sábado, 22 de febrero de 2014

Reflexión

Amar ao próximo. Este é o reto que cando nos erguemos cada día ternos por diante. E que difícil é! Porque próximo é o compañeiro de traballo que é un folgazán e preguiceiro; próximo é aquel familiar que só aparece pola casa para pedir que lle dean e é incapaz de botar unha man cando sabe que hai moito que facer e o necesitan; próximo é aquel veciño que está máis preocupado do que fan os outros que de orientar a súa vida traballando con honestidade, tratando con igualdade e respecto aos da súa casa ou poñendo creatividade e esforzo comunitario á hora de facer cousas na e pola parroquia.
Desde esta clave ternos que entender o texto da primeira lectura que nos invita a amar ao próximo corno a nós mesmos. Un amor que é entrega xenerosa e que redunda no ben de todos: no dos demais e no de un mesmo.

 · E no centro dese amor, o que move, o que orienta, o que vai facendo que teña sentido e pague a pena vivir desde el, está Cristo. Non o Cristo que tantas veces aparece secuestrado polos intereses duns e outros; tampouco o Cristo que lle serve aos fundamentalistas para excluír a quen non pensa coma eles; e menos o Cristo que a pesares de encarnarse para asumir a nosa mesma condición de seres humanos, tratan de presentárnolo lonxe das nosas preocupacións e dentro dunha espiritualidade baleira sen enraizar nos problemas e dificultades que nos van ocorrendo cada un dos días da nosa vida.
Un Cristo ausente! Non, ese non é o Cristo do que Paulo lle falaba aos cristiáns de Corinto, todo o contrario. O Cristo que sendo noso nos converte nun dos del, é o Cristo que irnos descubrindo na dor da enfermidade, na tristura dun fracaso matrimonial, na incomprensión dun ERE que manda a un grupo de traballadores ao paro, o Cristo que se fai compañeiro e consolo para quen ven de perder un ser querido de xeito inexplicable, o Cristo... que asume a nosa condición humana porque un de nós e
dos nosos.

· Por iso mándanos amar. Amar sen poñer nin peros nin condicións. Amar sen facer cálculos do que poderíamos gañar ou perder nese amor. Amar a fondo perdido. E como ben sabemos, como custa iso! Porque non é nada fácil, porque necesita moito esforzo pola nosa parte, porque esixirá ter que deixar atrás cousas que nos teñan feito dano en cantidade; sabemos que non é a alfombra vermella dos grandes acontecementos, senón o camiño empedrado duro, difícil e que magoa os nosos pés, pero non nos queda outro remedio, porque amar é tarefa constante de abrir futuro e construír presente.


E niso todos, con maior ou menor acerto, estamos invitados a ir facendo carriño con pasos pequenos e corazón grande.

No hay comentarios:

Publicar un comentario