DOMINGO XVIII ORDINARIO
CICLO A
Primeira Lectura
Is 55, 1-3
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
Comprade comida e comede
Así fala
Señor:
¡Oh, sedentos todos,
vinde por auga!
Os que non tedes prata, vinde,
comprade comida e comede,
vinde e comprade comida;
sen prata e sen diñeiro comprade viño e leite.
Porque cambiades
prata polo que non é pan
e o voso xornal polo que non farta.
Escoitádeme
ben:
comede ben e que a vosa gorxa se alegre coa graxa.
Baixade o oído
e vinde onda min,
facédeme caso e revivirán as vosas ilusións,
pois pactarei convosco unha alianza eterna,
os beneficios de David que se manteñen firmes.
Palabra do Señor
R/. Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL
Sal 144, 8-9. 15-16. 17-18
R/. (cf. 16): Abres ti a túa man, Señor, e dásnos fartura.
O Señor é clemente e compasivo,
tardo á ira e rico en misericordia.
O Señor é bo para todos,
agarimoso con todas as súas obras.
Os ollos de todos están postos en ti,
e dáslles o sustento ao seu tempo.
Abres ti a túa man,
e dáslle fartura a todo ser vivo.
O Señor é xusto en todos os seus camiños,
e santo en todas as súas obras.
O Señor está cerca dos que o chaman,
dos que o chaman con sinceridade.
Segunda Lectura Rm
8, 35. 37-39
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS ROMANOS
Ningunha criatura nos poderá separar do amor de Deus, que se
dá en Cristo
Irmáns:
¿Quen nos
pode arredar do amor de Cristo?: a tribulación, a angustia, a persecución, a
fame, a nudez, o perigo, ou a espada?
Pero en
todas estas cousas vencemos coa axuda daquel que nos amou.
Porque
estou seguro de que nin a morte nin a vida, nin os anxos nin os principados,
nin o presente nin o porvir, nin as potestades, nin a altura nin o abismo, nin
calquera outra criatura nos poderá afastar do amor que Deus nos ten en Cristo
Xesús, noso Señor.
Palabra do Señor
R/. Grazas a Deus
ALELUIA Mt 4, 4b
Aleluia, Aleluia.
O home non vive só de pan,
senón de toda palabra que procede da boca de Deus.
Aleluia.
Evanxeo Mt 14,
13-21
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Comeron todos e saciáronse
Naquel
tempo, cando soubo Xesús da morte do Bautista, retirouse de alí nunha barca a
un lugar deserto e arredado. En canto a xente o soubo, foino seguindo por terra
desde as vilas. Así, cando desembarcaron, atopouse cun gran xentío. El,
conmovido, curou a todos os enfermos. Chegada a tarde, os discípulos foron onda
el e dixéronlle:
‑ O lugar está moi arredado e a hora moi avanzada: será mellor que
despidas a xente para que vaian ás aldeas e merquen comida.
Xesús
díxolles:
‑ Non precisan marchar, dádelles vós de comer.
Eles
responderon:
‑ Aquí non temos máis ca cinco bolos de pan e mais dous peixes.
Pero Xesús
replicoulles:
‑ Pois traédemos aquí.
E mandando
recostar á xente na herba, colleu os cinco bolos e mailos dous peixes, ergueu a
mirada ao ceo, dixo a bendición, partiu os bolos e déullelos aos discípulos,
que á súa vez llos pasaron á xente.
E comeron
todos ata se fartaren, enchendo coas sobras doce cestas. Os que comeron eran
uns cinco mil, sen contar mulleres nin nenos.
Palabra do
Señor R/. Loámoste,
Cristo
No hay comentarios:
Publicar un comentario