domingo, 17 de abril de 2016

LECTIO

DOMINGO V DE PASCUA
(Ano C: 24 abril 2016)

            Curto tamén é o texto do evanxeo de Xoán que hoxe se nos ofrece para a nosa consideración e para profundarmos nel. Tal como ocorría no anterior domingo. Breve en palabras, pero moi denso e amplo na súa transcendencia, porque apunta a algo decididamente central na mensaxe do evanxeo: o amor.
             Xesús atópase en momentos de íntima confidencia cos seus discípulos cando lle quedan poucas horas de vida e de conversa con eles. Momentos dramáticos tamén porque algún dos seus decidira xa no seu corazón entregalo ás autoridades relixiosas e políticas para que acabasen con el.
            En momentos coma estes é cando se comunican e transmiten as recomendacións máis esenciais. Os que permanecen vivos, os herdeiros coma quen di, non poderán esquecelas.
            A derradeira, e polo tanto a máis importante, recomendación de Xesús é moi emotiva e tan doada de entender como difícil de levar á práctica. Acabámola de escoitar: “Meus fillos: só un pouquiño estarei convosco. Douvos un mandamento novo: amádevos uns a outros. Como eu vos amei, amádevos tamén entre vós”.
            Sen dúbida, trátase dunha verdadeira síntese de todo o evanxeo: da ensinanza e da práctica continua de Xesús ata este intre e nas poucas horas que lle restan de vida. No fondo, Xesús non ensinou nin practicou outra cousa máis ca iso: o amor, a entrega sen reserva ós demais ata dar el mesmo a súa vida por todos.
            Mais trátase verdadeiramente dun mandamento novo? Coido que algunha vez aludín a unha das normas ou mandados do Antigo Testamento, concretamente do libro do Levítico. Entre esas normas que, segundo o Levítico, Deus lle dá a Moisés, en relación co modo de comportárense as persoas que Moisés ten ó seu cargo, aparece esta: “Non terás odio no corazón ó teu irmán [...[ Non te vingarás nin lles terás xenreira ós teus veciños. Amarás o teu próximo coma a ti mesmo” (Lev 19, 18). De feito, Xesús recorre moitas veces a este mandado (“Amarás o teu próximo coma a ti mesmo”) sobre todo nas súas discusións cos doutos do xudaísmo do seu tempo. A xente entendía bastante ben que se Deus é bo con todos, non podemos pola nosa parte sermos malos os uns cos outros. No Antigo Testamento tíñase, pois, clara conciencia, da bondade e da paternidade de Deus en relación co seu pobo. Era lóxico, pois, que o senso de mutua fraternidade entre todos se fose asentando cada vez máis neles.
            Pero Xesús quere ir máis alá destes bos sentimentos do Antigo Testamento. Sabemos daquela pregunta que lle fai unha vez un letrado a Xesús sobre cal é o “primeiro” mandamento da lei. Xesús responderalle utilizando as mesmas palabras do libro do Deuteronomio (6, 4-5): “O primeiro é: Escoita, Israel: O Señor, noso Deus, é o único Señor. Amarás o Señor, teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma, con toda a túa mente e con toda a túa forza”. Con isto a pregunta quedaba perfectamente respondida. Mais Xesús vai engadir a isto (e sen que o letrado llo preguntara) algo decisivo ó colocar dalgunha maneira o chamado segundo mandamento ó mesmo nivel có primeiro: “O segundo é este: Amarás o teu próximo como a ti mesmo. Non hai mandamento máis importante ca estes”.
            Xesús tiña boas razóns para engadir iso, porque no Antigo Testamento estes dous mandamentos estaban en certo modo pouco relacionados entre si. Do primeiro falábase no Deuteronomio e do segundo no Levítico (19, 18), mesturado este último ademais con outras diversas normas cúlticas e morais. O que fai Xesús coa súa resposta ó letrado é darlle ó segundo mandamento, é dicir, ó amor ó próximo unha dignidade en certo modo divina. De modo que amar ó próximo vén sendo para Xesús practicamente o mesmo que amar a Deus.
            Agora ben, o que fai Xesús agora, nestes derradeiros momentos de intimidade cos seus discípulos, é subir aínda máis o listón da importancia e da esixencia do amor ó próximo. Por iso poderá indicar Xesús con toda razón que o seu mandamento do amor ó próximo é verdadeiramente “novo”. Por que? Moi sinxelo. A medida do amor ó próximo no Antigo Testamento era “un mesmo”: “Amarás o teu próximo como a ti mesmo”. A medida do amor que anuncia agora Xesús é moito máis elevada e, polo tanto, decididamente “nova”: Amarás o teu próximo “como eu vos amei”. Cómo amou Xesús? Ben o sabemos, polo menos teoricamente. Amou os demais máis que a si mesmo. Amou totalmente, entregando a súa vida, é dicir, a si mesmo, pola salvación e liberación de todos. A medida do seu amor non é polo tanto el mesmo (“como a ti mesmo”), porque se esa fose a medida do seu amor, non poría en xogo a súa vida e non a daría polos demais.
            A actitude de Xesús ten un certo parecido á de esas boas e xenerosas persoas que se lanzan de súpeto a un mar embravecido para libraren da morte a alguén que está en perigo de afogarse. Mais iso practicado non unha ou dúas veces e case sen pensar, senón ó longo de toda unha vida e de maneira consciente e consecuente ata a propia morte.
            Esta é, pois, a medida á que Xesús nos convida e que fará que xurdan ese “ceo” e “terra”  tamén “novos” dos que nos fala hoxe o libro da Apocalipse da 2ª Lectura.
            Hai ademais unha importante advertencia. Non nos enganemos. Só se procedemos así, seremos considerados como verdadeiros discípulos de Xesús. Ese ha ser, pois. o noso sinal distintivo, para dese xeito termos capacidade de atraer a outros ó camiño de Xesús. “Nisto coñecerán todos que sodes os meus discípulos: se vos tedes amor uns a outros”. Os cristiáns non podemos, en consecuencia, contentarnos con dicir simplemente que o somos, é dicir, que somos cristiáns. Pois se o amor -e un amor coma o de Xesús- non se converte en motor das nosas vidas e da nosa relación con todos non seremos en realidade verdadeiramente cristiáns.

            Tarefa, como vedes, nada doada, pero tarefa que nos salvará e que nos liberará a nós e a todos cantos se encontren con nós.

domingo, 10 de abril de 2016

LECTIO

DOMINGO III DE PASCUA
(Ano C: 10 abril 2016)

            Ao estarmos como estamos, nesta igrexa dos Apóstolos, tan preto do mar, case á beira da nosa fermosa ría de Vigo, o relato deste domingo (ben centrado na tarefa da pesca no lago de Tiberíades) debería sernos doado de entender. O de Xoán de hoxe tampouco pode ser considerado coma un relato estritamente fotográfico ou histórico do ocorrido. Porque os outros evanxelistas, ó falárennos da pesca milagrosa, colocan a escena antes da morte de Xesús, mentres que Xoán a sitúa despois da súa resurrección. Unha vez máis, o que a Xoán lle interesa é profundar na continuidade real, máis alá da crucifixión, entre o Xesús co que conviviran durante a súa vida e o Xesús resucitado que os seus discípulos senten e experimentan como vivo de moi diversas maneiras.
            É un relato moi fermoso e emotivo. Emotivo polo que se refire ás preguntas que lle fará Xesús a Simón Pedro antes de lle confiar o coidado dos seus primeiros discípulos. Fermosa, detallada e reflexo vivo do traballo da pesca é a escena que se nos refire antes sobre a fracaso da pesca nocturna no lago. Estaban cansados, frustrados e faltos de humor cando empeza a romper o día e na barca non había un rabo de peixe. Porque cómpre ter en conta que a pesca non era para eles, como o pode ser hoxe en día para moitos afeccionados a ela, un deporte ou unha evasión. Para eles era o seu traballo, a súa humilde profesión, temporal polo menos. E dese traballo dependía que puidesen comer ou quizais comerciar algo con outros para adquiriren cousas que precisasen. Ese seco “Non”, co que lle responden a aquel descoñecido que pasea tan cedo á beira do lago, reflicte moi ben o seu estado de ánimo. Non teñen humor para latricar máis con el.
            Aínda que, claro, ese descoñecido vaise converter de súpeto en coñecido para o que o ama. Son esas intuicións mutuas que sobre si mesmas teñen as persoas que se queren, que conxenian entre si. Calquera pequeno detalle é sempre revelador. Isto foi o que lle pasou con Xesús a Xoán por moito que estivese este cansado de toda unha noite traballando e sen poder pegar ollo.
            O pequeno detalle foi en calquera caso moita cousa. Ben saben os que teñen algunha afección á pesca os soños e fantasías que tantas veces lles veñen á cabeza sobre unha grandísima troita ou robaliza que pescaron ou van pescar... O que ocorre é que tales soños ou traballos imaxinativos non adoitan converterse en realidade. Ó máis ó que se chega é a dicir que unha troita ou unha faneca que deberían de ser enormes se nos escaparon polo moito que tiraban do fío.
            Agora ben, ver diante dun, non só imaxinados senón reais, moitos grandes e fermosos peixes pescados por un grazas á simple indicación dun descoñecido e poder contalos amodiño un tras outro, iso si que ten que ser un acontecemento que non se pode esquecer doadamente. Xoán, un dos afortunados pescadores, dinos que contaron 153 peixes grandes. Na súa vida esquecería Xoán xunto cos seus compañeiros de pesca o preciso e concreto número de peixes pescados: 153.
            Foi este exceso de éxito, absolutamente inesperado, no seu traballo de pescadores o que lle fixo ver ou intuír a Xoán que quen andaba pola praia non podía ser outro máis có Mestre. Primeira lección: a amor ten poder para aguzar a vista. Mais o amor de Xoán a Xesús é sempre posterior, consecuencia, do amor que  Xesús lle tiña a el. Para podermos amar temos que recibir antes o impacto de alguén que nos quere, temos que ser amados antes por outro, en último termo por Deus, creador e amador de todo canto hai. Cando Xoán coloca a escena da pesca de hoxe no contexto de Xesús resucitado está a dicirnos que é a fe na Resurrección de Xesús a que nos fai ver, verdadeiramente e a fondo, as cousas da nosa vida, do noso traballo, dos nosos fracasos e dos nosos éxitos.
            A outra escena de Xesús con Pedro apréndenos tamén unha que podemos chamar segunda lección do Xesús resucitado. Comentando no anterior domingo, en relación cunha viñeta dun irmán meu de Brasil, que fora o Amor o que resucitara a Xesús, diciamos que se Deus non fose esencialmente Amor, non existiría resurrección: nin a de Xesús nin a nosa. Só podemos vivir sen deixar nunca de continuar a vivir se hai Alguén que, aparte de ter poder para tal cousa, nos quere tanto que non permite que a morte sexa a nosa fin.
            Agora ben, o Xesús resucitado non nos garante só a vida, a resurrección, despois da nosa morte individual, senón tamén unha vida plena –en certo modo podemos dicir que inicialmente xa “resucitada”- na nosa vida actual. Pois acaso podemos chamar vida unha vida vivida sen amor? Vivir sen amor vén sendo como estar morto. Por iso, o Xesús Resucitado vaille insuflar verdadeira vida e resurrección a Pedro, dándolle amor e comprobando ó tempo se Pedro o ama verdadeiramente. Vai comprobar se Pedro corresponde con amor ó amor que Xesús lle ten a el a pesar dos seus fallos e fracasos. Esas reiteradas preguntas (ata tres veces) que Xesús lle fai a Pedro sobre o seu amor a el non poden menos de lembrarnos aquel fermoso dito do santo de Ávila, San Xoán da Cruz: “Á tarde examinarante no amor”.  Si. O Xesús resucitado compórtase con Pedro de maneira semellante a unha nai que preguntase ó seu fillo pequeno se a quere. O neno quedaría case desconcertado e non sabería case que lle responder á súa nai. Como non a vai querer, se el non é nada sen ela? Mais Pedro é unha persoa adulta e ó final non sabe tampouco como responder, limitándose a replicar: “Señor, ti sábelo todo, ti ben sabes que te quero”.
            Unha resposta que ten máis de admiración sobre a grandeza e o amor de Deus que de estrita contestación. Unha reacción, a de Pedro, que seguramente nos lembra aquela outra de Tomé do anterior domingo: “Meu Señor e meu Deus!”.
            Unha aclaración final aínda. O amor que lle pide Xesús a Pedro é un amor que non se dirixe a un “Deus” abstracto, senón ó Xesús concreto no que se manifesta o Pai Deus. Un Xesús que é tan divino coma humano. En Xesús estamos todos representados. De modo que, unha vez máis, non pode haber amor a Deus que non pase polo amor ás persoas humanas concretas, especialmente as máis necesitadas. Moita tarefa de Deus temos aquí diante de nós!
Manuel Cabada

viernes, 1 de abril de 2016

LECTIO

DOMINGO II DE PASCUA
(3 abril 2016)

            Do evanxeo que acabamos de escoitar, o episodio relacionado con Tomé cóntao só Xoán entre os evanxelistas. Pero é que, ademais, o mesmo Xoán nos di que houbo “moitos outros signos” que fixo Xesús entre os seus discípulos, despois de resucitado, que el mesmo non nos conta. De modo que eses moitos signos, que para un xornalista dos nosos días terían un enorme interese, a Xoán non lle parece doer moito non contalos todos.
            Xoán e con el os demais apóstolos e discípulos de Xesús saben que o importante e decisivo é o encontro con Xesús. Co Xesús de antes e de despois da resurrección. E para encontrármonos con Xesús e adherírmonos a el abonda cun par de experiencias fondas e íntimas con el. Os evanxelistas non son xornalistas, senón transmisores de fondas e inesquecíbeis experiencias que eles mesmos tiveron con Xesús.
            Por iso Xoán, pensando seguramente nas persoas que non participamos inmediata e directamente nesas experiencias, preséntanos a escena de Tomé. A min Tomé lémbrame un pouco, aínda que sexa como digo só un pouco, a parábola maxistral de Xesús do fillo pródigo (ou, segundo comentabamos, do “Pai misericordioso”). Xesús fálanos nesa parábola da bondade a toda proba de Deus, Pai seu e Pai noso tamén. Cando volve o seu fillo despois de moito esperalo, seu pai apértao con agarimo sen rifarlle nin botarlle en cara a súa mala conduta. Agora é Xesús quen se comporta, no mesmo senso, amorosamente condescendente co seu apóstolo. Acepta sen reparos as condicións que Tomé puxera para crer nel: ver directamente as furas dos cravos nas súas mans e comprobar amodo e directamente que el era verdadeiramente o mesmo Xesús co que convivira e non unha pantasma.
            Os encontros con Deus están sempre cheos de paz, de alegría, de perdón xeneroso e de xestos moi humanos. É esta atmosfera a que Xoán crea no seu relato da aparición de Xesús no medio dos seus apóstolos, cando eles estaban cheos de medo e de precaucións trala morte ignominiosa do seu Mestre.
         O primeiro saúdo de Xesús quere xa romper con medos, posibles acusacións mutuas ou desencontros no seo do grupo dos apóstolos. “Paz convosco”. Tamén no seu encontro posterior oito días despois, xa con Tomé entre eles, repetirá Xesús o mesmo saúdo: “Paz convosco”.  Xesús aporta sempre paz, consolo e moitos azos para vivir, pois El mesmo é a Vida. Dálles, ademais, o mellor que lles pode dar: o Espírito Santo. “Recibide o Espírito Santo”. É dicir, el mesmo, Xesús, máis alá da súa concreta experiencia humana, histórica e corporal.
            Así se foi formando a súa Igrexa ata nós, aínda que fose a través de moitas deficiencias históricas da mesma Igrexa. Por iso certos xestos, actitudes ou palabras do bispo de Roma, Francisco, nos chaman tanto a atención. Por que? Porque quizais nos queren facer máis directamente presente o modo como se comportaba Xesús coa xente coa que convivía no seu tempo.
            Que lle ocorreu a Tomé para pasar tan rapidamente dunha actitude de autodefensa fronte ós seus compañeiros crentes á outra na que el mesmo se derruba ante o Xesús que lle permite a Tomé que realice con el as probas que considere máis axeitadas?
            A resposta a esta pregunta coido que é importante porque nos afecta tamén a nós, que loitamos moitas veces entre a nosa crenza a as ameazas ou dúbidas que se lle presentan á nosa propia crenza.
            Coido que canto máis pensemos e aceptemos a grandeza de Deus a tódolos niveis, tanto máis doado nos será crer nel. Porque as cousas de Deus son sempre grandiosas, inimaxinábeis. Tanto en poder como en bondade. El non é unha persoa máis coa que nos encontramos na vida, por moito que a poidamos estimar ou apreciar. El é absolutamente infinito en todo. Por iso o grande misterio das cousas feitas por el, da materia, da vida, do noso interior e de mil outras realidades máis que nos admiran. É misterioso o nacer, o vivir, o morrer e, por suposto, tamén o resucitar.
            Tomé fixo a experiencia do Xesús resucitado e con esa experiencia fixo tamén a experiencia de que el tamén vai poder resucitar. Isto enche a súa alma de alegría, de confianza e de fonda paz. Tódalas probas que Tomé tiña pensado realizar co Xesús supostamente resucitado caen por terra como xoguetes de rapaces pequenos ante a grandeza que se lle presenta directamente diante del: a presenza dun Xesús poderoso e bondadoso. Poderoso, porque é xa señor da morte, vencida por el, e entrañablemente bondadoso porque ten a condescendencia de se ocupar de Tomé e dos seus problemas coma se non existise no mundo ningún outro do que Xesús se houbese de ocupar. Por iso, Tomé non podía dicir máis có que dixo: “Meu Señor e meu Deus!!”.
            Para rematar. A bondade e o amor fan milagres. Entre eles o milagre de resucitar. Un irmán meu, tamén xesuíta, que leva moitos anos en Brasil, mandoume con motivo das festas pascuais unha viñeta pintada por el na que aparecen dous personaxes. Na viñeta aparecen os dous personaxes como flotando sobre os nubeiros do ceo. Un, a modo de xornalista e co micrófono na man, pregúntalle ó outro, que é representa a Xesús resucitado: “Vostede estaba morto. ¿Como conseguiu resucitar?”. E Xesús responde deste xeito: “É que o amor non morre. Foi el quen me resucitou”...
            Verdadeiramente o amor non morre. E se Deus, o Deus Pai noso e de Xesús, é Amor (tal como se nos di na primeira carta de Xoán), temos entón aí a clave de por que Xesús resucitou e de por que tamén nós resucitaremos con el. Xa o dicía o famoso pensador francés Gabriel Marcel:  “amar a unha persoa é dicirlle ‘ti, ti  non morrerás endexamais’”.
            Por iso digámoslle tamén nós agradecidos a este Deus Pai e Deus Fillo que nos aman e que polo tanto nos han resucitar as palabras de Tomé: “Meu Señor e meu Deus!”.
Manuel Cabada

domingo, 27 de marzo de 2016

MENSAXE PASCUAL DO PAPA FRANCISCO 2016

Queridos irmáns e irmás, Feliz Pascua!

Xesucristo, encarnación da misericordia de Deus, morreu en cruz por amor, e por amor resucitou. Por iso hoxe proclamamos: Xesús é o Señor!
A súa resurrección cumpre plenamente a profecía do Salmo: «A misericordia de Deus é eterna», o seu amor é para sempre, nunca morre. Podemos confiar totalmente nel, e dámoslle grazas porque descendeu por nós ata o fondo do abismo.
Ante as simas espirituais e morais da humanidade, ante ao baleiro que se crea no corazón e que provoca odio e morte, soamente unha infinita misericordia pode darnos a salvación. Só Deus pode encher co seu amor este baleiro, estas fosas, e facer que non nos afundamos, e que podamos seguir avanzando xuntos cara á terra da liberdade e da vida.

