos mellores
ca ninguén, non somos perseguidos (pero tampouco perseguidores), non temos a
posesión da verdade, non queremos impoñer... Queremos traballar xuntos e
ilusionados, dando testemuño da nosa fe coas nosas actitudes, coas nosas obras
e coas nosas palabras. E cada un alí onde desenvolve o seu quefacer cotián: na
súa casa, coa súa familia, cos compañeiros de traballo, nas asociacións de
veciños, de pais e nais, nas nosas comunidades parroquiais... conscientes e
responsables de que así construímos o Reino de Deus. Velaí que queremos ser
unha Igrexa en movemento, a que esperamos para empezar a camiñar?.
viernes, 11 de mayo de 2012
LECTURAS
6º DOMINGO DE PASCUA - CICLO B
Primeira Lectura
Feit 10, 25-26. 34-35. 44-48
LECTURA DO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Tamén entre os xentís foi derramada a graza do Espírito
Santo
Cando
Pedro ía entrar, foi Cornelio á porta e botándoselle aos pés, prostrouse. Pero
Pedro levantouno, dicíndolle:
‑ Érguete, que eu tamén son un home.
Tomou
entón Pedro a palabra e dixo:
‑ Abofé, vexo que Deus non fai distinción de persoas, senón que
acepta ao que lle é fiel e practica a xustiza, sexa da nación que sexa.
Aínda
Pedro estaba a dicir estas cousas, cando o Espírito Santo veu sobre todos os
que escoitaban a palabra.
Tódolos crentes da circuncisión, que viñeran con Pedro, ficaron cheos de
asombro ao veren que o don de Espírito Santo tamén se espallaba sobre os
pagáns, pois sentíanos falar en linguas e loar a Deus.
Entón
Pedro dixo:
‑ Pode
alguén negarlle a auga do bautismo aos que recibiron o Espírito Santo o mesmo
ca nós?
E
mandou que os bautizasen no nome de Xesús Cristo. Entón pedíronlle que quedase
con eles algúns días.
Palabra do
Señor
R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 97, 1. 2-3ab. 3cd-4
R/. (cf. 2b): O Señor revela a súa xustiza ante os pobos.
Ou: Aleluia
Cantade ao Señor un cántico novo,
pois fixo marabillas;
a súa destra deulle a vitoria,
o seu brazo santo.
0 Señor dá a coñecer a súa vitoria,
revela a súa xustiza ante os pobos.
Lembrou a súa misericordia e a súa fidelidade
coa casa de Israel.
Os confíns todos da terra percibiron
a vitoria do noso Deus.
Aclama ao Señor, terra enteira,
rompede a cantar e a tocar.
Segunda Lectura 1
Xn 4, 7-10
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN XOÁN
Deus é amor
Meus
amigos, amémonos uns aos outros, porque o amor vén de Deus; e todo aquel que
ama naceu de Deus e coñece a Deus. O que non ama, aínda non coñece a Deus,
porque Deus é amor.
O amor
de Deus fíxose ver entre nós en que Deus mandou ao mundo o seu Fillo Unixénito,
para que nos dese a súa vida.
Hai
amor dentro de nós, non porque nós teñamos amado a Deus, senón porque El nos
amou a nós e mandou o seu Fillo para que expiase os nosos pecados.
Palabra do Señor
R/. Grazas a Deus
ALELUIA Xn 14, 23
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Quen me ama, cumprirá a miña palabra, di o Señor;
e o meu Pai amarao e viremos a el.
Aleluia.
Evanxeo Xn 15,
9-17
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Ninguén ten amor meirande ca este: que un dea a súa vida
polos amigos
- Como
me amou o Pai, así vos amei eu: permanecede no meu amor. Se gardades os meus
mandamentos, permaneceredes no meu amor, como eu gardei os mandamentos de meu
Pai, e permanezo no seu amor.
Díxenvos estas cousas para que a miña alegría estea en vós, e a vosa
alegría sexa plena.
