.jpg)
* Porque todos
podemos hospedarnos na súa tenda. E podemos facelo porque as dificultades non
as pon El senón nós cando mentimos, enganamos, somos violentos, queremos ser
máis ca ninguén, convertemos o noso actuar en comportamento altivo, soberbio
como se fósemos máis e superiores aos demais. Entón, non é El que pecha a porta
de súa tenda, somos nós os que queremos que pase de largo pechándolle a porta.
El vén para hospedarse, pero nós non acabamos de fiarnos e deixalo pasar.
* Os que si o
deixaron pasar foron aqueles que tomaron en serio a súa mensaxe: os santos. A
súa acollida dos demais, converteuse en hospitalidade evanxélica e evanxelizadora
para todos nós, por iso merecen ser recoñecidos como auténticos e verdadeiros
testemuños de fe e seguimento de Xesús. Sen separar o que facían do que crían;
a súa fe da súa vida. Todo era un, e eles conseguiran convertelas en auténtico
servizo, especialmente un servizo aos pobres e excluídos. Marta e María
separaran unha cousa da outra. Cada unha foi ao seu, sen pensar que xuntos se
enriquecían mutuamente. Porén, os santos uniron estas dúas facetas – presenza
activa no mundo e fondura orante-, invítannos a nós a facer o mesmo, sen
escisións e sen rupturas. Alí onde esteamos, debemos de esforzarnos por facer
ben as cousas, e convertelas no mellor ofrecemento de acollida, hospitalidade e
oración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario