sábado, 2 de febrero de 2013

Reflexión


O evanxeo de hoxe (Lc 4,24-30) forma parte dun conxunto máis amplo (Lc 4,14-32). Xesús presentou o seu programa na sinagoga de Nazaret por medio dun texto de Isaías que falaba de pobres, de presos, de cegos e de oprimidos (Is 61,1-2) e que reflectía a situación da xente de Galilea no tempo de Xesús. En nome de Deus, Xesús toma postura e define a súa misión: anunciar a Boa Nova aos pobres, proclamar a liberación aos cautivos e devolver a vista aos cegos, restituír a liberdade aos oprimidos. Rematada a lectura, actualiza o texto e di: " Hoxe cumpriuse esta escritura que acabades de oír! " (Lc 4,21).. Todos os presentes quedan admirados (Lc 4,16-22ª). Pero logo hai unha reacción de descrédito. A xente na sinagoga queda escandalizada e non quere saber máis de Xesús. Dicía: " Non é este acaso o fillo de José? " (Lc 4,22b) Por que quedan escandalizados? Cal é o motivo daquela reacción tan inesperada?
. Xesús cita o texto de Isaías só ata onde di: "proclamar un ano de graza de parte do Señor", e corta o final da frase que dicía: "e proclamar un día de vinganza do noso Deus" (Is 61,2). A xente de Nazaret queda asombrada porque Xesús omite a frase sobre a vinganza. Eles querían que a Boa Nova da liberación dos oprimidos fóra unha acción de vinganza de parte de Deus contra os seus opresores. Neste caso, a vinda do Reino sería apenas un mínimo cambio e non unha mudanza ou conversión do sistema. Xesús non acepta este modo de pensar. A súa experiencia de Deus como Pai axuda a entender mellor o sentido das profecías. Descarta a vinganza. A xente de Nazaret non aceptou a proposta e comeza a diminuír a autoridade de Xesús: " Non é este o fillo de José? ".
.Lucas 4,24: Ningún profeta é ben recibido na súa patria. A xente de Nazaret sentiu rabia cara a Xesús porque non fixera ningún milagre en Nazaret, como fixera en Cafarnaún. Xesús responde: " Ningún profeta é ben recibido na súa patria! " No fondo, eles non aceptaban a nova imaxe de Deus que Xesús lles comunicaba a través desta nova interpretación máis libre de Isaías. A mensaxe do Dios de Jesús superaba os límites de raza dos xudeus para acoller os excluídos e toda a humanidade.
. Lucas 4,25-27: Dúas historias do Antigo Testamento. Para axudar a comunidade a superar o escándalo e entender o universalismo de Deus, Xesús usa dúas historias ben coñecidas no AT: unha de Elías e a outra de Eliseo. Por medio destas historias criticaba a cerrazón do pobo de Nazaret. Elías foi enviado á viúva estranxeira de Sarepta (1 Reis 17,7-16). Eliseo foi enviado para atender ao estranxeiro de Siria (2 Reis 5,14).
. Lucas 4,28-30: Querían matalo, pero el pasando no medio deles, marchou. A chamada de Xesús non aplaca a xente. Ao contrario! O uso destas dúas pasaxes da Biblia produce máis rabia. A comunidade de Nazaret chega ao punto de querer matar a Xesús. E así, no momento en que presenta o seu proxecto de acoller os excluídos, Xesús mesmo foi excluído! Pero el mantivo a calma. A rabia dos outros non consegue desvialo do seu camiño. Lucas móstranos, así, o difícil que é superar a mentalidade de privilexio e de cerrazón. Mostraba, ademais, que a polémica apertura cara aos pagáns viña de Xesús. Xesús tivo as mesmas dificultades que as comunidades estaban a ter en tempo de Lucas.


Para a reflexión persoal.-
. O programa de Xesús está a ser o meu programa ou o noso programa? A miña actitude é a de Xesús ou a do pobo de Nazaret?
. Quenes son os excluídos que deberiamos acoller mellor na nosa comunidade?

No hay comentarios:

Publicar un comentario