Cinco meses e medio despois da súa elección como sucesor do
apóstolo Pedro, o Papa Francisco elixiu a quen será a súa man dereita no
goberno da Igrexa. O 31 de agosto o Vaticano confirmaba que o próximo
Secretario de Estado será o arcebispo italiano Pietro Parolin, de 58 anos quen dende hai catro se curtiu como
Nuncio apostólico de Benedicto XVl na Venezuela de Hugo Chávez Chávez e Maduro.
O día anterior, o Papa nomeaba aínda español, ao sacerdote don Fernando Vérgez
Alzaga, membro dos Lexionarios de Cristo como número dous do Goberno da Cidade
do Vaticano. O Papa configura así o seu equipo máis próximo de colaboradores en
Roma. E, en poucas semanas, reunirá, por primeira vez, o grupo de oito cardeais
de todo o mundo que o asistirá no goberno da Igrexa.

O 30 de novembro de 2002 foi nomeado Subsecretario da Sección
para as Relacionés cos Estados da Secretaría de Estado, dedicándose en
particular ás relacións cos países asiáticos, en concreto Vietnam e China.
Durante esta etapa, Parolin converteuse no home do Papa que guiou os esforzos
para a aprobación e posta en marcha do Tratado de Non Proliferación Nuclear. O
17 de agosto de 2009, Benedicto XVI confioulle unha misión particularmente
difícil ao nomealo nuncio apostólico en Venezuela, onde a Igrexa sufría
continuamente os ataques verbais e medidas discriminatorias de parte do
Presidente Hugo Chávez. Foi ordenado bispo na basílica de San Pedro do Vaticano
polo mesmo Benedicto XVI o 12 de setembro sucesivo.
BALANCE DO CARDEAL
BERTONE
Na súa primeira entrevista, tras facerse público o seu
nomeamento, monseñor Parolin recoñecía, nun estudo de televisión de Caracas,
que «o reto do pontificado é a evanxelización" e «formar cristiáns que
sexan verdadeiramente tales porque fan unha experiencia moi profunda de
Xesucristo, namóranse del; a vida cristiá é unha vida de amor, non é o
cumprimiento de certos ritos e normas, senón encontrar a persoa viva de
Xesucristo, e sentir a urxencia de compartir cos demais este descubrimento. De
aquí nace a evanxelización».
Monseñor Parolin substitúe a partir do 15 de outubro ao cardeal Tarcisio
Bertone, que desempeñou o cargo de Secretario de Estado nun momento sumamente
difícil, no que estalou o caso de Vatileaks, a fuga de noticias aos medios de
comunicación por parte do mordomo do Papa. Ao día seguinte do anuncio da súa
renuncia, o cardeal Bertone, nun encontro informal cos xornalistas, afirmaba:
«Sempre o dei todo, aínda que certamente tiven os meus defectos. Se tivese que
volver pensar agora en certos momentos; actuaría doutro modo. Pero isto non
quere dicir que non tratase de servir sempre á Igrexa».
No hay comentarios:
Publicar un comentario