Este é
o meu mandamento: que vos amedes uns a outros como eu vos amei. Ninguén ten
amor meirande ca este: que un dea a súa vida polos amigos. Vós sodes amigos
meus, se facedes canto eu vos mando.
Xa non
vos chamo servos, que o servo non sabe o que fai o seu señor: a vós trateivos
de amigos, pois todo o que lle oín a meu Pai déivolo a coñecer.
Non me
escollestes vós a min, senón que vos escollín eu a vós; e púxenvos para que
vaiades e levedes froito e o voso froito permaneza; de xeito que todo o que lle
pidades ao Pai no meu nome, volo conceda.
Mándovos isto: que vos amedes uns a outros.
Palabra do
Señor
R/. Grazas a Deus
sábado, 5 de mayo de 2012
LECTURAS
5º DOMINGO DE PASCUA - CICLO B
Primeira Lectura
Feit 9, 26-31
LECTURA DO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Contoulles como vira o Señor no camiño
Naqueles días, cando chegou Saulo a Xerusalén, procuraba xuntarse cos
discípulos; pero todos lle tiñan medo, non crendo que fose discípulo de
verdade.
Pero
Bernabé, colleuno consigo e levouno onda os apóstolos. Saulo contoulles que
vira o Señor no camiño, que lle falara e que en Damasco predicara publicamente
no nome de Xesús.
Conviviu con eles en Xerusalén, predicando con ousadía no nome do Señor.
Falaba e discutía tamén cos helenistas, pero estes queríano matar. Ao sabelo,
os irmáns levárono para Cesarea e fixérono seguir a Tarso.
Daquela, a Igrexa tiña paz en toda a Xudea, Galilea e mais Samaría.
Crecía coma un edificio, progresaba na fidelidade ao Señor e coa asistencia do
Espírito Santo ía aumentando en número.
Palabra do
Señor
R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 21, 26b-27. 28 e 30. 31-32
R/. (26a): Ti espertas a miña loanza na asemblea!
Ou: Aleluia.
Cumprirei os meus votos na
presenza dos que o temen.
0s pobres comerán ata fartarse,
loarán o Señor os que o buscan
e gozarán de vida duradeira.
Lembraranse do Señor e volverán a El
tódolos confíns da terra;
axeonllaranse na súa
presenza
as familias todas dos pobos.
Prostraranse perante El os que repousan na terra,
axeonllaranse na súa
presenza os que baixan ao po.
Eu hei vivir para El,
e hao servir a miña proxenie.
Falarase do Señor á xeración vindeira,
a súa xustiza será revelada ao pobo que ha de nacer:
"Velaí a obra do Señor".
Segunda Lectura 1
Xn 3, 18-24
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN XOÁN
Este é o seu mandamento, que creamos e amemos
Meus
filliños, non amemos de palabra e de lingua, senón con feitos e na verdade.
Deste xeito saberemos que vivimos conforme á verdade e sosegaremos o noso
corazón diante do tribunal de Deus. Porque aínda que o noso corazón nos acuse,
Deus é meirande có noso corazón e coñece todo.
Meus amigos, se o corazón non nos
acusa, temos confianza para nos achegar a Deus e El dános o que lle pidamos,
porque cumprimos cos seus mandamentos e facemos o que a El lle agrada.
Isto é
o que El manda: que creamos no seu Fillo Xesús Cristo e que nos queiramos ben
uns aos outros, coma el nos mandou.
O que
cumpre cos seus mandamentos está en comuñón con Deus, e Deus en comuñón con el:
coñecemos que Deus está en comuñón connosco polo Espírito que nos deu.
Palabra do Señor
R/. Grazas a Deus
ALELUIA Xn 15, 4a.
5b
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Permanecede en min e eu en vós, di o Señor;
quen permanece en min, dá froito abondoso.
Aleluia.
Evanxeo Xn 15, 1-8
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Quen permanece en min e eu nel, é portador de froito
abondoso
Naquel
tempo díxolles Xesús aos seus discípulos:
- Eu son a
verdadeira vide, e meu Pai é o labrador. O bacelo que en min non leva froito,
arríncao; e o que leva froito, límpao, para que leve aínda máis froito. Vós xa
estades limpos, pola palabra que vos teño falado. Permanecede en min e eu en vós.