O Papa saúda aos fieis; Martha Calderon/ AciPrensa
O anuncio gozoso da Pascua: Xesús, o crucificado, «non está aquí, resucitou!» (Mt 28,6), ofrécenos a certeza consoladora de que se salvou o abismo da morte e, con iso, quedou derrotado o loito, o pranto e a angustia (cf. Ap 21,4). O Señor, que sufriu o abandono dos seus discípulos, o peso dunha condena inxusta e a vergoña dunha morte infame, fainos agora partícipes da súa vida inmortal, e concédenos a súa mirada de tenrura e compaixón cara aos famentos e sedientos, os estranxeiros e os encarcerados, os marxinados e descartados, as vítimas do abuso e a violencia. O mundo está cheo de persoas que sofren no corpo e no espírito, mentres que as crónicas diarias están repletas de informes sobre delitos brutais, que a miúdo se cometen no ámbito doméstico, e de conflitos armados a gran escala que someten a poboacións enteiras a probas indicibles.
Cristo resucitado indica camiños de esperanza á querida Siria, un país desgarrado por un longo conflito, co seu triste rastro de destrución, morte, desprezo polo dereito humanitario e a desintegración da convivencia civil. Encomendamos ao poder do Señor resucitado as conversacións en curso, para que, coa boa vontade e a cooperación de todos, se poidan recoller froitos de paz e emprender a construción unha sociedade fraterna, respectuosa da dignidade e os dereitos de todos os cidadáns. Que a mensaxe de vida, proclamado polo anxo xunto á pedra removida do sepulcro, afaste a dureza do noso corazón e promova un intercambio fecundo entre pobos e culturas nas zonas da conca do Mediterráneo e de Medio Oriente, en particular en Iraq, Iemen e Libia. Que a imaxe do home novo, que resplandece no rostro de Cristo, fomente a convivencia entre israelís e palestinos en Terra Santa, así como a dispoñibilidade paciente e o compromiso cotián de traballar na construción dos cimentos dunha paz xusta e duradeira a través de negociacións directas e sinceras. Que o Señor da vida acompañe os esforzos para alcanzar unha solución definitiva da guerra en Ucraína, inspirando e apoiando tamén as iniciativas de axuda humanitaria, incluída a de liberar ás persoas detidas.
Que o Señor Xesús, a nosa paz (cf. Ef 2,14), que coa súa resurrección venceu o mal e o pecado, avive nesta festa de Pascua a nosa proximidade ás vítimas do terrorismo, esa forma cega e brutal de violencia que non cesa de derramar sangue inocente en diferentes partes do mundo, como ocorreu nos recentes atentados en Bélxica, Turquía, Nixeria, Chad, Camerún e Costa do Marfil; que leve a bo termo o fermento de esperanza e as perspectivas de paz en África; penso, en particular, en Burundi, Mozambique, a República Democrática do Congo e no Sudán do Sur, lacerados por tensións políticas e sociais.
Deus venceu o egoísmo e a morte coas armas do amor; o seu Fillo, Xesús, é a porta da misericordia, aberta de pao a pao para todos. Que a súa mensaxe pascual se proxecte cada vez máis sobre o pobo venezolano, nas difíciles condicións nas que vive, así como sobre os que teñen nas súas mans o destino do país, para que se traballe en pos do ben común, buscando formas de diálogo e colaboración entre todos. E que se promova en todo lugar a cultura do encontro, a xustiza e o respecto recíproco, o único que pode asegurar o benestar espiritual e material dos cidadáns.
O Cristo resucitado, anuncio de vida para toda a humanidade que reverbera a través dos séculos, convídanos a non esquecer aos homes e as mulleres en camiño para buscar un futuro mellor. Son un xentío cada vez máis grande de emigrantes e refuxiados -incluíndo moitos nenos- que foxen da guerra, a fame, a pobreza e a inxustiza social. Estes irmáns e irmás nosos, atopan demasiado a miúdo no seu percorrido a morte ou, en todo caso, o rexeitamento de quen poderían ofrecelos hospitalidade e axuda.
Que a cita do próximo Cume Mundial Humanitario non deixe de pór no centro á persoa humana, coa súa dignidade, e desenvolver políticas capaces de asistir e protexer ás vítimas de conflitos e outras situacións de emerxencia, especialmente aos máis vulnerables e os que son perseguidos por motivos étnicos e relixiosos.
Que, neste día glorioso, «goce tamén a terra, alagada de tanta claridade» (Pregón pascual), aínda que sexa tan maltratada e vilipendiada por unha explotación ávida de ganancias, que altera o equilibrio da natureza. Penso en particular ás zonas afectadas polos efectos do cambio climático, que en ocasións provoca seca ou inundacións, coas consecuentes crises alimentarias en diferentes partes do planeta.
Cos nosos irmáns e irmás perseguidos pola fe e pola súa fidelidade ao nome de Cristo, e ante o mal que parece prevalecer na vida de tantas persoas, volvamos escoitar as palabras consoladoras do Señor: «Non teñades medo. Eu vencín ao mundo!» (Xn 16,33). Hoxe é o día brillante desta vitoria, porque Cristo derrotou á morte e a súa resurrección fixo resplandecer a vida e a inmortalidade (cf. 2 Tm 1,10). «Sacounos da escravitude á liberdade, da tristeza á alegría, do loito á celebración, da escuridade á luz, da servidume á redención. Por iso dicimos ante el: Aleluia!» (Melitón de Sardes, Homilía Pascual).
A quen nas nosas sociedades perderon toda esperanza e o gusto de vivir, aos anciáns atafegados que na soidade senten perder vigor, aos mozos a quen parece faltarlles o futuro, a todos dirixo unha vez máis as palabras do Señor resucitado: «Mira, fago novas todas as cousas... ao que teña sede eu dareille da fonte da auga da vida gratuitamente» (Ap 21,5-6). Que esta mensaxe consolador de Xesús nos axude a todos nós a renovar con maior vigor a construción de camiños de reconciliación con Deus e cos irmáns.

Saúdos de Pascua do Santo Pai
Queridos irmáns e irmás, desexo renovar os meus desexos de Boa Pascua a todos vostedes, vindos a Roma desde diversos países, como tamén a cuantos se conectaron a través da televisión, a radio e outros medios de comunicación. Que poida resoar nos vosos corazóns, nas vosas familias e comunidades o anuncio da Resurrección, acompañado da calorosa luz da presenza de Xesús vivo: presenza que ilumina, reconforta, perdoa, sosiega... Cristo venceu o mal na raíz: é a Porta da salvación, aberta de pao a pao para que cada un poida atopar misericordia.

Agradézolles a súa presenza e a súa alegría neste día de festa. Un agradecemento particular polo don das flores, que tamén este ano proveñen dos Países Baixos.

Leven a todos a alegría de Cristo Resucitado. E por favor, non esquezan rezar por min.

Bo xantar pascual e ata pronto!

LECTIO

DOMINGO DE PASCUA DE RESURRECCIÓN

            O ano litúrxico vainos levando pouco a pouco polas diversas experiencias cristiás da fe. Vainos poñendo en contacto co Xesús que nace coma nós, aínda que máis pobremente, no Nadal. Na Coresma preparabámonos para sentirmos con el as súas tentacións, as súas renuncias e a súa vida adulta de anuncio da boa nova a todos, de maneira especial ós máis necesitados e carentes de bens deste mundo. E nestes días pasados viviamos con dor e compaixón os padecementos e a morte de Xesús.
            Mais sabiamos tamén que detrás deste aparente fracaso absoluto da súa vida, deste afundirse o sol no horizonte e na noite, ía acontecer un novo rexurdimento. Un amencer de Xesús resucitado, que en adiante non morrerá xa máis. Xesús converteuse así nun sol radiante, que non volverá ter máis solpores. Xoán cóntanos hoxe no evanxeo que a Magdalena foi ó sepulcro moi cedo, “cando aínda era escuro”. Cousa que podemos entender tamén simbolicamente. María Magdalena, e con ela todos nós, camiñamos ou corremos cara á Luz do Resucitado, porque a escuridade non nos vai. Somos todos bolboretas inquedas que voamos cara á luz na noite escura.
            Non hai cousa que máis queiramos cá luz e a vida. E isto sempre e para sempre. Deus púxonos esta querenza no corazón e coa resurrección do seu fillo e irmán noso, Xesús, esta nosa fonda querenza atopa o que busca. A luz e a vida aquí e alén da morte están así en boas mans. Porque Xesús resucitou e se converteu en “Señor” de todo.
            Este é o significado da Resurrección. Xesús e con el a humanidade toda estamos destinados, máis alá das nosas particulares mortes biográficas, a sermos inmortais. Morreremos, si, pero para non volvermos experimentar xa nunca máis angustias mortais. A nosa morte coincidirá co comezo dun novo e definitivo vivir para sempre. Por iso, os primeiros cristiáns loaban a Deus, ó celebraren a Resurrección, dicindo e cantando “aleluia”, como fixestes vós despois da Primeira Lectura. E “aleluia” quere dicir: “loado sexa Deus”.
            “Loado sexa Deus” pola súa grandeza, polos seus grandes plans sobre nós. Porque os pequenos ou grandes padecementos da nosa vida veñen sendo en definitiva moi pouco en comparanza co grandioso destino que nos espera.
            Por iso, dicía Pedro en relación coa resurrección de Xesús que a alegría debería rebordar en nós: “Loado sexa Deus –así nos di el-, que pola súa grande compaixón resucitou a Xesús Cristo da morte e nos fixo renacer a unha vida nova que se nos dá en esperanza [...] Por iso –continúa a dicir Pedro- brincades de alegría, aínda que agora, se fai falta, teñades que sufrir, por un pouco tempo, diferentes probas”.
            A alegría debería ser, pois, un sentimento normal e estábel na vivencia da nosa fe. Desta nosa fe, que ten os seus alicerces no acontecemento pascual da Resurrección do Señor. O domingo de Resurrección é o modelo do que copian tódolos domingos do ano litúrxico. Pois “domingo” quere dicir día do “Señor”, é dicir, de quen “domina” sobre todo. Coa súa resurrección converteuse Xesús en “Señor” de toda a creación e dos tempos todos: pasado, presente e vindeiro.
            En Xesús ten firme alicerce a nosa confianza, pois El é o noso irmán. Da súa Resurrección provén a nosa alegría. Como di a liturxia pascual: “Este é o día que fixo o Señor. Alegrémonos e relouquemos nel”. Da súa resurrección derívase a nosa. Esta vén sendo tamén a razón do dito popular de estarmos alegres “como unhas pascuas”...
            Agora ben, se os discípulos creron porque “viron”, a nosa crenza en Xesús resucitado terá que basearse na nosa “fe”, non na nosa “visión”. Trátase dunha fe que, pola súa parte, está baseada no testemuño dos apóstolos e da igrexa que nace con eles. Pero, pola nosa parte, podemos dicir tamén que, como compensación de non termos vivido nós aquela forte experiencia dos discípulos de Xesús, podemos en cambio sentirmos a alegría das palabras que dalgunha maneira nos dirixe Xesús a todos nós: “Benia os que creron sen veren!”.
            Cómpre, ademais, ter presente que a alegría que sentiron os discípulos pola resurrección de Xesús non era unha alegría intimista ou particular, que cadaquén en certo modo gardaría para si, para o seu propio consolo. Non. Era unha alegría comunitaria, compartida, que ía máis alá dos propios intereses ou preocupacións. Da mesma m
aneira que Xesús non se pechara endexamais en si mesmo, senón que vivira sempre para os demais, facéndonos partícipes incluso da súa resurrección, os seus discípulos non podían proceder doutra maneira. En consecuencia, estaban abertos ós problemas e ás necesidades dos demais. Porque a todos viña dirixida a grandiosa mensaxe de Xesús: a de sermos todos, con el en primeiro lugar, fillos dun mesmo Pai e destinados, máis alá dos límites da nosa existencia particular, a unha resurrección para sempre.
            Todo isto ten aplicación non só a nós, os que formalmente nos chamamos cristiáns, senón á humanidade toda, porque en Xesús resucitado Deus Pai quixo e decidiu dar vida para sempre, máis alá da morte, a todos. Os cristiáns estamos así convocados a encher o mundo enteiro da esperanza de vida que nos vén de Xesús.
            Isto é o que fan os apóstolos e discípulos ó teren a experiencia de Xesús resucitado. Antes ca eles, as mulleres que foron moi cedo a visitar o sepulcro do Señor. Volven axiña para lles anunciar ós apóstolos a resurrección do Señor. Algo similar realizan os diversos apóstolos e discípulos comunicándose mutuamente as aparicións ou experiencias do Señor resucitado que van sucesivamente ocorrendo.
            A través dos tempos e dos séculos recibimos tamén nós por medio do anuncio do evanxeo esta grande e boa nova da resurrección de Xesús e, consecuentemente, da resurrección que nos espera tamén a todos nós.
            Por iso os que recibimos esta grande nova temos que anunciala coa nosa palabra e con nosos feitos, no noso tempo e aquí onde vivimos, a cantos ou non saben dela ou non son capaces de crer nela quizais incluso por ser a nova da resurrección algo tan incríbel, tan marabilloso. E é xustamente así por ser algo que procede de Deus, que é sempre meirande que canto podemos maxinar del.
            Digamos, pois, todos, agora con alegría e agradecemento: ALELUIA! Loado sexa Deus!

TODOS: ALELUIA! Loado sexa Deus!

viernes, 25 de marzo de 2016

VIA CRUCIS

Meditar na Paixón do Señor é un elemento fundamental na espiritualidade cristiá. Con esta lógrase unha transformación da alma en comuñón co sufrimento do Fillo de Deus. Neste sentido, Sta. María Magdalena de Pazzi é un exemplo admirable.
Os textos que eliximos son da paixón de Xesús vivida por María Magdalena de Pazzi, edición do Carmelo de Carpineto Romano de 1998. As oracións son patrimonio común da Igrexa, a maior parte, máis libremente adaptadas, veñen das diferentes estacións da cruz do Papa Xoán Paulo II no Coliseo. 
Desde a súa infancia, Santa María Magdalena de Pazzi sentiu atraída pola contemplación da Paixón de Cristo, seguindo as Istruzioni et Avvisi para meditar na paixón de Cristo do P. Gaspar Loarche (1498-1578). A partir dese libro tomamos este pequeno texto que nos prepara ben para percorrer o camiño da cruz coa nosa Santa.
"Por tanto, cando medites na paixón e morte do teu Redentor, que sexa o teu principal fin o namorarte daquel Señor, que tanto te amou e que con tantas probas demostrouche o seu amor. Toma en conta que todas esas chagas que contemplas nel son voces que gritan e dan testemuño de este o seu gran amor. Mírao na cruz e comprenderás con eses signos como te convida e obriga a amalo. Eses pés cravados demóstranche que el quere esperarte. Eses brazos estendidos significan que desexa abrazarte. Esa cabeza cravada de espiñas dá sinal de que quere darche o bico da paz. Aquel lado aberto manifesta que quere darche un lugar no seu corazón onde poidas atopar repouso e seguridade".

INTRODUCIÓN
No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo. Amén.
"Se alguén quere seguirme, que se negue a si mesmo, tome a súa cruz e me siga". (Mt 16,24)
A Igrexa reúnese para lembrar e revivir os acontecementos da última fase da vida terrea do Fillo de Deus, convencida de que non é só un camiño cara ao suplicio.
Cremos que cada paso do Condenado, cada un dos seus xestos e das súas palabras, así como o que viviron e lograron os que participaron neste drama, fálannos constantemente.
Con Santa María Magdalena de Pazzi seguimos a Jesús no sufrimento e a súa morte. Que ao longo desta Via Crucis podamos entender mellor o prezo da nosa redención e cheguemos a ser dignos de recibir os froitos da súa paixón, morte e resurrección. El que vive e reina polos séculos dos séculos. Amén.

I. María acompaña a Xesús na Paixón
Velaquí o fiel servo de Abraham que vai en busca da noiva do seu fillo Isaac. El atópaa na fonte e ela ofrécelle unha bebida...
Este é o meu Noivo que quere dar toda a humanidade ao seu Pai eterno. El atopa a María, que está de acordo en que el sufra a paixón e atopa nela á noiva que el trataba de ofrecer ao Pai eterno...
María deulle de beber, porque se conformou á vontade divina que el debía sufrir... Oh, que doce fonte era aquela que restaurou a angustia da paixón que xa comezara no Verbo!
Oremos
Oh María, ti que seguiches ao teu Fillo no camiño da cruz, co corazón desgarrado pola dor, implora para nós a graza do abandono confiado no amor de Deus.
Fai que ante o sufrimento, o rexeitamento, a proba, non dubidemos do seu amor.
A Xesús, o teu Fillo, toda honra e toda gloria polos séculos dos séculos. Amén.

II. Xesús no xardín da agonía
Oh Pai eterno Ti escoitaches a Moisés no deserto; Dixeras do teu Fillo: Este é o meu Fillo amado, en quen teño compracencia. Escoitádeo. Ti ordenas unha cousa e non queres facela. Escoitádeo. Como queres que o teu servo escoite ao fillo dun pai que non quere escoitalo a el? Escoitádeo...
Oh Cristo meu, tamén dixeches que todo o que pidamos no teu nome serásenos dado, e agora pides, e non se che outorga... Oh Cristo meu, Verbo eterno e noivo meu, Como queres que poida ter confianza nas palabras que ti dixeches: Pedide e darásevos; buscade, e atoparedes; chamade, e abrirásevos, se ti chamas aos oídos do teu Pai eterno e non che escoita? Con todo, non se achou engano na súa boca... Pedías algo tan xusto e con todo non se che escoitou.
Oremos
Señor Xesucristo, que na hora da agonía non te mantiveches indiferente ante o destino dos homes, senón que te ofreciches en sacrificio para salvarnos da morte, de modo que a nosa indiferenza non destruíse o froito da túa paixón, sobre nós infunde en abundancia o teu Espírito de Amor. A ti, Xesús crucificado, a sabedoría e a potencia de Deus, todo honra e toda gloria polos séculos dos séculos. Amén.

III. Xesús é traizoado por Xudas
Saúdao co bico da paz. Saúdo de paz, pero non para a paz e o amor, senón para traizoarte, meu Amor.
Ou Amor, chamáchelo amigo, pero se fose amigo teu non te traizoaría. Amor, para ti el era un amigo, pero converteuse en inimigo de si mesmo.
Amor, se te deixas bicar por el, fai que a túa noiva e tamén as outras non queden atrás. Non co fin de traizoartee, Amor, senón para amarte e unirnos a ti.
Oremos
Xesús, que descendiches máis abaixo que todas as nosas iniquidades, ti interposte entre nós e o inferno, entre nós e a nada. Que o teu amor tolo dobregue as nosas revoltas e as nosas traizóns, e que nos dea a todos a esperanza do perdón e a felicidade contigo, Xesús, misericordia de Deus dada ao mundo polos séculos dos séculos. Amén.

IV. Xesús é arrestado
Oh Amor, átantee con cadea de ferro. Oh Amor, cantos amantes te atan, máis ben, cunha cadea de amor. Atan esas mans que fixeron todo por eles e que os creou. Amor, átame a min e a estas outras; fai que te atemos a ti en nós e Ti, Amor, átanos a nós en ti. Eles átante por odio, para atormentarte, para deshonrarte e darche a morte; nós en cambio queremos atarte para encomiarte, honrarte, e para que ti nos deas vida, e ti queres atarnos a nós en ti por amor. Amor, ata e une de novo a ti a aqueles que se rebelaron e se apartáron de ti. Outorga a luz, Amor, aos que non teñen fe, para que che recoñezan como o seu creador. E a cantos te esperan, Amor, fai que cada un deles te ame.
Oremos
Señor Xesús, con plena liberdade aceptaches sufrir para salvarnos, fai que as nosas accións e toda a nosa existencia sexan unha participación libre e xenerosa na túa obra de salvación. A ti, Xesús, Año inmolado pola nosa redención, toda honra e toda gloria polos séculos dos séculos. Amén.

V. Xesús é negado por Pedro
Oh Pedro non lembras as promesas e advertencias? Non unha soa vez, senón tres veces negáchelo. E tamén nós negámolo. Tal vez non negamos o seu poder cando nos desculpamos por non ser capaces de facer o ben, e con pesar desculpamos tamén a nosa fraxilidade? Tal vez non negamos a súa sabedoría cando nos opoñemos á súa obra? Tamén negamos a súa grandeza e riqueza cando nos aferramos demasiado ás cousas transitorias do mundo... E cando o Verbo alza os seus ollos divinos, penetra no íntimo e faiche comprender todo... Pero cantas veces, bondade infinita, permites que os teus servos caian nalgún defecto simplemente para que logo teñan compaixón dos outros!
Oremos
Señor Jesús, ti que tomaches sobre ti mesmo todos os pecados do mundo, fai que nos levantemos das nosas caídas, para transmitir ás xeracións futuras o Evanxeo da túa infinita misericordia. A ti Xesús, que nos sostés nas nosas debilidades, todo honor e toda gloria polos séculos dos séculos. Amén.

VI. Xesús é xulgado por Pilato
Non sei como chamalo, pero hei de dicir: maldito respecto humano, a que conduce ao home! Oh Pilato, que che fixo facer? Por respecto humano condenaches á morte ao inocente. Con todo, isto xa se daba por descontado; falamos dos que hoxe ofenden gravemente a Deus con este vicio desagradable. Cantos, cantos hai que se comportan peor que Pilato, en especial algúns superiores que máis ben deberían ser exemplo para os demais. Meu Amor, fai que o respecto humano sexa eliminado por completo das criaturas para que xa non te ofendan máis. Oh Pilato, a moitos lles parece que ti sexas perdonable, pero a min non me parece, porque o Amor mostrouche máis benevolencia a ti que aos demais, falouche a ti moito máis e deuche ampla oportunidade de coñecelo, pero non o soubeches aproveitar.
Oremos
Oh Cristo, ti aceptaches unha condena inxusta, concédenos a graza de ser fieis á verdade; non deixes que o peso da responsabilidade polo sufrimento de tantos inocentes caia sobre nós e sobre os nosos fillos.
A ti Xesús, Xuíz xusto, todo honra e toda gloria polos séculos dos séculos. Amén.

VII. Xesús é ridiculizado por Herodes
Herodes, ti alégraste a pesar de ti mesmo... Querías velo para mofarte del, creo eu... O mesmo ocorre cos que se gozan no ben, pero logo coas obras condénano...
Oh Herodes, pola túa curiosidade non mereciches recibir ningunha resposta...
Oh Amor, póñenche ese manto branco, e fano para burlarse de ti e para avergoñarte. Pero nisto enganáronse a si mesmos, porque non comprenderon o que estaban a facer; a pesar deles mesmos, mostraron a túa inocencia, a túa pureza, e tamén que eras virxe e tomaras carne do sangue puro da Virxe María. Fai, Amor, que nós tamén sexamos como ti: revestidos neste manto de inocencia e pureza.
Oremos
Señor Xesucristo, que coa túa humillación revelaches ao mundo o prezo da redención, outorga aos homes a luz da fe, para que recoñezan en ti o Servo sufrinte de Deus e do home, e para que teñamos o valor de seguir o mesmo camiño que, a través da cruz e da nudez, conduce á vida eterna.
A ti, Xesús, toda honra e toda gloria polos séculos dos séculos. Amén.

VIII. Xesús é flaxelado
Amor, agora non podo dicir como o profeta: non che poderá golpear a desgraza, ningunha calamidade caerá sobre á túa tenda.
Amor por que che golpean tanto? Que fixeches? Que che falta a ti, Amor? A sabedoría, a bondade, a misericordia, fáltache piedade? tal vez che falta amor?
Oremos
Cristo flaxelado, Amor humillado, enche os nosos corazóns co teu amor, fai que recoñezamos nas túas feridas os signos da nosa redención e que, atraídos polas túas feridas, vivamos e morramos contigo, ti que reinas co Pai e o Espírito Santo agora e polos séculos dos séculos. Amén.
IX. Xesús é coroado de espiñas
Amor, quixeches ser coroado de espiñas para coroar ás túas noivas de gloria no paraíso. Amor quen merece máis esta coroa tan penetrante, Amor, oh amante! Amor, eu, eu merézoa: dáma a min, dáma, Amor.

Oremos
Oh Deus, ti quixeches que a cabeza do teu fillo fose coroada con espiñas para arrebatarnos do poder de Satanás; dános a forza para vivir na liberdade real que Jesús nos deu no noso bautismo. Para el, Rey do universo, toda honra e toda gloria polos séculos dos séculos . Amén .
X. Aquí está o home
Aquí está o home. Velaquí Deus home. Mostrándoo aos xudeus, Pilato díxolles : Velaquí o home, e este dille ao Pai con tanto amor, mostrándolle á criatura: Velaquí o home pecador. Velaquí o home salvado. Velaquí o home redimido. Oh Amor, fai que a criatura, redimida a un prezo tan grande, non se perda a si mesma.
Oremos
Oh Deus, ti o inimaxinable, reveláchesche aos apóstolos no rostro dun home transfigurado, e á multitude na cara dun home desfigurado. Dános a mirada do amor, para recoñecer en cada home a túa imaxe, para a gloria de Xesús, o teu Fillo, que vive e reina polos séculos dos séculos. Amén .

XI. A multitude prefire a Barrabás e non a Xesús
Queres deixar contrapoñerche a Barrabás, e con todo, ti es o que trae a morte e dá vida. Permites que prefiran a un que está cheo de malicia e ignorancia. E con todo, ti es Deus de deuses e Señor de señores.
Teñen razón en non querer a Barrabás, porque o seu sangue non beneficiaría en nada a eles.
Mesmo no ceo, antes de que ti viñeses sufrir a paixón por nós, fuches confrontado con Barrabás; entre a túa xustiza e o pecado, fuches proposto ti, oh Verbo. Non é quizais o pecado moi diferente de ti, inocentísimo Verbo, como o era o mesmo Barrabás?
Oremos
Deus, que enviaches ao teu Fillo para salvarnos, concédenos o non preferir nada senón a Cristo; que servíndoo cun só corazón, nos permíta chegar á vida eterna que nos gañou coa súa paixón e a súa morte. Para el, todo honor e toda gloria polos séculos dos séculos. Amén.

XII. A multitude pide a morte de Xesús
Que facedes, ingratos? Dixestes: Bendito o que vén en nome do Señor, e agora dicides: Crucifícalo, crucifícalo!
Demostras que é certo o que dixo a Verdade coa súa boca, que o encomiabas coa boca pero co corazón estabas lonxe del.
Oremos
Oh Cristo, que aceptaches a cruz polas mans dos homes, famentos do sinal do amor salvador de Deus, concédenos a graza da fe no teu amor infinito, para que cheguemos a ser auténticas testemuñas da redención. A ti, Xesús, vítima e sacerdote, todo honro e toda gloria polos séculos dos séculos. Amén.

XIII. Xesús é crucificado entre dous ladróns
Xustamente, Amor, fuches posto no medio dos ladróns: tamén ti, Amor, fuches un ladrón porque lle roubaches ao demo a presa das nosas almas. Agora pódese dicir en verdade, Amor, que deixaches as noventa e nove ovellas, que viñeches buscar a centésima e colocáchela sobre os ombreiros, deixando ás que sempre te eloxiaban para vir rescatar a esta da boca do lobo. Non me sorprende que se faga tanta festa por un pecador, porque o meu Amor descendeu do ceo, e padeceu moito e padecería de novo, mesmo por unha soa alma.
Oremos
Señor, o meu corazón divídese entre o ladrón que maldí e o que ten confianza en ti. Unifícao, Xesús, na confianza. Fai que no momento das miñas rebelións, e das miñas dúbidas, e sobre todo, no momento da miña morte, clame a ti: "Acórdate de min cando veñas ao teu Reino", e que escoite a túa voz dicindo: "Hoxe estarás comigo no paraíso". A ti, Xesús Salvador do mundo, toda gloria e toda honra polos séculos dos séculos. Amén.

XIV. Xesús é baixado da cruz
Amor, adhíreme a ti. Nunca te deixarei. Amor: Se non me adhires a ti, adhírete a min. Ven, Amor: Quero adherirte a min cos tres cravos da fe, a
esperanza e a caridade.
E cando chegue o momento cando te baixen da cruz, Amor, elixe o meu corazón para o teu enterro, e tamén os destas as miñas irmás.
Oremos
Señor Xesucristo, fai que o signo do sepulcro baleiro nos fsle, a nós e ás xeracións futuras; que se converta nunha fonte de fe viva, de xenerosa caridade e de esperanza firme. A ti Xesús, presenza escondida pero vitoriosa na historia do mundo, todo honra e toda gloria polos séculos dos séculos. Amén.

Bendición sobre o pobo.
Descenda, oh Pai, a túa bendición sobre este pobo, que meditou a paixón e morte do teu Fillo, coa esperanza de resucitar con el; que chegue ao perdón e ao consolo, que aumente a fe, que se reforce a nosa certeza da redención eterna.

Por Xesucristo o noso Señor. Amén.

Un astrofísico de Harvard razoa como San Roberto Belarmino para defender a harmonía entre razón e fe

A miúdo preséntase ao cristianismo e a ciencia como fontes opostas de verdade: se cres nunha, debes rexeitar a outra. Pero a realidade é que moitos cristiáns atopan que a ciencia lles axuda a buscar e comprender a verdade, e cren que a razón, o pensamento e a investigación crítica son dons de Deus".

Quen expresa esta opinión é o rabino Geoffrey A. Mitelman, un dos principais blogueros do Huffington Post na área de relixión. Para corroborar esta afirmación, cita o testemuño do astrofísico estadounidense John ZuHone, actualmente profesor no Centro de Astrofísica Smithsonian de Harvard e cun brillante currículo académico previo como investigador no Instituto Kavli de Astrofísica do MIT (Massachusetts Institute of Technology) e no Centro de Voo Espacial Goddard da NASA.

ZuHone fixo unha acheSinai and Synapses, un proxecto do propio Mitelman para favorecer a harmonía entre a relixión e a ciencia no ámbito xudeu.

