viernes, 31 de mayo de 2013

LECTURAS

SANTÍSIMO CORPO E SANGUE DE CRISTO  -  CICLO C
  
Primeira Lectura     Xén 14, 18-20
LECTURA DO LIBRO DA XÉNESE
Ofreceu pan e viño
 
     Naqueles días, Melquisédec, rei de Salem, presentou pan e viño, pois era sacerdote do Deus Altísimo, e bendiciu a Abrán con estas palabras:
     Bendito sexa Abrán polo Deus Altísimo, que fixo ceo e terra. Bendito sexa o Deus Altísimo, que puxo os teus inimigos na túa man.
     Abrán deulle a Melquisédec o décimo de todo.


                        Palabra do Señor                             R/. Grazas a Deus

  
SALMO RESPONSORIAL     Sal 109, 1. 2. 3. 4
 R/.  (4bc):  Ti es sacerdote para sempre conforme ao rito de Melquisédec.

Palabra do Señor ao meu Señor:
Senta á miña dereita,
mentres poño os teus inimigos
por estrado dos teus pés.

O Señor estenderá desde Sión
o cetro do poder:
domina nos teus inimigos.

Ti es príncipe desde o día do teu nacemento,
tes aura sagrada desde o seo;
xereite coma orballo antes da aurora.

O Señor xurouno, e non se arrepinte:
Ti es sacerdote para sempre
conforme ao rito de Melquisédec.



Segunda Lectura     1 Cor 11, 23-26
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS CORINTIOS
Cantas veces comedes e bebedes, anunciades a morte do Señor
 
            Irmáns:
            Eu recibín do Señor, e transmitinvos tamén a vós, que o Señor Xesús, na noite en que o entregaron, colleu pan e, despois de dar grazas, partiuno e dixo:
            "Isto é o meu corpo, que se entrega por vós; facede isto en memoria miña". Do mesmo xeito, despois de cear, tomou a copa dicindo:
            "Esta copa é a Nova Alianza, no meu sangue; cada vez que a bebades, facédeo en memoria miña".
            Polo tanto, cada vez que comedes este pan e bebedes desta copa, anunciades a morte do Señor, ata que El volva.

                        Palabra do Señor                             R/. Grazas a Deus




SECUENCIA,  AD LIBITUM
Lauda, Sion, Salvatorem
ou, máis breve:  Ecce panis

  
Loemos o Salvador,
o noso guía e pastor,
cun cantar afervoado.

Loémolo xenerosos,
pois don tan marabilloso
nunca o daremos loado.

A razón de tal loanza,
o pan vivo no que alcanza
o pobo gozosa vida.

Ós doce en leda irmandade
fora entregado en verdade
na cea de despedida.

Ampla e sonora cantiga:
que fale a alma e bendiga
con indicible ledicia.

Hoxe é a recordación
da primeira institución
desta mesa sen malicia.

Na mesa do novo Rei,
nova Pascua, nova lei,
o tempo vello termina.

O novo vence ao que é vello,
a verdade ao seu espello,
e a luz a noite ilumina.


Cristo mándanos facer
na súa memoria e querer
o que na Cea el fixera.

Seguindo no seu camiño
consagramos pan e viño
cal hostia de amor sincera.

Dogma para o pobo cristián:
en carne tórnase o pan
e o viño faise sangue.

A fe confirme animosa
o que a razón pretensiosa
non entende nin abrangue.

Baixo unha humilde aparencia
de signos, late a presenza
de cousas marabillosas.

Mantenza a carne, e bebida
o sangue, Cristo todo vida
en cada parte gozosa.

Quen o come, toma enteiro
o seu corpo sobranceiro
non diviso nin rompido.

Come un e comen mil,
tanto este coma aquil,
e non se dá consumido.

Os bos e os malos o comen,
con dispar sorte o consomen:
lance de vida ou de morte.

Morte ao malo, vida ao bo,
única mesa de unión
pero moi distinta sorte.

Partido xa o sacramento,
non dubides, olla atento
que tanto encerra o fragmento
coma todo o corpo enteiro.

Non hai no fondo fisura,
só o signo se fractura,
nin o amor nin a feitura
reve do que é verdadeiro.

O pan dos anxos foi feito
de camiñantes proveito;
pan para os fillos é feito,
que non para darlle aos cans.

En símbolos persignado:
con Isaac inmolado,
año pascual ofrendado,
para os devanceiros maná.

Bo pastor, pan sobranceiro,
pan para o pobo esmoleiro,
mantennos e sé o guieiro
que nos conduza certeiro
ata as fontelas da vida.

Ti, Señor de canto hai,
que termas de nós, mortais,
fainos os teus comensais
coas multitudes triunfais
na mesa en ti compartida. Amén.


Ou, máis breve:  Ecce panis


O pan dos anxos foi feito
de camiñantes proveito;
pan para os fillos é feito,
que non para darlle aos cans.

En símbolos persignado:
con Isaac inmolado,
año pascual ofrendado,
para os devanceiros maná.

Bo pastor, pan sobranceiro,
pan para o pobo esmoleiro,
mantennos e sé o guieiro
que nos conduza certeiro
ata as fontelas da vida.

Ti, Señor de canto hai,
que termas de nós, mortais,
fainos os teus comensais
coas multitudes triunfais
na mesa en ti compartida. Amén.






ALELUIA     Xn 6, 51
Se non se canta, pódese omitir

Aleluia, aleluia.
Eu son o pan vivo, que descendín do ceo, di o Señor;
quen coma deste pan, vivirá eternamente.
Aleluia.




Evanxeo    
Lc 9, 11b-17
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Comeron e saciáronse todos

            Naquel tempo, faláballe Xesús á xente do Reino de Deus e curaba a cantos o necesitaban. E como empezaba a caer o día, achegáronse os Doce e dixéronlle:
            Despide a xente, para que vaian ás vilas e aldeas próximas en procura de sitio para se hospedaren e para que poidan tamén comprar algo que levar á boca, porque aquí estamos nun descampado.
            Pero el replicoulles:
            Dádelles vós de comer.
            Eles contestaron:
            Pero se non temos máis ca cinco bolos de pan e mais dous peixes! A non ser que vaiamos nós mercar mantenza para toda esta xente.
            Eran uns cinco mil homes. Mais el díxolles aos seus discípulos:
            Colocádeos en grupos de cincuenta.
            Dixéronllelo, e sentaron todos. El, colleu os cinco bolos e mais os dous peixes, ergueu a vista ao ceo, bendiciunos, partiunos e déullelos aos discípulos, para que llelos servisen á xente. Comeron todos a fartar, e coas sobras encheron aínda doce cestas.


 Palabra do Señor                             R/. Loámoste, Cristo      


   

domingo, 26 de mayo de 2013

COMUNIDADE ABERTA



Señor Xesús, fainos unha comunidade aberta,
confiada e pacífica,
invadida polo gozo do teu Espírito Santo.

Unha comunidade entusiasta,
que saiba cantar a vida, vibrar diante da beleza,
estremecerse diante do misterio
e anunciar o Reino do amor.

Que temos a festa no corazón, inda que sentimos
a presenza da dor no noso camiño,
porque sabemos, Xesús resucitado,
que ti venciches a dor e a morte.

Que non nos acovardan as tensións
nin nos afogan os conflitos
que poidan saír entre nós,
porque contamos -na nosa debilidade-
coa forza creadora e renovadora do teu Espírito Santo.

Regala, Señor, a esta familia túa
unha grande dose de bo humor
para que saiba desdramatizar
as situacións difíciles e sorrir abertamente á vida.

Fainos expertos en desfacer nós
e romper cadeas, abrir sucos,
curar feridas e manter viva a esperanza.

E concédenos ser, humildemente,
nun mundo abatido pola tristeza,
testemuñas e profetas da verdadeira alegría.

LECTURAS


DOMINGO DA SANTÍSIMA TRINDADE - CICLO C



Primeira Lectura     Prov 8, 22-31
LECTURA DO LIBRO DOS PROVERBIOS
Antes de que se fixera a terra xa fora concibida a Sabedoría

            Isto di a Sabedoría de Deus:
            O Señor posuíume ao encetar a súa tarefa,
antes das súas primeiras actividades;
desde a antigüidade, desde o remoto pasado fun formada,
antes das orixes da terra.
            Aínda non había océanos abismais, cando fun xerada,
nin había mananciais de auga;
antes de que fosen afincadas as montañas,
denantes dos outeiros fun dada a luz;
aínda non fixera a terra e as campías
nin os terróns primeiros do mundo.
            Cando afirmaba o ceo, alí estaba eu;
cando gravaba o cerco arredor do abismo,
cando aseguraba as nubes no alto
e daba enerxía ás fontes subterráneas,
cando lle impuxo os lindes ao mar
de xeito que as augas non incumprisen o seu mandato,
cando fixaba os alicerces da terra,
alí mesmo estaba eu, cabo del, coma un aprendiz:
eu era o seu pracer día tras día:
            Entretíñame diante del continuamente,
recreábame no orbe da terra.
            A miña delicia é estar cos fillos dos homes.

                        Palabra do Señor                             R/. Grazas a Deus


SALMO RESPONSORIAL     Sal 8, 4-5. 6-7. 8-9
R/.  (2a):  Señor, noso Señor, que grande é o teu nome en toda a terra!

Cando contemplo o ceo, feitura da túa man,
a lúa e as estrelas que nel dispuxeches,
que é o home, para que te lembres del,
o fillo do home, para que o veñas visitar?

Fixéchelo pouco menos ca un anxo,
coroáchelo de honor e dignidade;
décheslle mando sobre as obras das túas mans,
todo o sometiches baixo os seus pés.

Rabaños de ovellas e touros,
e mesmo os animais en liberdade,
os paxaros do ceo e os peixes do mar,
que fan carreiros polas augas.


Segunda Lectura     Rm 5, 1-5
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS ROMANOS
Chegamos a Deus por medio de Cristo no amor derramado polo Espírito

            Irmáns:
            Xustificados pola fe, estamos en paz con Deus, por medio do noso Señor Xesús Cristo. Por El temos tamén acceso na fe a esta graza na que nos mantemos; e nos sentimos ledos coa esperanza de acadar a gloria de Deus.
            E non só isto, senón que nos alegramos nas tribulacións, sabendo que a tribulación xera a paciencia, a paciencia proba a fidelidade e a fidelidade produce a esperanza.
            E a esperanza non falla, porque o amor de Deus verteuse nos nosos corazóns mediante o Espírito Santo, que se nos deu.

                        Palabra do Señor                             R/. Grazas a Deus


ALELUIA     Cf. Ap 1, 8
Se non se canta, pódese omitir

Aleluia, aleluia.
Gloria ao Pai e ao Fillo e ao Espírito Santo,
ó Deus que é, e que era, e que virá.
Aleluia.


Evanxeo     Xn 16, 12-15
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Todo o que ten o Pai é meu; o Espírito recibe do meu e darávolo a coñecer

            Naquel tempo, díxolles Xesús aos seus discípulos:
            - Aínda teño moitas cousas que vos dicir, pero non podedes con elas agora. Cando veña El, o Espírito da Verdade, havos encamiñar á verdade plena, pois non vos falará pola súa conta, senón que vos dirá o que escoitou e anunciaravos o
que ha de pasar.
            El hame glorificar, pois recibirá do meu e interpretarávolo. Todo o que ten o Pai é meu, por iso vos dixen que recibirá do meu e volo interpretará.
            Todo o que ten o Pai é meu, por iso díxenvos que recibirá do meu e volo interpretará a vós.

                                   Palabra do Señor                             R/. Loámoste, Cristo          
                       

viernes, 24 de mayo de 2013

O MISTERIO DA TRINDADE

No evanxeo Xesús revélanos o misterio máis grande que existe, é un dogma de fe, é dicir, unha verdade que debemos crer, se nos chamamos cristiáns. Cada vez que rezamos o Credo, dicimos crer nun só e único Deus, que é Pai Creador, que é Fillo Redentor e que é Espírito Santo, Señor e Dador de Vida e Santificador.O misterio da Santa Trindade, é un dos "misterios escondidos en Deus, -que como di o Concilio Vaticano II-, se non son revelados, poden ser coñecidos" E, aínda despois da Revelación, é o misterio máis profundo da fe, que o entendemento por si só non pode comprender nin penetrar.En cambio, o mesmo entendemento, iluminado pola fe, pode en certo modo, aferrar e explicar o significado do dogma, para achegar o home ao misterio da vida íntima do Deus Un e Trino.Toda a Sagrada Escritura revela esta verdade: "Deus é Amor na vida interior dunha única Divindade, como unha inefable comuñón de persoas,". Son Tres Persoas distintas nun só Deus, como aprendemos no catecismo.O misterio da Santa Trindade é a revelación máis grande feita por Xesucristo. Os xudeus adoran a unicidade de Deus e descoñecen a pluralidade de persoas na unicidade da substancia. Os demais pobos adoran a multiplicidade dos deuses. O cristianismo é a única relixión que descubriu, na revelación de Xesús, que Deus é un en tres persoas. Ante esta revelación divina da súa íntima esencia, non nos queda outra cousa que agradecerlle esta confianza e adorar as Tres Persoas Divinas.

En que consiste o Misterio?
Sabemos que hai UN SÓ DEUS, en tres persoas distintas entre si, non pola súa natureza -que é a divindade mesma- si polo seu obrar na historia da salvación. Así dicimos que:


  • DEUS PAI, é o " Principio-sen principio"; non foi creado nin xerado; é por si só o Principio de Vida; é a vida mesma, que posúe en absoluta comuñón co Fillo e co Espírito Santo.
  • DEUS FILLO, é xerado -non creado- polo Pai; Xesús é Fillo eterno e consubstancial (da mesma natureza ou substancia); Deus é ao mesmo tempo Pai, como o que xera, e Fillo como o que é xerado.
  • DEUS ESPÍRITO SANTO, procede do Pai e do Fillo; é como unha "expiración", sopro do Amor consubstancial entre o Pai e o Fillo; pódese dicir que Deus na súa vida íntima é amor, que se personaliza no Espírito Santo. .

Diferentes "misións"
Se quixésemos identificar a Santa Trindade polas súas "misións" no tempo, ou atribucións, diriamos que:
  • O PAI é o Principio de Vida, de quen todo procede. Atribúeselle a Creación.
  • O FILLO procede eternamente do Pai, como xerado por Él, e asumiu no tempo unha natureza humana pola nosa salvación. Atribúeselle a Redención.
  • O ESPÍRITO SANTO é enviado polo Pai e o Fillo, como tamén procede deles, por vía de vontade, a xeito de amor; manifestouse primeiro no Bautismo e na Transfiguración de Xesús e logo o día de Pentecoste sobre os discípulos; habita nos corazóns dos fieis co don da caridade (Cf. Ef 4,30). Atribúeselle a Santificación.
Porque o entendemento humano non é capaz de comprender a esencia divina, pode penetrar no misterio da vida íntima de Deus, só pode coñecer o que Deus revela e asumilo coa fe; pódese aplicar aquí a frase de San Agustín: "Se o comprendes, non é Deus". ."Que todos sexan un... ""Preguntaraste: se non o podemos comprender, para que entón quixo Deus revelarnos o gran misterio da Santa Trindade?No evanxeo de San Xoán, Xesús prega ao Pai polo que é o seu gran desexo:"Que todos sexan un como Ti, Pai, estás en Min e Eu en Ti. Sexan tamén un en nós: así o mundo crerá que ti me enviaches". (Xn 17, 21)Cando revela o misterio da Santa Trindade, deixa ver tamén as relacións que hai entre as tres Divinas Persoas; aínda que esas relacións son distintas, tampouco dividen a mesma e única esencia de Deus.
  • O Pai é pura Paternidade.
  • O Fillo é pura Filiación.
  • O Espírito Santo é puro Nexo de Amor.
Son relacións "subsistentes", que en virtude do seu impulso vital saen ao encontro unha da outra nunha comuñón, na cal a totalidade da Persoa é apertura á outra.É isto, o paradigma supremo da sinceridade e liberdade espiritual á que deben tender as relacións interpersoais humanas, sempre tan afastadas a este modelo transcendente."O Señor Xesús, cando prega ao Pai que 'todos sexan un, como nós tamén somos un' abrindo perspectivas pechadas á razón humana, suxire certa semellanza entre a unión das persoas divinas e a unión dos fillos de Deus na verdade e na caridade. Esta semellanza demostra que o home, única criatura terrestre á que Deus amou por si mesma, non pode encontrar a súa propia plenitude se non é na entrega sincera de si mesmo aos demais"(Concilio Vaticano II, Gaudium et spes, 24). 

Compromiso cristián
"Coñecer o misterio da Santa Trindade, involúcranos e compromete para adquirir certas actitudes nas relacións humanas:"a perfecta unidade das tres Persoas divinas, é o vértice transcendente que ilumina toda forma de auténtica relación e comuñón entre nós, seres humanos,"(Xoán Paulo II, "Creo en Deus Pai", p.170)Non se trata de que queiramos entender o Misterio da Santa Trindade, isto é imposible. Xesús revelounos ese Misterio para mostrarnos o modelo do que deben ser as relacións humanas dos cristiáns.A Igrexa universal invítanos a "glorificar a Santa Trindade", como manifestación da celebración de sabermos fillos de Deus. Non hai mellor forma de facelo que revisando as relacións cos nosos irmáns, para melloralas e así vivir a unidade querida por Xesús "que todos sexan un".

VÍA LUCIS. 6ª PARTE


Como rezar o Via Lucis - 6ª parte

12ª ESTACIÓN:

A DESPEDIDA: XESÚS ENCARGA A SÚA MISIÓN AOS APÓSTOLOS

Antes de deixar aos seus discípulos o Señor failles o encargo apostólico: a tarefa de estender o Reino de Deus por todo o mundo, de facer chegar a todos os recunchos a Boa Noticia.