Así
como o ramo non pode levar froito pola súa conta, se non permanece na vide,
tampouco vós, se non permanecedes en min. Eu son a vide; vós os bacelos.
Quen
permanece en min e eu nel, ese leva froito abondoso, pois fóra de min non
podedes facer nada. Se alguén non permanece en min, é coma os ramos arrincados
fóra, que secan; apáñanos, bótanos no lume e arden.
Se
permanecedes en min e as miñas palabras permanecen en vós, pedide o que
queirades e hásevos facer.
Nisto
é glorificado meu Pai: en que levedes froito abondoso e vos mostredes coma
discípulos meus.
viernes, 27 de abril de 2012
LECTURAS
4º DOMINGO DE PASCUA - CICLO B
Primeira Lectura
Feit 4, 8-12
LECTURA DO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
En ningún outro hai salvación
Naqueles
días, Pedro, cheo do Espírito Santo, díxolles:
‑ Xefes do pobo e anciáns, xa que nos demandades polo favor feito a un
enfermo e sobre o xeito como se curou, sabede todos vós e sáibao o pobo de
Israel que é no nome de Xesús Cristo de Nazaret, a quen vós
crucificastes e Deus resucitou de entre os mortos: por El está este home en pé
e san diante de vós.
El é a
pedra que refugastes vós, os construtores, e que se converteu en pedra
esquinal. En ningún outro hai salvación, porque non hai ningún outro nome baixo
do ceo, dado aos homes, no que nos poidamos salvar.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 117, 1 e 8-9. 21-23. 26 e 28cd e 29
R/. (22): A pedra que os canteiros desbotaran,
esa mesma converteuse en esquinal.
Ou: Aleluia.
Loade o Señor porque é bo,
porque é para sempre a súa misericordia.
Máis vale abeirarse no Señor
que fiarse dos homes.
Máis vale abeirarse no Señor
que fiarse dos grandes.
Douche grazas porque
me escoitaches,
por teres sido a miña salvación.
A pedra que os canteiros desbotaron,
esa mesma, converteuse en esquinal.
Foi o Señor quen o fixo,
unha marabilla á nosa vista.
Bendito o que vén no nome do Señor:
desde a casa do Señor bendicímosvos.
Ti es o meu Deus, veño darche grazas;
meu Deus, veño enxalzarte.
Loade o Señor, porque é bo,
porque é para sempre a súa misericordia.
Segunda Lectura 1
Xn 3, 1-2
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN XOÁN
Veremos a Deus tal como é
Meus
amigos:
Vede o
moito que nos quixo o Pai, para nos chamarmos fillos de Deus e sérmolo de
verdade.
Palabra do Señor
R/. Grazas a
Deus
ALELUIA Xn 10, 14
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Eu son o bo pastor, di o Señor;
coñezo as miñas ovellas e elas coñécenme a min.
Aleluia.
Evanxeo Xn 10,
11-18
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Naquel
tempo, díxolles Xesús aos fariseos:
- Eu son o
Bo Pastor. O Bo Pastor dá a súa vida polas ovellas.
O criado,
que non é pastor, de quen non son as ovellas, cando ve vir o lobo, deixa as
ovellas e foxe e o lobo rapínaas e dispérsaas; porque el anda ao xornal e as
ovellas non lle importan.
Eu son o
Bo Pastor: coñezo as miñas e as miñas coñécenme a min. Igual que o Pai me coñece
a min e eu coñezo o Pai, e dou a miña vida polas ovellas. Teño ademais outras
ovellas que non son deste curro: tamén a esas téñoas que guiar, e escoitarán a
miña voz e farase un único rabaño e un único pastor.
Por iso
ámame o Pai: porque eu dou a miña vida, para tomala de novo. Ninguén ma quita;
non, eu douna voluntariamente. Teño poder para dala e teño poder para tomala de
novo. Este mandato recibino do meu Pai.
