O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é Xosé María
Díaz Castro (1914 - 1989), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz
(Lugo).
Currículum
Ós 17 anos ingresou no Seminario de Mondoñedo e cando saíu
en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a
Madrid, onde alternou a docencia coa traducción no Ministerio da Gobernación.
Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior
Científico.
Obras realizadas
Escribiu os primeiros versos ós 12 anos e o seu primeiro
poema publicouno ós 16 na revista "Lluvia de rosas" (Tarragona) da
que foi colaborador. Desde Madrid publicou asiduamente poemas na revista
"Alba". A súa consagración produciuse coa aparición do tomo IV da
Escolma da poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego. Tamén
publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo,
Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas "Estafeta literaria" e "Ínsula"
de Madrid. En 1946 publicou Nascida dun sono e El cántico de la ciudad e en
1961 Nimbos, a súa obra máis importante. Publicou, ademais, traduccións ó
galego e ó castelán de poetas e prosistas europeos, multitude de poemas e os
libros Sombra radiante e Mediodía.
Outros datos de interese
O seu poema "Penélope" foi traducido ó francés na
antoloxía Terre d'Espagne de Francoise Pechère e aparece a referencia crítica á
súa obra na revista alemana "Humboldt". En 1946 gañou os primeiros
premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos (A Coruña).
No hay comentarios:
Publicar un comentario