«Ola. O meu nome é John ZuHone. Son un astrofísico na NASA´s Goddard Space Flight Center e tamén un seguidor de Xesucristo. Durante case toda a miña vida fascinoume a ciencia e crin en Deus.» Isto non sempre foi fácil. Pero deime conta de que a fe cristiá ten en gran consideración a razón, a investigación e a ciencia. San Paulo di: "Examinade cada cousa e mantede o que ten valor" (1 Tes 5, 21). Na súa pequena catequese, Martin Lutero di: "Creo que Deus creoume a min e a todas as criaturas, e deume a razón e os sentidos, aos que preserva". E o Salmista di: "Os ceos proclaman a gloria de Deus, pregoa o firmamento a actividade das súas mans. Un día pásalle a mensaxe a outro día, unha noite infórmalle a outra noite. Sen que falen, sen que pronuncien, sen que se oia a súa voz" (Salmo 19).
Agora ben, todo isto como cristián dime que Deus fálame tanto a través da súa palabra nas Escrituras como a través da natureza, e que podo descubrir a verdade estudando ambas. Aínda que a miña natureza finita e a miña tendencia ao egocentrismo -algo que a Biblia chama "pecado"- implican que a miña comprensión será sempre imperfecta. Se atopo unha contradición entre ambas significa que podo haber malinterpretado a Escritura, ou o que a natureza quere dicirme, ou ambas.
Por exemplo, se as probas demostran claramente que o universo se creou fai millóns de anos, como creo, significa que tal vez debo interpretar doutras maneiras o primeiro capítulo do Xénese. Con todo, en absoluto podería dicir que dubido de que Deus é o Creador. Penso que son dúas cousas distintas.
Deus di mediante o profeta Isaías: "Vide aquí e discutamos xuntos" (Isaías 1, 18). Creo e espero que respondendo a esta chamada de Deus, este Deus que na persoa de Xesucristo morreu e resucitou polos meus pecados, darame a comprensión que necesito para ser non só un mellor científico, senón tamén un mellor seguidor Seu.»

ZuHone, como San Roberto Belarmino
Comentando estas palabras, a Unión de Cristiáns Católicos Racionais (UCCR, unha páxina web que busca tamén a conciliación entre fe e ciencia desde o ámbito católico) destaca que o razoamento de ZuHone "pode axudar a moitas persoas para reflexionar sobre os seus enfoques, a miúdo tan desconfiados cara ao mundo científico. O profesor ZuHone é protestante e seguramente ten máis experiencia directa con ambientes e grupos que senten temor e prexuízos cara á investigación científica".

Efectivamente, isto é menos frecuente no ámbito católico, e como sinala o redactor da UCCR, "as súas palabras traen á mente as reflexións de San Roberto Belarmino (1542-1621), o famoso cardeal que foi un dos responsables do primeiro proceso a Galileo Galilei, cuxo pensamento era, paradoxalmente, 'máis científico' que o do propio investigador pisano, do que ademais era amigo persoal.

De feito, isto é o que escribiu o pai Paolo Antonio Foscarini (carmelita e científico seguido de Copérnico) o 12 de abril de 1615: 'Digo que aínda que se demostrase que o Sol está non centro do mundo e a Terra no terceiro ceo, e que o Sol non rodea a Terra, senón que a Terra rodea o Sol, entón sería necesario explicar con moita atención as Escrituras que din o contrario e dicir máis ben que non as entendemos en lugar de dicir que é falso o que se demostra. Pero eu non crerei niso ata que non me sexa demostrado. É dicir, sen demostración a ciencia non pode afirmarse como verdade e, en caso de demostración, entón hai que crer o que di e mellorar, neste caso, a nosa interpretación das Escrituras, que non son e non queren ser un libro científico'.

jueves, 24 de marzo de 2016

Homilía do Papa Francisco no Domingo de Ramos 2016


«Bendito o que vén en nome do Señor!» (Cf. Lc 19,38), gritaba o xentío de Xerusalén acollendo a Xesús. Fixemos noso aquel entusiasmo, axitando as palmas e os ramos de oliveira expresamos o encomio e o gozo, o desexo de recibir a Xesús que vén a nós. Do mesmo xeito que entrou en Xerusalén, desexa tamén entrar nas nosas cidades e nas nosas vidas. Así como o fixo no Evanxeo, cabalgando sobre un simple burriño, vén a nós humildemente, pero vén «no nome do Señor»: co poder do seu amor divino perdoa os nosos pecados e reconcílianos co Pai e connosco mesmos. Xesús está contento da manifestación popular de afecto da xente, e ante a protesta dos fariseos para que faga calar a quen o aclama, responde: «se estes calan, gritarán as pedras» (Lc 19,40). Nada puido deter o entusiasmo pola entrada de Xesús; que nada nos impida atopar nel a fonte da nosa alegría, da alegría auténtica, que permanece e dá paz; porque só Xesús nos salva dos lazos do pecado, da morte, do medo e da tristeza.

Con todo, a Liturxia de hoxe ensínanos que o Señor non nos salvou cunha entrada triunfal ou mediante milagres poderosos. O apóstolo Paulo, na segunda lectura, sintetiza con dous verbos o percorrido da redención: «desposuíuse e humillouse» a si mesmo (Fil 2,7.8). Estes dous verbos dinnos ata que extremo chegou o amor de Deus por nós. Xesús desposuíuse de si mesmo: renunciou á gloria de Fillo de Deus e converteuse en Fillo do home, para ser en todo solidario connosco, pecadores, el que non coñece o pecado. Pero non soamente isto: viviu entre nós nunha «condición de escravo» (v. 7): non de rei, nin de príncipe, senón de escravo. Humillouse e o abismo da súa humillación, que a Semana Santa nos mostra, parece non ter fondo.

O primeiro xesto deste amor «ata o extremo» (Xn 13,1) é o lavatorio dos pés. «O Mestre e o Señor» (Xn 13,14) se abaixa ata os pés dos discípulos, como soamente facían o servos. Ensinounos co exemplo que nós temos necesidade de ser alcanzados polo seu amor, que se envorca sobre nós; non pode ser doutra maneira, non podemos amar sen deixarnos amar antes por el, sen experimentar a súa sorprendente tenrura e sen aceptar que o amor verdadeiro consiste no servizo concreto.

Pero isto é soamente o inicio. A humillación que sofre Xesús chega ao extremo na Paixón: é vendido por trinta moedas e traizoado por un bico dun discípulo que el elixira e chamara amigo. Case todos os outros foxen e abandónano; Pedro négao tres veces no patio do templo. Humillado no espírito con burlas, insultos e salivazos; sofre no corpo violencias atroces, os golpes, os lategazos e a coroa de espiñas desfiguran o seu aspecto facéndoo irrecoñecible. Sofre tamén a infamia e a condena inicua das autoridades, relixiosas e políticas: é feito pecado e recoñecido inxusto. Pilato envíao posteriormente a Herodes, e leste devólveo ao gobernador romano; mentres lle é negada toda xustiza, Xesús experimenta na súa propia pel tamén a indiferenza, pois ninguén quere asumirse a responsabilidade do seu destino. E penso en tanta xente, en tantos migrantes, en tantos prófugos, en tantos refuxiados, a aqueles dos cales moitos non queren asumirse a responsabilidade do seu destino. O xentío que apenas uns días antes o aclamaba, transforma
os encomios nun berro de acusación, preferindo mesmo que en lugar del sexa liberado un homicida. Chega deste xeito á morte en cruz, dolorosa e infamante, reservada aos traidores, aos escravos e aos peores criminais. A soidade, a difamación e a dor non son aínda o culmen do seu anonadamiento. Para ser en todo solidario connosco, experimenta tamén na cruz o misterioso abandono do Pai. Con todo, no abandono, ora e confía: «Pai, ás túas mans encomendo o meu espírito» (Lc 23,46).

Suspendido no patíbulo, ademais do escarnio, afronta tamén a última tentación: a provocación a baixar da cruz, a vencer o mal coa forza, e a mostrar o rostro dun Deus potente e invencible. Xesús en cambio, precisamente aquí, no culmen do anonadamiento, revela o rostro auténtico de Deus, que é misericordia. Perdoa aos seus verdugos, abre as portas do paraíso ao ladrón arrepentido e toca o corazón do centurión. Se o misterio do mal é abismal, infinita é a realidade do Amor que o atravesou, chegando até o sepulcro e os infernos, asumindo toda a nosa dor para redimirlo, levando luz onde hai tebras, vida onde hai morte, amor onde hai odio.


Púidennos parecer moi afastado a nós o modo de actuar de Deus, que se humillou por nós, mentres a nós parécenos difícil esquecernos un pouco de nós mesmos. El renunciou a si mesmo por nós; Canto nos custa a nós renunciar a algunha cousa por el e polos outros! Pero se queremos seguir ao Mestre, máis que alegrarnos porque o vén salvarnos, estamos chamados a elixir o seu camiño: o camiño do servizo, da doazón, do esquecemento dun mesmo. Podemos aprender este camiño deténdonos nestes días a mirar o Crucifixo, é a "cátedra de Deus". Convídoos nesta semana a mirar frecuentemente esta "cátedra de Deus", para aprender o amor humilde, que salva e dá a vida, para renunciar ao egoísmo, á procura do poder e da fama. Estamos atraídos polos miles vas ilusións do aparentar, esquecéndonos de que «o home vale máis polo que é que polo que ten» (Gaudium et spes, 35); coa súa humillación, Xesús convídanos a purificar nosa vida. Volvamos a el a mirada, pidamos a graza de entender polo menos algo da súa anonadación por nós; e así, en silencio, contemplemos o misterio desta semana. Recoñezámolo como Señor desta semana.