Palabra do Señor R/. Grazas a Deus
viernes, 20 de abril de 2012
LECTURAS
DOMINGO 3º DE PASCUA - CICLO B
Primeira Lectura Feit 3,
13-15. 17-19
LECTURA DO
LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Matastes o autor
da vida, a quen Deus resucitou de entre os mortos
Naqueles días, díxolle Pedro ao pobo:
O Deus de Abrahán, de Isaac e de Xacob, o Deus de nosos pais, glorificou ao seu
servo Xesús, a quen vós entregastes e negastes diante de Pilato, cando este
estaba decidido a deixalo en liberdade.
Pero vós rexeitastes o Santo e o Xusto; pedistes que indultasen a un asasino,
mentres que matastes o dono da vida, a quen Deus resucitou de entre os mortos;
disto nós somos testemuñas.
Xa sei, irmáns, que obrastes por ignorancia, como tamén as vosas autoridades;
pero Deus cumpriu así o que anunciara por boca dos profetas: que o seu Cristo
padecería. Arrepentídevos, logo, e convertédevos, para que se borren os vosos
pecados.
Palabra do Señor
R/. Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL
Sal 4, 2. 4. 7. 9
R/. (7a): Fai
brillar sobre nós, Señor, a luz do teu rostro.
Ou: Aleluia.
Cando te invoco,
respóndeme,
meu Deus, meu
defensor;
na estreiteza ti
déchesme fartura;
apiádate de min e
escoita a miña oración.
Recoñecede que o
Señor enalteceu o seu amigo,
que o Señor me
responde cando o chamo.
Moitos din:
"Quen nos amosará a felicidade,
se fuxiu de nós,
Señor, a luz do teu rostro?"
Déitome en paz e
logo adormezo,
porque só ti,
Señor, me dás seguridade.
Segunda
Lectura 1 Xn 2, 1-5a
LECTURA DA
PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN XOÁN
El é propiciación
polos nosos pecados e polos de todo o mundo
Meus filliños, escríbovos estas cousas para que non pequedes; pero, se algún
peca, temos quen nos defenda diante do Pai: Xesús Cristo, o xusto. El é quen
expía os nosos pecados; e non só os nosos, senón tamén os de todo o mundo.
Sabemos que o coñecemos de verdade polo feito de que cumprimos cos seus
mandamentos. O que di: "Eu coñézoo" pero non cumpre cos seus
mandamentos, é un mentireiro e non ten en si a verdade revelada.
Quen garda a súa Palabra, nel o amor de Deus chega de verdade ao máximo.
Palabra do
Señor
R/. Grazas a Deus
ALELUIA Cf. Lc 24, 32
Se non se canta,
pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Señor Xesús,
descúbrenos o sentido das Escrituras;
fai arder o noso
corazón mentres nos falas.
Aleluia.
Evanxeo
Lc 24, 35-48
LECTURA DO
SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Naquel
tempo, os discípulos de Xesús que volveron de Emaús contaron o que lles pasara
polo camiño, e como o recoñeceran no partir o pan.
Estando eles comentando estas cousas, presentóuselles Xesús no medio e
díxolles:
‑ A paz sexa convosco!
Sobresaltados e cheos de medo, coidaban contemplar un espírito. Pero el
díxolles:
‑ Por que estades asustados, e a que veñen esas dúbidas? Mirade para as miñas
mans e para os meus pés: sonvos eu. Palpade aquí e decatádevos de que un
espírito non ten carne nin ósos, como vedes que teño eu.
E dicindo isto, mostroulles as mans e mais os pés. Pero eles, tolos de contento
e sen saíren do seu asombro, non acababan de crer. Xesús preguntoulles:
‑ Tedes por aí algo que comer?
Déronlle un anaco de peixe asado. El colleuno e comeuno diante deles. Logo
díxolles:
‑ A isto referíame eu cando, estando aínda convosco, vos dicía que conviña que
se cumprise todo o que está escrito na Lei de Moisés, nos Profetas e mais nos
Salmos acerca de min.