Do Evanxeo segundo San Mateo 28, 16-20. (cf. Lc 24, 44-48).
Os once discípulos fóronse para Galilea ó monte onde Xesús os citara. E véndoo, postráronse ante el, anque algúns dubidaban. Xesús, achegándose, díxolles:
Déuseme todo poder no ceo e mais na terra. Ide, pois, e facede discípulos meus a tódolos pobos, bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo; ensinándolles a gardar canto vos mandei. Asegúrovos que eu estarei sempre convosco ata a fin do mundo.

Comentario
Os últimos días de Xesús na terra xunto aos seus discípulos deberon quedar moi gravados nas súas mentes e nos seus corazóns. A intimidade da amizade se ha ir concretando coa proximidade do resucitado, que lles axudou a saborear estes últimos instantes con El. Pero o Señor pon no seu horizonte toda a tarefa que teñen por diante: 'Ide ao mundo enteiro...'. Ese é o seu testamento: hai que porse en camiño para levar a todos a mensaxe que viron e oído.

Están por diante o tres grandes tarefas de todo apóstolo, de todo cristián: predicar, falar de Deus para que a xente crea; bautizar, facer que as persoas cheguen a ser fillos de Deus, que celebren os sacramentos; e vivir segundo o Evanxeo, para parecerse cada día máis a Xesús, o Mestre, o Señor.

Oración
Señor Xesús, que enchiches de esperanza aos apóstolos
co doce mandato de predicar a Boa Nova,
dilata o noso corazón para que creza en nós
o desexo de levar ao mundo, a cada home, a todo home,
a alegría da túa Resurrección, para que así o mundo crea,
e crendo sexa transformado á túa imaxe.


13ª ESTACIÓN:

XESÚS ASCENDE AO CEO

Cumprida a súa misión entre os homes, Xesús ascende ao ceo. Saíu do Pai, agora volve ao Pai e está sentado á súa dereita. Cristo glorioso está no ceo, e desde alí haberá de vir como Xuíz de vivos e mortos.

Dos Feitos dos Apóstolos 1, 9-11 (cf. Mc 16, 19-20; Lc 24, 50-53).
En dicindo isto, elevouse á vista deles e unha nube quitóullelo da súa vista. E estando eles fitando para o ceo mentres el marchaba, presentáronselles dous homes con vestidos brancos, que dixeron:
Galileos, ¿que facedes ollando para o ceo? Este Xesús que vos foi levado de entre vós ó ceo, ha volver do mesmo xeito que o vistes ir.


Comentario
Todos reuníronse para a despedida do Mestre. Senten a dor da separación, pero o Señor encheulles de esperanza. Unha esperanza firme: 'Eu estarei convosco todos os días até o fin do mundo'. Por iso os anxos sácanlles deses primeiros instantes de desconcerto, de 'mirar ao ceo'. É o momento de porse a traballar, de empregarse a fondo para levar a mensaxe de alegría, a Boa Noticia, até os confíns do mundo, porque contamos coa compañía de Xesús, que non nos abandona. E non podemos perder un instante, porque o tempo non é noso, senón de Deus, para queimalo no seu servizo.

Xesucristo quixo ir por diante de nós, para que vivamos coa ardente esperanza de acompañalo un día no seu Reino. E está sentado á dereita do Pai, ata que volva ao final dos tempos.

Oración
Señor Xesús,
a túa ascensión ao ceo anúncianos a gloria futura
que destinaches para os que che aman.
Fai, Señor, que a esperanza do ceo nos axude a traballar sen descanso aquí na terra.
Que non permanezamos nunca de brazos cruzados,
senón que fagamos da nosa vida unha sementa continua
de paz e de alegría.


14ª ESTACIÓN:

A CHEGADA DO ESPÍRITO SANTO EN PENTECOSTE

A promesa firme que Xesús fixo aos seus discípulos é a de enviarlles un Consolador. Cincuenta días despois da Resurrección, o Espírito Santo derrámase sobre a Igrexa nacente para fortalecela, confirmala, santificarla.

Dos Feitos dos Apóstolos 2, 1-4
Cando se cumpriron os días de Pentecostés, estaban todos xuntos no mesmo sitio. De súpeto, veu do ceo un ruído coma dun forte golpe de vento, que encheu toda a casa onde estaban; e apareceron talmente coma linguas de lume, que, repartidas, foron pousando unha sobre cada un deles. Que-daron cheos do Espírito Santo e puxéronse a falar noutras linguas, conforme lles concedía o Espírito.

Comentario
Xesús, o Fillo de Deus, está xa no ceo, pero prometeu aos seus amigos que non quedarán sós. E fiel á promesa, o Pai, pola oración de Xesús, envía ao Espírito Santo, a Terceira Persoa da Santísima Trindade. Moi pegados á Virxe, Nai da Igrexa, reciben o Espírito Santo. El é o que enche de luz a mente e de lume o corazón dos discípulos para darlles a forza e o impulso para predicar o Reino de Deus. Queda inaugurado o 'tempo da Igrexa'.

A partir deste momento a Igrexa, que somos todos os bautizados, está en peregrinación por este mundo. O Espírito Santo a guía ao longo da historia da humanidade, pero tamén ao longo da propia historia persoal de cada un, ata que un día participemos do gozo xunto a Deus no ceo.

Oración
Deus Espírito Santo, Doce Hóspede da alma,
Consolador e Santificador noso,
inflama o noso corazón, chea de luz a nosa mente
para que tratémosche cada vez máis e coñezámosche mellor.
Derrama sobre nós o lume do teu amor
para que, transformados pola túa forza,
poñámosche na entraña do noso ser e do noso obrar,
e todo o fagamos baixo o teu impulso.



ORACIÓN FINAL
Señor e noso Deus,
fonte de alegría e de esperanza,
vivimos co teu Fillo os acontecementos
da súa Resurrección e Ascensión
ata a chegada do Espírito Santo;
fai que a contemplación destes misterios
nos encha da túa graza e nos capacite
para dar testemuño de Xesucristo no medio do mundo.
Pedímosche pola túa Santa Igrexa:
que sexa fiel reflexo das pegadas de Cristo na historia
e que, enchida do Espírito Santo,
manifeste ao mundo os tesouros do teu amor,
santifique aos teus fieis cos sacramentos
e faga partícipes a todos os homes da resurrección eterna.
Por Xesucristo o noso Señor.

sábado, 18 de mayo de 2013

Reflexión


Hoxe, domingo de Pentecoste, remata o tempo de Pascua. Ao longo dos cincuenta últimos días fomos acompañados polos textos da Escritura que nos narraban todo canto foran experimentando os Apóstolos logo da resurrección de Xesús: o paso da incredulidade, a incerteza, o desconcerto e desconfianza á confianza, á ilusión, ao sentido de descubrirse comunidade, á alegría de ir tomando conciencia de que Xesús seguía entre eles, que a morte non fora o seu final; que todo aquilo que lle foran escoitando e foran vendo no seu actuar seguía presente entre eles. Nunha palabra, que o fracaso non entraba nas súas vidas. E toda esta pluralidade de situacións anímicas e vivencias, descubriran tamén que era necesario dalas a coñecer, compartilas, comunicalas, para que outras persoas puideran sentir a mesma alegría e o gozo deles. É esta segunda experiencia a que tamén fomos seguindo ao longo do tempo de Pascua coa lectura dos textos do libro dos Feitos dos Apóstolos: as dificultades, problemas, inseguridades; a necesidade de estar xuntos, de colaborar de preocuparse uns polos outros... foron vivencias e situacións que a Palabra de Deus foi achegándonos.
Hoxe remata este camiño coa festa de Pentecostes. Alí os apóstolos perderon e medo e descubriron a importancia de dar a coñecer canto crían e vivían. Que tamén nós saibamos testemuñar con alegría esta experiencia de fe que temos recibido, e que cada domingo compartimos.

LECTURAS



DOMINGO DE PENTECOSTE - C



Primeira Lectura     Feit 2, 1-11
LECTURA DO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Quedaron cheos do Espírito Santo e puxéronse a falar

            Cando se cumpriron os días de Pentecoste, estaban todos xuntos no mesmo sitio. De súpeto, veu do ceo un ruído coma dun forte golpe de vento que encheu toda a casa onde estaban; e apareceron talmente coma linguas de lume, que, repartidas, foron pousando unha sobre cada un deles.
            Quedaron cheos do Espírito Santo e puxéronse a falar noutras linguas, conforme lles concedía o Espírito.
            Había daquela en Xerusalén xudeus piadosos de todas as nacións da terra. Ao se producir aquel estrondo, xuntouse a xente e ficou moi desconcertada, porque cada un os sentía falar na súa propia lingua. Pasmados e admirados, dicíanlles uns a outros:
            "Olla! E todos estes que están aí a falar non son galileos? E logo como é que os sentimos falar cada un de nós no noso propio idioma nativo? Partos, medos, elamitas, xente da Mesopotamia, Xudea, Capadocia, Ponto, Asia, Frixia e Panfilia, do Exipto e da parte de Libia contra Cirene, forasteiros romanos tanto xudeus coma prosélitos, cretenses e árabes, sentimos falar nas nosas linguas das grandezas de Deus".

                        Palabra do Señor                             R/. Grazas a Deus



SALMO RESPONSORIAL      Sal 103, 1ab e 24 ac. 29bc-30. 31 e 34
R/. (30): Manda, Señor, o teu Espírito e renova a cara da terra.
Ou: Aleluia.

Alma miña, bendí o Señor.
Señor, meu Deus, ti es moi grande,
Cantas son, Señor, as túas obras,
A terra está chea das túas criaturas.

Retiras o teu alento, e expiran,
volvendo ao seu po.
Mandas o teu alento, e son creados
e renovas a cara da terra.

Gloria ao Señor por sempre,
alégrese o Señor coas súas obras.
Que El acolla o meu cantar
e alegrareime eu no Señor.


Segunda Lectura      1 Cor 12, 3b-7. 12-13
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS CORINTIOS
A todos nos bautizaron nun único Espírito, para formarmos un único corpo

            Irmáns:
            Ninguén que diga "Renegado sexa Xesús", fala movido polo Espírito de Deus; e ninguén é capaz a dicir "Xesús é o Señor", se non é baixo o influxo do Espírito Santo.
            Hai diversidade de dons, pero un mesmo Espírito. Hai diversidade de servizo s, pero un mesmo Señor. Hai diversidade de realizacións, pero un mesmo Deus, que é quen realiza todo en todos.
            A cadaquén dáselle a manifestación do Espírito para o ben común.
Porque igual que o corpo, sendo un, ten moitos membros e todos estes membros, con seren moitos, non fan máis dun corpo: así tamén Cristo.
            Porque a todos nos bautizaron nun único Espírito, para formarmos un único corpo: tanto xudeus coma gregos, tanto escravos coma libres. E a todos se nos deu a beber un único Espírito.

                        Palabra do Señor                             R/. Grazas a Deus


SECUENCIA               

Ven, Espírito divino,
manda a túa luz do ceo.
Pai amoroso do pobre
don, nos teus dons xeneroso,
luz que penetra nas almas,
fonte de todo consolo.

Ven, hóspede desexado,
descanso do noso esforzo,
tregua no duro traballo,
brisa nas horas de afogo,
gozo que as bágoas enxuga
e reconforta na dor.

Entra ata o fondo da alma,
divina luz, e enriquécenos.
Mira o baleiro do home
se Ti lle faltas por dentro,
mira o que pode o pecado
cando falta o teu alento.

Lava en nós todo o manchado,
rega o árido e sedento,
sanda as feridas do pobo;
amolece o que está teso,
pon calor onde hai friaxe,
dános bo discernimento.

Reparte os teus sete dons
segundo a fe dos teus servos.
Segundo a túa bondade,
dálle ao esforzo o teu premio,
salva a quen busca salvarse
e dános o gozo eterno.
Amén. Aleluia.


ALELUIA
Se non se canta, pódese omitir.

Aleluia, aleluia.
Ven, Espírito Santo, enche o corazón dos teus fieis;
e acende neles o lume do teu amor.
Aleluia.