sábado, 6 de febrero de 2016

Reflexión

*      Entre tanta información, tanto micrófono e cámara dispostos a recoller canto pasa no mundo, non é nada doado hoxe en día descubrir e distinguir o que é certo do que non o é; o que é importante daquilo que é secundario; o que verdadeiramente paga a pena prestarlle atención do que non debemos perder ningún tempo porque nos enreda e nos fai perder a perspectiva do fundamental na vida de cada un de nós. Por iso temos que deixar de ser crédulos e non pensar que o primeiro que escoitamos é o bo, o certo ou o importante.
*      Noutro tempo, cando a información era pouca e había que buscala de xeito pausado e intentando coñecer a verdade, todos nos esforzabamos en poñer a traballar a nosa capacidade de reflexión para non confundir nin confundirnos. Hoxe isto xa nos vai resultando máis difícil, de aí a necesidade de formarnos para non deixarnos levar da primeira opinión que escoitamos; de poñer as primeiras impresións antes que o discernimento; de non caer no “boísimo” de que calquera cousa vale porque o vin en internet, o escoitei na televisión ou o dixo este ou aquel famoso. Necesitamos contrastar as cousas, facer varias lecturas antes de emitir unha opinión, aprender a distinguir a verdade da suxetividade de quen só busca vendernos algo que lle acabe dando rendibilidade en forma de cartos, prestixio, poder ou votos.
         Porén, para Xesús o importante non estaba no externo, no que fai barullo, senón no interior. El invítanos a ser agradecidos, a aprender a perdoar e a pedir perdón, a transmitir e compartir canto temos experimentado como bo en nós. Nunha palabra: a facer da nosa vida unha experiencia de misericordia humanizadora.
*      Se poñemos atención á lectura da palabra de Deus, tanto nas celebracións como cando buscamos un momento na casa para lela e coñecela mellor, iremos descubrindo que un dos eixos nos que insiste constantemente é o do
perdón e cambio de corazón. Porque Deus é perdón, porque ama e acolle, non garda rancor nin busca culparnos nin humillarnos, acentuando a culpabilidade polo que teñamos feito mal. E é neste perdón no que se mostra, no que se vai poñendo de manifesto un camiño que nos invita a percorrer, para que tamén nós fagamos da nosa vida experiencia non de rancor, odio e resentimento, senón de perdón ofrecido e compartido. É verdade que temos que asumir as consecuencias do que teñamos feito mal, pero iso non supón caer no vitimismo de que xa estamos marcados para sempre co estigma da maldade e da incapacidade de cambiar e comezar de novo. É esta unha das características da fe que compartimos que máis lles custa entender e poñer en práctica aos que desde o seu dogmatismo consideran que non se pode esquecer que o perdón é imposible e que a conversión e o cambio nas persoas non é real. Por iso debemos nós, coa nosa vida e xeito de facer as cousas, demostrarlles -tamén demostrarnos a nós mesmos-, que non só é posible, senón que é o único camiño que nos pode facer felices e levarnos a sentírmonos verdadeiramente humanos.
*      El é quen nos manda, o que nos encomenda esta misión. Por iso agradecemos esta confianza ("douche grazas, Señor, de todo corazón") e bendicimos o seu nome a través da posta en práctica das actitudes que van manifestando que o amor, o perdón e a misericordia que Deus manifesta con nós, tamén as podemos manifestar cos demais. Que é posible facelo, que non é unha proposta para poñer nunha vitrina e contemplala. Esta gratitude cara a Deus temos que saber transmitirlla a aqueles cos que compartimos a realidade da nosa vida. Aos que temos máis preto, aos que vemos e cos que tratamos cada día; pero tamén aos que están lonxe, e que aínda sen coñecelos nos van lembrando que Deus non establece fronteiras. En Xesús a universalidade -El foi o primeiro gran globalizador da humanización- faise fraternidade e igualdade entre todos, e por iso non habemos ter medo a colaborar, participar e promover toda causa que busque transmitir que, sendo Deus amor e igualdade, ninguén ha ser tratado con diferenza por ser doutro sitio, ter outra cor de pel ou ter crecido noutra cultura. Aquí reside o propio da fe cristiá, o que podemos ofrecer como distinto das mensaxes planas e repetitivas que escoitamos cada día que falan de diferenza, exclusión e rexeitamento cara a quen vén buscando vida digna e trato humano e respectuoso... como se no canto deles, foramos nós, como noutro tempo fomos, os que buscaramos iso mesmo. Transmitir a experiencia de Xesús non é logo contar historias do pasado, senón converter os eixos do Evanxeo en actitudes e comportamentos que non discriminen nin penalicen, senón que escoiten, acollan e convertan a salvación nunha experiencia de amor e misericordia. Aquí e así, como noutro tempo o fixo Paulo, é onde temos que mostrar e confesar a fe: transmitir o recibido.
*      Como El tamén foi transmitindo co seu xeito de facer as cousas o que quería que recibiran aqueles que andaban ao seu carón. Ensinaba con confianza -"xa que ti o dis"- removía a quen o vía e escoitaba, non resultaba indiferente o que percibían nel -"quedaron parvos"- o que facía que responderan seguíndoo, para aprender del e transmitir canto foran descubrindo no seu actuar. Por iso tamén nós podemos preguntarnos se na relación con Xesús imos crecendo en confianza; se facemos do noso tempo palabra que alenta, sorriso que anime e trato xusto e igualitario cos que imos topando no acontecer de cada día. Os apóstolos, porque viron que aquí estaba a forza e o sentido da súa vida, dinos o evanxeo que o seguiron. Nós tamén o estamos a seguir?

domingo, 31 de enero de 2016

Reflexión da palabra

*      O Señor desde sempre nos buscou e nos esperou. Para El somos presenza constante e permanente. E namentres a nosa relación duns cos outros está moi marcada polo interese e o esquecemento, a relación de Deus con nós é sempre unha relación de presenza, acompañamento de raíz e identidade. Como di o profeta Xeremías na primeira lectura, antes de saír do seo das nosas nais El xa nos miraba con tenrura e misericordia. A súa pegada púxoa en nós desde o comezo: no amor dos nosos pais e nais que deu lugar á nosa vida. Estaba presente alí e ségueo a estar tamén hoxe. E así o cremos e confesamos cando rezamos xuntos e cando levamos o que temos vivido nas celebracións á vida de cada día. E esa é a nosa tarefa, non outra, por moito que nos queiran desviar do fundamental da fe para convertela en costume, rito ou imposicións. A súa invitación é unha constate chamada a non ter medo, a non esmorecer, a non deixarnos render polas dificultades e problemas que nos poidan ir aparecendo.
*      Só desde esta identidade xenética –desde o comezo– poderemos entender canto Paulo recolle na súa carta aos Corintios ao afirmar que o amor é cerne da vida do cristián. Sen amor non seriamos máis que robots que cumpren normas; pero que son incapaces de descubrir o outro como igual e irmán, como rostro de presenza de Deus. E isto, aínda que o teñamos escoitado moitas veces e de xeitos diferentes, nunca pasa de moda, porque aquí reside o que define e diferenza a un seguidor de Xesús de quen non o é. Non somos cristiáns por ter sido bautizados; tampouco por repetir xestos que facían os nosos maiores, senón por esforzarnos en vivir o amor, por facer del verdade na nosa vida. Non é logo nin unha palabra que pase de moda nin tampouco unha actividade físico ximnástica, senón actitude permanente que identifica e mostra que Xesús segue presente no noso mundo a pesares da tecnoloxía ou a indiferenza. O amor, imaxe que mellor define a Deus, non pasa. Porque, coma El, tamén é para sempre.

*      Sendo o actuar de Xesús coherente co seu dicir, non é de estrañar que os veciños dubidaran del. A eles (só a eles?) non lles cabía na cabeza que aquel fillo do carpinteiro e daquela moza que o tivera antes de casar con Xosé, puidese presentarse coma Fillo de Deus; o que daba cumprimento na súa persoa ás palabras que desde había tantos séculos viñan lendo e rezando xuntos na sinagoga. Non podían dar creto a que un dos deles e coma eles puidese presentarse invitando a cambiar os comportamentos, anunciándolles que a salvación pasa pola acollida e o respecto duns para cos outro; que lles fixese saír as cores pola súa falta de sinceridade e coherencia á hora de actuar, pois críanse os mellores por cumprir ritos e normas; pero non eran capaces de poñer o corazón no que facían. Isto pasáballe a Xesús cos veciños; pero... non nos pasa tamén a nós que somos desconfiados e valoramos pouco, cando non nada, os logros dun veciño ou de alguén que está disposto a poñer tempo do seu a favor do tempo de todos? Preguntémonos logo, non o que outros fan por nós, senón o que nós somos capaces de facer polos outros. Porque na resposta que deamos verémonos reflectidos como seguidores -ou non- de Xesús.

domingo, 17 de enero de 2016

LECTIO, II Domingo do T.O.

