DOMINGO SANTÍSIMA TRINIDADE
CICLO B
Primeira Lectura
Dt 4, 32-34. 39-40
LECTURA DO LIBRO DO DEUTERONOMIO
O Señor é Deus no alto dos ceos e no profundo da terra, e
non hai outro máis ca El
Faloulle Moisés ao pobo e díxolle:
-
Pregúntalles aos tempos antigos, que houbo antes de ti desde o día en que Deus
creou a humanidade sobre a terra, e desde un cabo do ceo ata o outro cabo do
ceo: Houbo algo tan grande coma isto ou oíuse algo semellante? Escoitou algún
pobo a voz de Deus falándolle desde o medio do lume, tal coma ti a escoitaches,
e seguiches vivindo? Ou intentou algún deus vir coller para si unha nación do
medio doutros pobos, con castigos, con sinais e prodixios, con guerra, con man
forte e brazo estendido, con terrores grandes, de maneira semellante a todo o
que o Señor, o voso Deus, fixo no voso favor en Exipto aos teus propios ollos?
Recoñéceo hoxe e dálle voltas no teu corazón: o Señor é Deus, arriba no
ceo e abaixo na terra, e que non hai outro.
Garda
os seus mandatos e leis que eu mando hoxe: serache bo para ti e para os teus
fillos despois de ti, e alongarás os teus días sobre a terra que o Señor, o teu
Deus, che vai dar para sempre".
Palabra do Señor
R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 32, 4-5. 6 e 9. 18-19. 20 e 22
R/. (12b): Feliz o pobo a quen Deus escolleu como
herdade.
A palabra do Señor é recta
e todas as súas obras son leais:
el ama o dereito e a xustiza,
a súa misericordia enche a terra.
A palabra do Señor fixo os ceos,
o alento da súa boca os astros todos,
pois El falou, e todo existiu,
El mandouno, e todo xurdiu.
Os ollos do Señor están postos nos que o temen,
nos que esperan na súa misericordia,
para librar as súas vidas da morte,
para os manter no tempo da miseria.
Nós agardamos o Señor:
El é o noso socorro, o noso escudo.
Veña a nós, Señor, a túa misericordia,
como de ti o esperamos.
Segunda Lectura Rm
8, 14-17
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS ROMANOS
Recibistes o Espírito de fillos de adopción, no que clamamos: Abba, Pai
Irmáns:
Cantos
se deixan guiar polo Espírito de Deus, eses son fillos de Deus. Pois non
recibistes un espírito de escravitude, para volverdes ao temor. Non.
Vós
recibistes un espírito de fillos adoptivos, grazas ao que podemos gritar:
"Abbá": Pai!
Este
mesmo Espírito, xuntamente co noso, dá testemuño de que somos fillos de Deus.
E, se fillos, tamén herdeiros: herdeiros de Deus e coherdeiros con Cristo; se
padecemos con el, é para sermos tamén
glorificados con el.
Palabra do
Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Cf. Ap 1, 8
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
Gloria ao Pai e ao Fillo e ao Espírito Santo,
ó Deus que é, e que era, e que virá.
Aleluia.
Evanxeo Mt 28,
16-20
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEU
Bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo
Naquel
tempo, os once discípulos foron a Galilea, ao monte onde Xesús os citara. Vendo
a Xesús, prostráronse perante el, aínda que algúns dubidaban.
Entón
acercouse Xesús e díxolles:
‑
Déuseme todo poder no ceo e mais na terra. Ide, pois, e facede discípulos meus
a todos os pobos, bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo,
ensinándolles a gardar canto vos mandei. Asegúrovos que eu estarei sempre
convosco ata a fin do mundo.
Palabra do
Señor R/.
Loámoste, Cristo
No hay comentarios:
Publicar un comentario