Evanxeo       Xn 20, 19-23
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Como me mandou a min o Pai, así vos mando eu a vós: recibide o Espírito Santo

            Naquel día, o primeiro da semana, ao serán, estando pechadas as portas onde estaban os discípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús e, poñéndose no medio, díxolles:
            Paz convosco.
            Dito isto, mostroulles as mans e mais o costado. Os discípulos alegráronse, vendo o Señor.
            El díxolles outra vez:
            Paz convosco: coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.
            E dito isto alentou sobre eles, e díxolles:
            Recibide o Espírito Santo: a quen
lles perdoedes os pecados, quedaranlles perdoados; a quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.

                        Palabra do Señor                             R/. Loámoste, Cristo           

VIAL LUCIS. 5ª PARTE

Como rezar o Via Lucis - 5ª parte


9ª ESTACIÓN:

XESÚS FORTALECE A FE DE TOMÉ.

Tomé non estaba cos demais apóstolos no primeiro encontro con Xesús resucitado. Eles contáronlle a súa experiencia gozosa, pero non se deixou convencer. Por iso o Señor, agora diríxese a el para confirmar a súa fe.

Do Evanxeo segundo San Xoán 20, 26-29
Oito días despois estaban outra vez dentro os discípulos, e Tomé con eles. Chegou Xesús, estando pechadas as portas, e poñéndose no medio, dixo:
Paz convosco.
Despois díxolle a Tomé:
Trae aquí o teu dedo e mira as miñas mans; trae a túa man e métea no meu costado. Non sexas incrédulo, senón home de fe.
Tomé respondeulle:
¡Meu Señor e meu Deus!
Xesús díxolle:
¿Tes fe porque me viches? ¡Benia os que creron sen veren!

Comentario
Tomás non se deixa convencer polas palabras, polo testemuño dos demais apóstolos, e busca os feitos: ver e tocar. Xesús, que coñece tan intimamente o noso corazón, busca recuperar esa confianza que parece perdida. A fe é unha graza de Deus que nos leva recoñecelo como Señor, que move o noso corazón cara a El, que nos abre os ollos do espírito. A fe supera as nosas capacidades pero non é irracional, nin algo que se impoña contra a nosa liberdade: é máis ben unha luz que ilumina a nosa existencia e axúdanos e fortalece para recoñecer a verdade e aprender a amala.

Que importante é estar pegados a Cristo, aínda que non o sintamos preto, aínda que non o toquemos, aínda que non o vexamos!

Oración
Señor Xesús, auméntanos a fe, a esperanza e o amor.
Dános unha fe forte e firme, chea de confianza.
Pedímosche a humildade de crer sen ver,
de esperar contra toda esperanza
e de amar sen medida, cun corazón grande.
Como dixeches ao apóstolo Tomé,
queremos, aínda sen ver, render o noso xuízo
e abrazarnos con firmeza á túa palabra
e ao maxisterio da Igrexa que has instituido,
para que o teu Pobo permaneza na verdade que libera.


10ª ESTACIÓN:

XESÚS RESUCITADO NO LAGO DE GALILEA

Os apóstolos volveron ao seu traballo: á pesca. Durante toda a noite esforzáronse, sen conseguir nada. Desde a beira Xesús convídalles a empezar de novo. E a obediencia outórgalles un xentío de peces.

Do Evanxeo segundo San Xoán 21, 1-6a
Máis adiante aparecéuselles outra vez Xesús ós seus discípulos onda o lago de Tiberíades. Foi deste xeito: estaban xuntos Simón Pedro, Tomé o chamado Xémeo, Natanael o de Caná de Galilea, os do Zebedeo, e mais outros dous discípulos seus. Simón Pedro díxolles:
Vou pescar.
Eles contestaron:
Imos nós contigo tamén.
Saíron, e subiron a bordo. Pero aquela noite non colleron nada. Xusto cando acababa de rompe-lo día, presentouse Xesús na ribeira do lago. Pero non se decataron os discípulos de que era Xesús. Xesús preguntoulles:
Rapaces, ¿tedes algo que comer?
Eles responderon:
Non.
Díxolles entón:
Largade o aparello por estribor e atoparedes.

Comentario
Nos momentos de incerteza, os apóstolos únense no traballo con Pedro. A barca de Pedro, o pescador de Galilea, é imaxe da Igrexa, cuxos membros, ao longo da historia están chamados a pór por obra o mandato do Señor: 'seredes pescadores de homes'. Pero non vale unicamente o esforzo humano, hai que contar co Señor, fiándonos da súa palabra, e botar as redes.

Nas circunstancias difíciles, cando parece que humanamente se puxo todo pola nosa banda, é o momento da confianza en Deus, da fidelidade á  Igrexa, á súa doutrina. O apostolado, a extensión do Reino, é froito da graza de Deus e do esforzo e docilidade do home. Pero hai que saber descubrir a Xesús na beira, con esa mirada que afina o amor. E El premiaranos con froitos abundantes.

Oración
Señor Xesús,
fai que nos sintamos orgullosos de estar subidos
na barca de Pedro, na Igrexa.
Que aprendamos a amala e respectala como nai.
Ensínanos, Señor,
a apoiarnos non só en nós mesmos e na nosa actividade,
senón sobre todo en Ti.
Que nunca che perdamos de vista,
e sigamos sempre as túas indicacións,
aínda que nos parezan difíciles ou absurdas,
porque só así recolleremos froitos abundantes
que serán teus, non nosos.


11ª ESTACIÓN.

XESÚS CONFIRMA A PEDRO NO AMOR

Xesús colleu aparte a Pedro porque quere preguntarlle polo seu amor. Quere polo á fronte da nacente Igrexa. Pedro, pescador de Galilea, vai converterse no Pastor dos que seguen ao Señor.

Do Evanxeo segundo San Xoán 21, 15-19.
Cando xa comeran, preguntoulle Xesús a Simón Pedro:
Simón de Xoán ¿ámasme máis ca estes?
El contestoulle:
Si, Señor, ti sabes que te quero.
Xesús díxolle:
Apacenta os meus años.
E de novo preguntoulle por segunda vez:
Simón de Xoán, ¿ámasme?
El respondeulle:
Si, Señor, ti sabes que te quero.
Xesús díxolle:
Apacenta as miñas ovellas.
E preguntoulle por terceira vez:
Simón de Xoán, ¿quéresme?
Entristeceuse Pedro de que lle preguntase por terceira vez  "¿quéresme?", e respondeulle:
Señor, ti sábelo todo, ti ben sabes que te quero.
Xesús díxolle:
Apacenta as miñas ovellas. Con toda verdade cho aseguro: cando eras novo vestíaste ti e ías onde querías; cando te fagas vello, estendera-las túas mans, e vestirate outro e levarate onde non queres.
Dixo isto para significar con que clase de morte había de dar gloria a Deus. E despois engadiu:
Sígueme.

Comentario
Pedro, o impulsivo, o fogoso, queda a soas co Señor. Séntese avergoñado porque lle fallou cando máis o necesitaba. Pero Xesús non lle reprocha a súa covardía: o amor é máis grande que todas as nosas miserias. Lévalle polo camiño de renovar o amor, de recomenzar, porque nunca hai nada perdido. O tres preguntas de Xesús son a mellor proba de que El si é fiel ás súas promesas, de que nunca abandona aos seus: sempre está aberta, de pao a pao, a porta da esperanza para quen sabe amar.

A resposta de Cristo, Bo Pastor, é porlle a el e aos seus Sucesores á fronte da nacente Igrexa, para pastorear ao Pobo de Deus coa solicitude dun pai, dun mestre, dun irmán, dun servidor. Así, Pedro, o primeiro Papa, e logo os seus sucesores son 'o Servo dos servos de Deus'.

Oración
Señor Xesús,
que saibamos reaccionar antes os nosos pecados,
que son traizóns á túa amizade,
e volvamos a Ti respondendo o amor con amor.
Axúdanos a estar moi unidos ao sucesor de Pedro,
ao Santo Pai, o Papa, co apoio eficaz que dá a obediencia,
porque é garantía da unidade da Igrexa e da fidelidade ao Evanxeo.

martes, 14 de mayo de 2013

VÍA LUCIS. 4ª PARTE


Como rezar o Vía Lucis - 4ª parte

6ª ESTACIÓN.

XESÚS NO CENÁCULO MOSTRA AS SÚAS CHAGAS AOS APÓSTOLOS

Os discípulos están no Cenáculo, o lugar onde foi a Última Cea. Medorentos e desesperanzados, comentan os sucesos ocorridos. É entón cando Xesús preséntase no medio deles, e o medo dá paso á paz.

Do Evanxeo segundo San Lucas 24, 36-43 (cf. Mc 16, 14-18; Xn, 20, 19-23).
36Estando eles comentando estas cousas, presentóuselles Xesús no medio e díxolles:
¡A paz sexa convosco!
Sobresaltados e cheos de medo, coidaban contemplar un espírito. Pero el díxolles:
¿Por que estades asustados, e a que veñen esas dúbidas? Mirade para as miñas mans e para os meus pés: sonvos eu. Palpade aquí e decatádevos de que un espírito non ten carne nin ósos, como vedes que teño eu.
E dicindo isto, mostróulle-las mans e mailos pés. Pero eles, tolos de contento e sen saíren do seu asombro, non acababan de crer. Xesús preguntoulles:
¿Tedes por aí algo que comer?
Déronlle un anaco de peixe asado. El colleuno e comeuno diante deles.

Comentario
Cristo resucitado é o mesmo Xesús que naceu en Belén e traballou durante anos en Nazaret, o mesmo que percorreu os camiños de Palestina predicando e facendo milagres, o mesmo que lavou os pés aos seus discípulos e entregouse aos seus inimigos para morrer na Cruz. Xesucristo, o Señor que é verdadeiro Deus e home verdadeiro. Pero os apóstolos apenas poden crelo: están asustados, medorentos de correr o seu mesma sorte. É entón cando se presenta no medio deles, e móstralles as súas chagas como trofeo, o sinal da súa vitoria sobre a morte e o pecado. Con elas rescatounos.

Foron o prezo da nosa redención. Non é unha pantasma. É verdadeiramente o mesmo Xesús que os elixiu como amigos, e agora come con eles. O Señor, que se encarnou por nós, quérenos mostrar, aínda máis explicitamente, que a materia non é algo malo, senón que foi transformada porque Xesús a asumiu.

Oración
Señor Xesús, dános a fe e a confianza
para descubrirche en todo momento,
mesmo cando non esperámosche.
Que sexas para nós
non unha figura afastada que existiu na historia,
senón que, vivo e presente entre nós,
ilumines o noso camiño nesta vida e, despois,
transformes o noso corpo fráxil
en corpo glorioso como o teu.


7ª ESTACIÓN.

NO CAMIÑO DE EMAÚS

Esa mesma tarde dous discípulos volven desilusionados ás súas casas. Pero un camiñante devólvelles esperanza. Os seus corazóns vibran de gozo coa súa compañía, con todo só se lles abren os ollos ao velo partir o pan.

Do Evanxeo segundo San Lucas 24, 13-32
Aquel mesmo día dous deles ían camiño de Emaús, unha aldea que está a uns dez quilómetros de Xerusalén. Ian falando de canto pasara. E resulta que mentres parolaban e discutían, Xesús en persoa, achegouse e camiñaba canda eles. Pero os seus ollos estaban incapacitados para o recoñeceren. Entón preguntoulles:
¿De que ides falando polo camiño?
Eles pararon cun semblante moi tristeiro, e Cleofás, un deles, respondeulle:
¿Seica es ti o único forasteiro en Xerusalén, que non sabe nada do que pasou alí durante estes días?
El preguntou:
¿De que, logo?
Eles contestaron:
Do asunto de Xesús o Nazareno, que foi un profeta poderoso en obras e palabras, ante Deus e ante o pobo todo; de como os nosos sumos sacerdotes e demais xefes o condenaron á morte e o crucificaron. Nós esperabamos que el fose quen liberase a Israel; pero xa van alá tres días desde que pasaron estas cousas. Claro que algunhas mulleres das nosas déronnos un susto, porque foron ó risca-lo día ó sepulcro, e, ó non atoparen o corpo, volveron falando dunha visión de anxos, que lles aseguraron que el vive. E algúns dos nosos alá foron ó sepulcro, atopando todo como as mulleres dixeran; pero a el non o viron.
Entón díxolles:
¡Que parvos e lentos sodes para crer todo o que anunciaron os profetas! E logo ¿non cumpría que o Cristo padecese todo isto, antes de entrar na súa gloria?
E comezando por Moisés e tódolos profetas, foilles interpretando o que as Escrituras falaban del.
O entraren na aldea onde ían, fixo coma quen quería seguir para adiante. Pero eles porfiáronlle, dicindo:
Quédate connosco, porque se fai tarde, e a noite bótase enriba.
Quedou con eles. E mentres estaban na mesa, colleu o pan, bendiciuno e partiuno e déullelo. Entón abríronselle-los ollos e recoñecérono; pero el desapareceu. E dixeron:
¿Non ardía o noso corazón, cando nos falaba polo camiño, interpretándono-las Escrituras?

Comentario
Os de Emaús íanse tristes e desesperanzados: como tantos homes e mulleres que ven con perplexidade como as cousas non saen segundo previran. Non acaban de confiar no Señor. Con todo Cristo 'vístese de camiñante' para iluminar os seus pasos decepcionados, para recuperar a súa esperanza. E mentres lles explica as Escrituras, o seu corazón, sen terminar de entender, énchese de luz, 'arde' de fe, alegría e amor.

Ata que, postos á mesa, Xesús parte o pan e ábrenselles a mente e o corazón. E descobren que era o Señor. Nós comprendemos con eles que Xesús vainos acompañando no noso camiño diario para encamiñarnos á Eucaristía: para escoitar a súa Palabra e compartir o Pan.

Oración
Señor Xesús,
cantas veces estamos de volta de todo e de todos!
tantas veces estamos desengañados e tristes!
Axúdanos a descubrirche no camiño da vida,
na lectura da túa Palabra e na celebración da Eucaristía,
onde te ofreces a nós como alimento cotián.
Que sempre nos leve a ti, Señor,
un desexo ardente de atoparche tamén nos irmáns.


8ª ESTACIÓN.

XESÚS DÁ AOS APÓSTOLOS O PODER DE PERDOAR OS PECADOS.
Xesús preséntase ante os seus discípulos. E o temor dun primeiro momento dá paso á alegría. Vai ser entón cando o Señor daralles o poder de perdoar os pecados, de ofrecer aos homes a misericordia de Deus.


Do Evanxeo segundo San Xoán 20, 19-23 (cf. Mc 16, 14; Lc 24, 36-45).
Naquel día, o primeiro da semana, ó serán, estando pechadas as portas onde estaban os discípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús, e, poñéndose no medio, díxolles:
Paz convosco.
Dito isto, mostróulle-las mans e mailo costado. Os discípulos alegráronse, vendo o Señor. El díxolles outra vez:
Paz convosco: coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.
E dito isto alentou sobre eles, e díxolles:
Recibide o Espírito Santo: a quen lles perdoéde-los pecados, quedaranlles perdoados; a quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.

Comentario
Os apóstolos non terminaron de entender o que ocorreu nestes días, pero iso non importa agora, porque Cristo está outra vez xunto a eles. Volven vivir a intimidade do amor, a proximidade do Mestre. As portas están pechadas polo medo, e El vailles a axudar a abrir de par en par o seu corazón para acoller a todo home. Durante a Última Cea deulles o poder de renovar a súa entrega por amor: o poder de celebrar o sacrificio da Eucaristía. Nestes momentos, failles partícipes da misericordia de Deus: o poder de perdoar os pecados. Os apóstolos, e con eles todos os sacerdotes, acolleron este agasallo precioso que Deus outorga ao home: a capacidade de volver á amizade con Deus despois de abandonalo polo pecado, a reconciliación.

Oración
Señor Xesús,
que saibamos descubrir nos sacerdotes outros Cristos,
porque fixeches deles os dispensadores dos misterios de Deus.
E, cando nos afastemos de Ti polo pecado,
axúdanos a sentir a alegría profunda da túa misericordia
no sacramento da Penitencia.
Porque a Penitencia limpa a alma, devolvéndonos a túa amizade,
reconcílianos coa Igrexa e ofrécenos
a paz e serenidade de conciencia para reemprender con forza
o combate cristián.

domingo, 12 de mayo de 2013

Reflexión


Hoxe é a festa da Ascensión. Nesta celebración quéresenos invitar aos crentes a tomar conciencia de que a vivencia da fe non pode ser doutro xeito máis que asentándose no mundo. Só quen é capaz de entender que a plenitude en Deus pasa pola plenitude e o compromiso coas causas xustas que moven as persoas, conseguirá entender por que, no tramo final do tempo de Pascua, celebramos a festa da Ascensión. Si, tamén nós aspiramos a entrar en diálogo e comuñón con Deus; tamén nós sabemos que o sentido final de canto facemos, rezamos e compartimos ten o seu punto de chegada nese encontro total e definitivo con Deus, ao final do noso camiño. Pero antes de gozar del, necesitamos ancorarnos ben no aquí e agora da historia que cada un de nós, xunto cos que con nós a comparten, imos construíndo e desenvolvendo. De aí que, como nos di a palabra de Deus, non podemos quedar mirando ao ceo agardando o final, senón que estamos chamados a facer da nosa vida oferta de disposición a traballar en todas aquelas causas nas que o ser humano se ve inmerso. Só desde este xeito activo de estar no mundo poderemos entender por que a plenitude de todo e a meta non pode estar máis que no encontro final con Deus. Dispoñámonos a celebrar facendo presentes na oración os problemas e tamén as esperanzas de cantos nos esforzamos, coa nosa presenza e traballo, para que o mundo siga avanzando e non se estanque.