E abriu os seus entendementos para que comprendesen as Escrituras. E
engadiu:
‑ Así está escrito: o Mesías padecerá e resucitará de entre os mortos no
terceiro día, e predicarase no seu nome a conversión e mais o perdón dos
pecados a todos os pobos, empezando por Xerusalén. Vós seredes testemuñas de
todo isto.
Palabra do Señor
R/. Grazas a Deus
Reflexión, Oración..Contemplación
Reflexión
Oración
Señor, nós buscámoste e desexamos o teu rostro:
un día, quitado o veo, poderemos contemplarte.
Buscámoste nas Escrituras que nos falan de tí:
baixo o veo da sabedoría acollemos a cruz, o teu don ás xentes.
Buscámoste nos rostros radiantes de irmáns e irmás:
vémoste na pegada da túa paixón nos seus corpos sufridores.
Non os ollos, senón o corazón ten a visión de ti:
ao resplandor da esperanza, nós esperamos encontrarte para falar contigo.
Contemplación
Señor, dános a tenacidade de camiñar cara aos cumios, á luz da única Palabra que salva. Como irmá de sangue, daquel Sangue que nos fai a todos irmáns, eu quedo aquí, xunto á tumba de toda morte interior para dirixirme como un camiñante polos sendeiros dun non sentido e situarme nos sendeiros da amizade e do encontro. Quero hoxe compartir a marabilla do amor humano, o gozo das persoas marabillosas que viven xunta min, non na periferia da súa existencia, senón nas súas pasaxes secretas, alí onde o corazón abraza o Absoluto de Deus. Grazas a Tí que me dás o teu rostro resucitado, polo teu corazón namorado da Vida e bicado do Eterno. Grazas pola túa liberdade de explorador que se somerxe nos abismos do Esencial. Deus do deserto que se fai xardín, que eu sexa unha pequena chama acendida na obscuridad da busca humana, unha calor que se esparexe alí onde o xélido vento do mal destrúe e aparta do horizonte da Verdade e da Beleza, para narrar ao mundo a estupenda aventura do amor humano resucitado, aquel amor que sabe morrer para encarnar o sorriso de Deus. Amén.
Señor, nós buscámoste e desexamos o teu rostro:
un día, quitado o veo, poderemos contemplarte.
Buscámoste nas Escrituras que nos falan de tí:
baixo o veo da sabedoría acollemos a cruz, o teu don ás xentes.
Buscámoste nos rostros radiantes de irmáns e irmás:
vémoste na pegada da túa paixón nos seus corpos sufridores.
Non os ollos, senón o corazón ten a visión de ti:
ao resplandor da esperanza, nós esperamos encontrarte para falar contigo.
Contemplación
Señor, dános a tenacidade de camiñar cara aos cumios, á luz da única Palabra que salva. Como irmá de sangue, daquel Sangue que nos fai a todos irmáns, eu quedo aquí, xunto á tumba de toda morte interior para dirixirme como un camiñante polos sendeiros dun non sentido e situarme nos sendeiros da amizade e do encontro. Quero hoxe compartir a marabilla do amor humano, o gozo das persoas marabillosas que viven xunta min, non na periferia da súa existencia, senón nas súas pasaxes secretas, alí onde o corazón abraza o Absoluto de Deus. Grazas a Tí que me dás o teu rostro resucitado, polo teu corazón namorado da Vida e bicado do Eterno. Grazas pola túa liberdade de explorador que se somerxe nos abismos do Esencial. Deus do deserto que se fai xardín, que eu sexa unha pequena chama acendida na obscuridad da busca humana, unha calor que se esparexe alí onde o xélido vento do mal destrúe e aparta do horizonte da Verdade e da Beleza, para narrar ao mundo a estupenda aventura do amor humano resucitado, aquel amor que sabe morrer para encarnar o sorriso de Deus. Amén.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


.jpg)