            Rematado o tempo de Nadal, os textos que nos propón a liturxia para este novo tempo que comezamos agora, o chamado tempo “ordinario”, son moi diversos. En calquera caso, son todos importantes para o fortalecemento e a animación da nosa fe. En realidade, o tempo “ordinario” empezou xa no anterior domingo, no que fixemos lembranza comunitaria do Bautismo do Señor. O que nesta celebración comentabamos pode servirnos aínda para algúns dos comentarios de agora.
            Porque hoxe, ademais dos temas que nos suxiren os textos litúrxicos, teriamos que ter presente tamén algúns que nos veñen dados desde outras instancias non directamente relacionadas co que acabamos de ler e escoitar nas Lecturas ou no Evanxeo. Refírome a que desde mañá ata o próximo domingo celebramos a Semana da Unidade dos Cristiáns. Ó tempo, celébrase neste mesmo domingo de hoxe a Xornada Mundial das Migracións, dos migrantes e refuxiados. Temas os dous dos que se podería falar longo e tendido, sobre todo en relación co segundo do que temos lido, visto e oído tanto nos últimos tempos.
            Pois ben, como no podemos falar de todo, toquemos algún que outro punto, ben alicerzados na mensaxe fundamental do último domingo, a festividade do Bautismo do Señor. Neste anterior domingo lembrabamos a importancia que ten para a nosa fe o feito de termos sido, todos nós, bautizados “no Espírito Santo”. Pois ese é o bautismo que desde Xesús recibimos os cristiáns. Diciamos que o Espírito de Deus, o Espírito Santo, e un e diverso. Un como hai un só Deus, pero diverso como tamén Deus é un e trino, diferente polo tanto na súa unidade. Por iso o Espírito de Deus unifica, pero tamén sabe e entende de diferenzas, pois Deus é tamén un e diferente.
            Faremos moi ben en pedir e rezar, nesta semana de oración, pola unidade dos cristiáns. Pois ben sabemos que hai outras confesións dentro do cristianismo que non se identifican oficialmente coa nosa, a que chamamos “católica”. A unidade é sen dúbida un gran ben. Pero non estaría mal tampouco que ó tempo pidamos ó Señor que tódalas confesións, tamén a nosa, se convertan en verdadeiramente cristiás. Pedirlle polo tanto que nos converta en verdadeiros seguidores seus. Discípulos auténticos daquel que nos bautizou “no Espírito Santo”. E xa sabemos que no Espírito Santo estamos todos chamados a sermos e a sabérmonos uns e diferentes. Por iso, a diferenza, mentres non se renuncie ós principios básicos da mensaxe de Cristo, debería sentirse sempre cómoda no seo da nosa Igrexa.
            Se este respecto á diferenza se tivese practicado máis e mellor en tempos históricos pasados, posibelmente non teriamos necesidade hoxe de estarmos a pedir durante unha semana enteira pola “unidade dos cristiáns”. Unha unidade que historicamente se rompeu en determinadas e concretas datas do pasado.
            E conste que isto valería tamén á súa maneira, penso eu, para os asuntos políticos que están a ocorrer hoxe en día entre nós. Toda unidade tería que ser sempre suficientemente flexíbel e aberta para que no seo dela puidesen vivir comodamente e sen discriminacións as diferenzas culturais, lingüísticas ou de calquera outro tipo.
            Polo menos na carta ós Corintios que acabamos de escoitar fálanos Paulo do Espírito, no que -como dicía- fomos todos bautizados, como dun Espírito que, sendo el sempre o mesmo, actúa porén de moi diversos modos e maneiras. Un Espírito, dinos Paulo, que ten “diversidade de dons”, “diversidade de servizos”, “diversidade de realizacións”... E se o Espírito actúa de tan diversas maneiras, ¿quen somos nós para forzar as cousas, as realidades, as culturas, as linguas, etc. coa pretensión de converter estas diferenzas en algo absolutamente unitario e monolítico?
            Todo isto pode ter que ver tamén co tema da semana de oración pola “unidade dos cristiáns”. Pero pode telo tamén co outro tema que recordamos hoxe, o da “Xornada das Migracións”. As migracións, os inmigrantes ou emigrantes dun país a outro, dunha cultura ou lingua a outras diferentes son feitos que están aí diante de nós e que podemos ollar tódolos días en maior ou menor medida. A situación social e política de Galicia converteu a nosa terra durante séculos nun país de emigrantes. E nos tempos de hoxe bastantes persoas entre nós volven converterse en emigrantes.
            Si. Como cristiáns, temos que estar atentos a todas estas situacións. Ós que se van e ós que veñen. Temos que acompañalos coa clara conciencia de qu
e son irmáns nosos, en virtude da nosa común irmandade con Xesús, Fillo de Deus. Todos eles teñen unha dignidade da que non os podemos desposuír baixo ningún pretexto. Porque se trata dunha dignidade que lles vén de Deus, non de nós. Temos que loitar por que a súa dignidade e os seus dereitos sexan respectados por todos.
            Todos eles están chamados, igual ca nós, a seren partícipes da dignidade de fillos de Deus. E debemos en principio supoñer ademais que están xa dalgunha maneira participando desa dignidade. Por aquilo que xa comentamos no anterior domingo sobre a grande sorpresa de Pedro ó ter el aprendido e experimentado que, segundo se nos conta nos Feitos dos Apóstolos, “Deus non fai distinción de persoas, senón que acepta a quen lle é fiel e practica a xustiza, sexa da nación que sexa”.

            E a todo isto doume de conta de que non comentei aínda nada sobre o texto do Evanxeo. Só unhas palabras, pois, para rematar. Xesús, ó revés do Bautista, mestúrase coa xente, vive e está con ela. E qué curioso! O seu primeiro milagre, aínda que nolo conte só Xoán, é o do viño nunha voda. Un milagre moi simbólico (como ocorre con frecuencia en Xoán). A Xesús gústalle celebrar a irmandade, a amizade, o amor, a felicidade. E ademais en grupo, en comunidade, en pobo, en reino. Se ese foi o seu primeiro milagre, ese será tamén o seu derradeiro milagre con toda a humanidade, coa creación enteira. Nese reino vindeiro prometido, que será a definitiva e infinita festa da irmandade entre tódolos homes e mulleres do tódolos tempos e nacións. A nosa sorpresa será alí seguramente aínda meirande cá de Pedro, abraiado como estaba de que Deus aceptase onda si a cantos practican a xustiza sexan da nación que sexan.

viernes, 1 de enero de 2016

SANTA MARÍA, NAI DE DEUS


            Cansados como estabamos ata as doce da noite pasada co ano vello e cheo de días que levabamos ó lombo, agora seguramente andaremos máis lixeiros co pequerrexo ano que levamos no colo e que se chama 2016.
            Si. Todos temos, dunha forma ou doutra, esa experiencia do tempo que pasa e que vai pasando con nós. Se non houbese anos que contar, noite vella e aninovo, abrentes e solpores, noites e días, resultaríanos menos doado dármonos conta do paso do tempo.
            Moitos filósofos, pensadores, físicos teóricos, etc. intentaron e intentan saber en que consiste realmente o tempo. O malo é que nós estamos tan identificados con el que nos resulta difícil velo, coma quen di, fóra ou diante de nós, a una certa distancia, para podérmolo contemplar así en si mesmo se é que tal cousa for posíbel.
            Dicimos que Deus vive na súa propia eternidade e que nós vivimos no tempo. O caso é que este Deus que chamamos intemporal se meteu, no seu Fillo Xesús do Nadal, no tempo. De maneira que, irmáns como somos de Xesús e participantes así da súa divindade (como nos di a propia liturxia), temos todos algo de temporais e algo de eternos. Somos persoas humanas e, coma tales, limitadas, mais tamén entendemos dalgunha maneira iso de sermos eternos e, ademais, querémolo ser. A quen non lle gustaría vivir cen, mil, un millón de anos, vivindo ademais, como se adoita dicir, cunha boa “calidade de vida”, sen que parecese –por así dicilo- que o tempo pasa por un?
            Con isto o que quero dicir é que, ó rematar un ano e dar comezo o novo, deberiamos darlle grazas a Deus por permitirnos asomarnos ó balcón soleado deste Aninovo, podendo así un ano máis ollar con esperanza cara ó futuro. Grazas e, tamén, pedirlle perdón porque hai moita contaminación no mundo para podermos chegar limpos de po e palla ata o final do ano. Se o xusto peca sete veces, cantas máis veces non teremos pecado nós, que tampouco podemos fachendear de xustos, pois isto mesmo sería xa un pecado máis a engadir ós que xa temos....
            Á altura deste comezo do Aninovo, é sempre bo tamén botarlle unha ollada ás tarefas, proxectos ou angueiras que se nos presentan ou poden presentar nel. Para vermos se están ou non en liña con aquilo que somos ou queremos ser. É moi posíbel que a todos nos conveña medrar aínda máis no senso da nosa común fraternidade, derivada de sermos e sentírmonos fillos dun mesmo Pai, do noso común Pai Deus. Polo menos cara a isto parece apuntar a Segunda Lectura de hoxe, tomada da carta do apóstolo Paulo ós Gálatas. Dinos nela Paulo que Deus Pai nos mandou o seu Fillo, nado dunha muller, para deste xeito podérmonos converter en fillos “adoptivos” de Deus;  e que por iso todos podemos invocar a Deus chamándoo “¡meu Pai!”; e que de aquí provén tamén o feito de que sexamos de verdade “herdeiros” das grandezas e riquezas de Deus Pai. “Por seres fillo –dinos a cada un de nós Paulo- es tamén, grazas a Deus, herdeiro”.
            A carta ós Gálatas de Paulo é unha grandiosa e persistente loa da “liberdade”. É bo lembralo a comezos de ano. Por moito que algúns pensen que os cristiáns estamos sometidos a un Deus ameazador, a verdade é que temos dereito e razóns para considerármonos ben libres. Libres no noso comportamento e na nosa relación con Deus e con todos. Dínolo Paulo de maneira clara nesta súa carta de hoxe: “Ti xa non es escravo, senón fillo”.
            Por iso este día primeiro de ano é tamén o “Día Mundial da Paz”. E está claro que non pode haber “paz” onde hai asoballamento ou escravitude. Un cristián no debería endexamais aturar ser “escravo” de ningún Deus nin de ningunha persoa humana, sexa esta quen sexa. Deus fíxonos en Xesús libres e quérenos así.
            Naturalmente, esta liberdade non é unha liberdade calquera. A liberdade cristiá é, de maneira paradoxal, a liberdade de quen libremente se fai “escravo” dos demais en servizo e amor a eles. Este tipo de “escravitude” si que é boa. Exerceuna o noso irmán maior, Xesús, durante toda a súa vida e de maneira simbólica lavándolles os pés ós seus discípulos na derradeira cea. É a liberdade dunha Teresa de Calcuta, que se fixo voluntariamente escrava de asoballados e desprezados, e a de tantas outras persoas (cristiáns ou non) que intentaron e intentan crear liberdade por onde queira que van facéndose libremente escravos dos demais.
            No mundo pertencemos todos a unha mesma familia en canto fillos dun mesmo Pai Deus. Se o noso irmán maior Xesús non quixo nacer nunha casa normal, senón nunha corte, e morrer nunha cruz en vez de nun leito de rosas sería seguramente para que ningún desgraciado deste mundo despois del puidese dicir que Xesús non é seu irmán.
            Deus quixo facerse en Xesús fillo dunha nai humana. Por iso celebramos hoxe tamén a festividade de Santa María, “Nai de Deus”. Parece imposíbel que se poida falar con verdade e case sen contradición dunha “Nai de Deus”. Pero é que para Deus, unha vez máis, “non hai imposibles”. Parécenos imposíbel que Deus se faga un ser humano coma nós en Xesús, e, a pesar de todo, ese é xustamente o “misterio” central da fe que profesamos.

            Renovando coa graza de Deus a nosa fe nel, comecemos este Aninovo coa alegría do Espírito de Deus e a beizón do Pai e do Fillo. E, deste xeito, que a Santísima Trindade de Deus presida tódolos días deste novo ano 2016, que desde hai só doce horas nos acompaña. E moitas felicidades tamén ós que celebrades hoxe o voso onomástico: ós que se chaman Xesús ou Xesusa, Manuela ou Manuel, Salvador, María, etc. etc.! Que Deus nos bendiga a todos!