Lucas, probablemente o evanxelista máis culto e mellor
preparado, introduce a súa narración cunha clara finalidade: narrar a historia
de Xesús tal como a recibiu. Esta tarefa é tan importante que se dedicou a
investigar entre as testemuñas que conviviron máis de preto con Él, entre
outros a santa Virxe e san Pedro. Nesta pasaxe móstranos a primeira actuación
pública do Mesías, encadrándoa na revelación trinitaria (movido polo
Espírito...).
1. O Espírito do Señor está sobre min
Nestes poucos versículos, aparece dúas veces citada "a
forza do Espírito". Xesucristo non viño só a este mundo; non é un Deus,
que nada ten que ver con Yahvé, o Dios del Antiguo Testamento. Ao contrario, é
un único Dios el Dios Padre, poderoso, terrible, do Antigo Testamento, e o
Cristo, Él mesmo, que se nos vai revelar. Onde está a unión entre ambos os
dous? Principalmente no Espírito Santo, a terceira persoa da Trindade, e con
frecuencia a máis esquecida. Os cristiáns adoramos un único Deus, Creador,
Redentor, Santificador, en tres persoas. Os profetas, como Isaías, prepararan,
sen sabelo, esta revelación trinitaria. Pero era necesario unha intervención
directa de Deus, unha "homilía" de Cristo na sinagoga, para percibir
este misterio sublime.
2. Un espírito salvador e redentor
Xesús, na súa primeira intervención pública, revélanos a
esencia da súa mensaxe: El, coa forza do Espírito Santo, vén a salvar o home.
Considerando a historia asustámonos dos terribles males que os homes
realizamos: Guerras Mundiais, coa destrución e morte que trouxeron consigo,
réximes autoritarios que acabaron coa vida de millóns de persoas en Rusia,
Alemaña, as antigas colonias africanas... O mal parece unha sombra que nos
devora, sen posibilidade de cambio. Nesa escuridade, resoa a mensaxe de Xesucristo:
Vin a traer a salvación, a boa noticia, a liberación.
3. Volver os ollos ao rostro de Cristo
Volver os ollos ao rostro de Cristo, único Salvador do
mundo, onte, hoxe e sempre. Comezamos un novo ano, e non vén mal pararnos a
pensar: Doume conta de que necesito un Salvador, que me salve do meu pecado?
Síntome salvado por Cristo? Véxoo como o meu Salvador? Ou en cambio penso que
non necesito axuda de ninguén, que eu só podo triunfar? Ou optei polo desespero
ante a difícil situación do mundo? Duc in altum!, Rema mar dentro. Unha
exhortación válida tamén para os nosos días, e válida para o inicio de cada
ano. Temos un Salvador, no alto do ceo, que intercede por nós, que nos ama
tanto que baixou á nosa pequenez, se fixo home e morreu por nós. Con esta seguridade,
rememos mar dentro, confiando no Señor en medio das tormentas da nosa vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario