Como rezar o Via Lucis - 5ª parte
9ª ESTACIÓN:
XESÚS FORTALECE A FE
DE TOMÉ.
Tomé non estaba cos demais apóstolos no primeiro encontro
con Xesús resucitado. Eles contáronlle a súa experiencia gozosa, pero non se
deixou convencer. Por iso o Señor, agora diríxese a el para confirmar a súa fe.
Do Evanxeo segundo San Xoán 20, 26-29
Oito días despois estaban outra vez dentro os discípulos,
e Tomé con eles. Chegou Xesús, estando pechadas as portas, e poñéndose no
medio, dixo:
‑Paz convosco.
Despois díxolle a Tomé:
‑Trae aquí o teu dedo e mira as miñas mans; trae a túa man
e métea no meu costado. Non sexas incrédulo, senón home de fe.
Tomé respondeulle:
‑¡Meu Señor e meu Deus!
Xesús díxolle:
‑¿Tes fe porque me viches? ¡Benia os que creron sen veren!
Comentario
Tomás non se deixa convencer polas palabras, polo testemuño
dos demais apóstolos, e busca os feitos: ver e tocar. Xesús, que coñece tan
intimamente o noso corazón, busca recuperar esa confianza que parece perdida. A
fe é unha graza de Deus que nos leva recoñecelo como Señor, que move o noso
corazón cara a El, que nos abre os ollos do espírito. A fe supera as nosas
capacidades pero non é irracional, nin algo que se impoña contra a nosa
liberdade: é máis ben unha luz que ilumina a nosa existencia e axúdanos e
fortalece para recoñecer a verdade e aprender a amala.
Que importante é estar pegados a Cristo, aínda que non o
sintamos preto, aínda que non o toquemos, aínda que non o vexamos!
Oración
Señor Xesús, auméntanos a fe, a esperanza e o amor.
Dános unha fe forte e firme, chea de confianza.
Pedímosche a humildade de crer sen ver,
de esperar contra toda esperanza
e de amar sen medida, cun corazón grande.
Como dixeches ao apóstolo Tomé,
queremos, aínda sen ver, render o noso xuízo
e abrazarnos con firmeza á túa palabra
e ao maxisterio da Igrexa que has instituido,
para que o teu Pobo permaneza na verdade que libera.
10ª ESTACIÓN:
XESÚS RESUCITADO NO
LAGO DE GALILEA
Os apóstolos volveron ao seu traballo: á pesca. Durante toda
a noite esforzáronse, sen conseguir nada. Desde a beira Xesús convídalles a
empezar de novo. E a obediencia outórgalles un xentío de peces.
Do Evanxeo segundo San Xoán 21, 1-6a
Máis adiante aparecéuselles outra vez Xesús ós seus
discípulos onda o lago de Tiberíades. Foi deste xeito: estaban xuntos Simón
Pedro, Tomé o chamado Xémeo, Natanael o de Caná de Galilea, os do Zebedeo, e
mais outros dous discípulos seus. Simón Pedro díxolles:
‑Vou pescar.
Eles contestaron:
‑Imos nós contigo tamén.
Saíron, e subiron a bordo. Pero aquela noite non colleron
nada. Xusto cando acababa de rompe-lo día, presentouse Xesús na ribeira do
lago. Pero non se decataron os discípulos de que era Xesús. Xesús
preguntoulles:
‑Rapaces, ¿tedes algo que comer?
Eles responderon:
‑Non.
Díxolles entón:
‑Largade o aparello por estribor e atoparedes.
Comentario
Nos momentos de incerteza, os apóstolos únense no traballo
con Pedro. A barca de Pedro, o pescador de Galilea, é imaxe da Igrexa, cuxos
membros, ao longo da historia están chamados a pór por obra o mandato do Señor:
'seredes pescadores de homes'. Pero non vale unicamente o esforzo humano, hai
que contar co Señor, fiándonos da súa palabra, e botar as redes.
Nas circunstancias difíciles, cando parece que humanamente
se puxo todo pola nosa banda, é o momento da confianza en Deus, da fidelidade
á Igrexa, á súa doutrina. O apostolado,
a extensión do Reino, é froito da graza de Deus e do esforzo e docilidade do
home. Pero hai que saber descubrir a Xesús na beira, con esa mirada que afina o
amor. E El premiaranos con froitos abundantes.
Oración
Señor Xesús,
fai que nos sintamos orgullosos de estar subidos
na barca de Pedro, na Igrexa.
Que aprendamos a amala e respectala como nai.
Ensínanos, Señor,
a apoiarnos non só en nós mesmos e na nosa actividade,
senón sobre todo en Ti.
Que nunca che perdamos de vista,
e sigamos sempre as túas indicacións,
aínda que nos parezan difíciles ou absurdas,
porque só así recolleremos froitos abundantes
que serán teus, non nosos.
11ª ESTACIÓN.
XESÚS CONFIRMA A
PEDRO NO AMOR
Xesús colleu aparte a Pedro porque quere preguntarlle polo
seu amor. Quere polo á fronte da nacente Igrexa. Pedro, pescador de Galilea,
vai converterse no Pastor dos que seguen ao Señor.
Do Evanxeo segundo San Xoán 21, 15-19.
Cando xa comeran, preguntoulle Xesús a Simón Pedro:
‑Simón de Xoán ¿ámasme máis ca estes?
El contestoulle:
‑Si, Señor, ti sabes que te quero.
Xesús díxolle:
‑Apacenta os meus años.
E de novo preguntoulle por segunda vez:
‑Simón de Xoán, ¿ámasme?
El respondeulle:
‑Si, Señor, ti sabes que te quero.
Xesús díxolle:
‑Apacenta as miñas ovellas.
E preguntoulle por terceira vez:
‑Simón de Xoán, ¿quéresme?
Entristeceuse Pedro de que lle preguntase por terceira
vez "¿quéresme?", e
respondeulle:
‑Señor, ti sábelo todo, ti ben sabes que te quero.
Xesús díxolle:
‑Apacenta as miñas ovellas. Con toda verdade cho aseguro:
cando eras novo vestíaste ti e ías onde querías; cando te fagas vello,
estendera-las túas mans, e vestirate outro e levarate onde non queres.
Dixo isto para significar con que clase de morte había de
dar gloria a Deus. E despois engadiu:
‑Sígueme.
Comentario
Pedro, o impulsivo, o fogoso, queda a soas co Señor. Séntese
avergoñado porque lle fallou cando máis o necesitaba. Pero Xesús non lle
reprocha a súa covardía: o amor é máis grande que todas as nosas miserias.
Lévalle polo camiño de renovar o amor, de recomenzar, porque nunca hai nada
perdido. O tres preguntas de Xesús son a mellor proba de que El si é fiel ás
súas promesas, de que nunca abandona aos seus: sempre está aberta, de pao a
pao, a porta da esperanza para quen sabe amar.
A resposta de Cristo, Bo Pastor, é porlle a el e aos seus
Sucesores á fronte da nacente Igrexa, para pastorear ao Pobo de Deus coa
solicitude dun pai, dun mestre, dun irmán, dun servidor. Así, Pedro, o primeiro
Papa, e logo os seus sucesores son 'o Servo dos servos de Deus'.
Oración
Señor Xesús,
que saibamos reaccionar antes os nosos pecados,
que son traizóns á túa amizade,
e volvamos a Ti respondendo o amor con amor.
Axúdanos a estar moi unidos ao sucesor de Pedro,
ao Santo Pai, o Papa, co apoio eficaz que dá a obediencia,
porque é garantía da unidade da Igrexa e da fidelidade ao
Evanxeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario